Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
BITÁCORAS EN GALEGO

Mil blogs na Blogoteca

A plataforma para crear blogs de balde chega ao milleiro de usuarios rexistrados nun ano e medio.

Redacción - 13:10 03/01/2008

Despois dun ano e medio de funcionamento, a Blogoteca, sistema de creación de blogs galegos e na nosa lingua, xa superou as mil bitácoras e as 10.000 fotografías. Segundo datos da empresa carballesa Abertal Networks, que puxo en marcha o servizo, créanse unha media de 65 blogs cada mes dentro do sistema, e a práctica totalidade deles están en galego.

A Blogoteca foi o primeiro servizo de xestión de blogs no país, e recibe cada día máis de 10.000 visitantes, que consultan unha media de 47.000 páxinas no mesmo período. Hai aloxadas de balde todo tipo de bitácoras, entre as que se inclúen as de personaxes como Séchu Sende, Vicente Montoto ou Benedicto de Voces Ceibes. Pero, de todos eles, o máis activo é Malmequer, con 746 artigos publicados até o momento.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: