Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na carreira á Casa Branca

Obama e Huckabee gañan a primeira tirada en Iowa

O candidato Barack Obama colle vantaxe nos EUA ao conseguir o 38% dos votos, fronte ao 30% de John Edwards e o 28% de Hillary Clinton.

Redacción - 07:30 04/01/2008

A mensaxe de cambio lanzada por Barack Obama tivo éxito entre as bases do Partido Demócrata do estado de Iowa. Os prognósticos falaban da súa vitoria no caso de que houbese unha ampla mobilización, e os primeiros datos indican que a afluencia de independentes e mocidade avalou o seu triunfo.

Obama apañou o 38% dos votos. Atrás del, John Edwards conseguiu situarse na segunda posición, 30%, e Hillary Clinton caeu á terceira, 28%. Os dous prometeron dar batalla nas próximas votacións, mentres por baixo deles, o senador Joe Biden e o ex gobernador de Novo México, Bill Richardson, anunciaban que deixan a loita.

"Cando miredes cara a atrás, lembraredes esta noite, porque aquí foi onde comezou todo", declarou Barack Obama na súa primeira intervención pública despois de coñecerse a súa vitoria. De seguido, insistiu nalgunha das súas promesas principais, como son as de introducir a cobertura médica universal nos EUA ou reducir a dependencia do petróleo. Pola súa banda, Hillary Clinton destacou no seu discurso a súa intención de "poñerlle fin á guerra de Iraq".

No lado do Partido Republicano, o ex gobernador de Arkansas, Mike Huckabee, foi o vencedor por ampla diferencia, un 34% dos votos, por diante do ex gobernador de Massachussetts, Mitt Romney. "Demostramos que a política dos EUA está nas mans do pobo e non nas dos que proporcionan os cartos", comentou Huckabee, quen de momento conseguiu recadar para a súa campaña unha cantidade significativamente menor cá dos seus adversarios.

As webs oficiais dos candidatos do Partido Demócrata:




As webs oficiais dos candidatos do Partido Republicano:

Seguimento informativo especial:


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: