Os enfrontamentos entre forzas gobernamentais e opositores, despois das eleccións do domingo, xa causaron máis de 180 mil desprazamentos de persoas, segundo datos da ONU.
Raila Odinga, líder opositor
Mwai Kibaki, o presidente de Quenia, reelixido nunhas moi discutidas eleccións, dixo esta sexta feira que está disposto a aceptar as celebracións doutros comicios, se así o deciden os tribunais. Kibaki foi elixido o pasado domingo, após un reconto electoral, atrasado e moi axustado, que mesmo é discutido polas delegacións de observadores internacionais.
A oposición non confía na decisión de Kibaki
O líder do principal partido da oposición, Raila Odinga, do ODM, dixo ter receos da decisión tomada polo seu rival político, posto que, segundo dixo, son os partidarios do presidente os que dominan o poder xudicial.
180 mil desprazados e 300 mortes
Dende o comezo dos enfrontamentos pola presunta fraude electoral, houbo 300 mortos, uns 180 mil desprazamentos (a maior parte deles foxen ao Val do Rift, ao oeste de Quenia), e hai medio millón de persoas que precisan axuda urxente, segundo a ONU.
Lamentablemente esta é a forma na cal actúan moitos políticos en África e en América latina. Despois que acceden ao goberno no canto de dedicarse a gobernar, o que fan é fomentar as diferenzas entre os grupos sociais dos seus países para evitar a cohesión ante un mal goberno (divide e vencerás). Igualmente recrútanse parias da sociedade para que sirvan de grupos de choque revestidos de impunidade cos cales son reprimidas as manifestacións públicas alegando unha suposta espontaneidade e confrontación entre partidarios de distintas tendencias.
Ao mesmo tempo, en nome da xustiza instalan tribunais de xustiza e organismos electorais que son meros apéndices do goberno e os cales utilizan para perseguir á disidencia e garantir triunfos electorais e a perpetuación no poder.
Dubiden dun político que propoña reelección indefinida só para el (o que teñen á fronte é un ditador disfrazado).
Por desgraza, parte do orzamento gobernamental é destinado para financiar a intelectuais e xornalistas que despois coas súas plumas e as súas palabras serán defensores e difusores das supostas bondades dos seus anónimos mecenas tanto a nivel nacional como internacional.
Tampouco deixa de faltar o expediente do imperialismo. Que por ser certo serve para todo e para todos. E non falta que algunha persoa ou autoridade ou país faga un reclamo xusto para que de forma inmediata descualifíqueselle co trillado conto do imperialismo. Certo, pero non responsable de todas as desgrazas de África ou América Latina.