A grande sinistralidade no mar que se rexistra en Galiza é un dos problemas que están a debaterse estes días. Dende Vieiros queremos coñecer a túa opinión.
Na madrugada do 15 de xaneiro o pesqueiro Cordero naufragaba fronte ás costas do Cabo Prior. O forte temporal e os problemas coas medidas de seguridade provocaron que tan só tres dos oito tripulantes do barco fosen rescatados con vida. A tardanza dos medios de rescate en actuar dende o aviso da radiobaliza, o feito de ter inutilizadas as cámaras térmicas ou a permisividade da Federación de Comunicación en Transporte á hora de deixar saír o pesqueiro, son varias das causas baralladas á hora de buscar un culpábel para os feitos. Outros opinan que se fixo todo o posíbel e que Galiza dispón de medios punteiros de salvamento marítimo.
Temos en Galiza as suficientes medidas de seguridade tendo en conta as particularidades da nosa costa? deberían estabelecerse criterios máis ríxidos á hora de permitir saír ao mar aos mariñeiros? Coméntanos a túa opinión.
O MAR O MAR, Q NOS FOI LEVAR... dicia a canción da Mercedes Peón.
Alguén lembra cando o BNG esixia ter presenza galega en Bruxelas nas comisións de negociación referentes a este asunto capital para o noso país?
Estaremos agora sufrindo as consecuencias da falta de sensibilidade do centralismo de Madrid?