A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, sinala que o Goberno solicitará o traspaso de novos servizos e da titularidade dalgunhas vías.
A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, presentou este venres, canda o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o anteproxecto da Lei de Transporte Público. O Goberno quere que a longo prazo se duplique o números de vaixeiros nas diferentes liñas de transporte público. Entre as principais novidades está a creación dun ente de xestión dos camiños de ferro galegos. A entidade pública aplicará a política autonómica en materia de infraestruturas. Caride lembrou que Galiza ten competencia para crear este organismo e incluso sinalou que a Xunta estudará solicitar a transferencia de novos servizos e da titularidades dalgunhas vías.
Unha das novidades máis salientábeis é que a partir de agora todas as ampliacións de chans urbanizábeis, especialmente aqueles que afecten a complexos hospitalarios, polígonos industriais ou residenciais, terán que contemplar un plan metropolitano de transporte público e outro de coordinacións dos transportes. A lei tamén contempla a creación de consorcios metropolitanos de transporte, compostos pola Xunta e os concellos, que servirá para planificar as necesidades das áreas urbanas.
Ós administradores de Vieiros:
Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.
Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...
Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.
Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡
P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡