Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMUNICADO DA DIRECTIVA

Sargadelos culpa a Díaz Pardo de "prexudicar" o futuro da empresa

A directiva afirma que o IGI leva 30 anos sen cumprir co seu obxectivo e que "estragou 6.000 millóns de euros".

Redacción - 18:15 18/01/2008

Socios e directivos de Cerámicas do Castro e Sargadelos aseguran que "garanten" a preservación do legado cultural do proxecto do grupo editorial e artesanal e que se suman ao respaldo que expresaron os ex-presidentes da xunta e outras personalidades, e que trasladaron ao Goberno. Porén, puntualizan que a actitude do anterior presidente do grupo, Isaac Díaz Pardo, "prexudica" o futuro da institución.

A directiva salienta que "o perigo da continuidade dese legado foi o que obrigou a maioría dos socios de Sargadelos e O Castro a promover un plan de modernización das empresas". Tamén afirma buscarlle "unha solución ao fracaso" do Instituto Galego de Información (IGI), do que din que "leva 30 anos sen cumprir o seu obxectivo fundacional: a edición do xornal Galicia" e que "estragou 6.000 millóns de euros", o que, ao seu entender, "compromete" o desenvolvemento doutras iniciativas do grupo.

Ademais, a directiva de Sargadelos cre que Díaz Pardo é o autor dunha "campaña que prexudica a imaxe do proxecto" e que "todos os esforzos de aproximación foron inútiles", mesmo a oferta de que fose presidente honorífico con competencias directas na dirección de accións culturais.

"Mala os obstáculos", continúa a empresa, foron quen de inaugurar un novo concepto de galería na Coruña, reforzar o equipo de deseño, crear un departamento comercial, introducir novas tecnoloxías e explorar novos mercados, "co compromiso de continuidade" e o financiamento de Ediciós do Castro e do Museo Carlos Maside "que seguen dirixidos por Díaz Pardo".


4,83/5 (6 votos)

Comentarios (7)

buarque #1 18/Xaneiro/2008 buarque

Os novos directivos de Sargadelos menten. Se eles están a garantir o legado cultural que expliquen a razón pola que Ediciós do Castro non recibe pedidos, por que a Galería da Coruña ten unha librería mínima e algunha das empregadas é filla dun dos accionistas que os apoiou, por que a xente da fábrica está a sufrir reiterados maltratos e acosos laborais, ameazas de despidos etc.? Canto ao departamento comercial concrétase nunha única persoa que descoñece a cultura galega e mesmo a súa lingua, facendo desprezo de todo canto teña que ver. O equipo de deseño non se reforzou, seguen a traballar os mesmos que estaban, algún deles leva uns trinta anos na empresa. Non hai novos conceptos en Sargadelos porque está todo feito hai anos, non hai máis que acudir á súa historia para verificalo. A tan cacarexada colaboración con Ailanto non é nada extraordinario. Sargadelos leva colaborando con deseñadores de fóra do seu cadro de persoal desde sempre. Quen queira saber a vontade coa que naceu o Museo Carlos Maside que lea o Laboratorio de Formas 1 onde o expón Seoane ou que consulte bibliografía ao respeito: cadernos do seminario sargadelos, Isaac Díaz Pardo, arte e industria, Isaac Díaz Pardo, arte e compromiso na Galicia do s. XX.
A partir das lecturas non é difícil ver que verdadeiramente se está a traizoar o sentido co que naceu a empresa e que a fai diferente de calquera outra. E se nalgunha cousa se trabucou Díaz Pardo foi en contar con esta xente, nunca na idea que concebiu a sua cabeza, comparable a proxectos xa experimentados nos anos 20, 30 por Europa adiante (véxanse os preceptos teóricos da Bauhaus por exemplo)

mceleiro #2 18/Xaneiro/2008 mceleiro

Vjuthemas na CCCP, Bauhaus na Alemanha, e anos mais tarde, com tudo em contra, SARGADELOS na Galiza.

Sargadelos não significa Sargadelos Trade Mark
Sargadelos não significa Sargadelos Corporation

Sargadelos é uma instituição de CULTURA, num senso amplíssimo, que não uma empresinha corrente, a neoliberalizar.

Panda de merdas, isso é o que sois. O IGI dá perdas? Fechá-lo então? Ou vender essa parte de Sargadelos ao grupo Voz para que o ponha a andar? Sois a peor merda do nosso país.

TRAIDORES
TRAIDORES
TRAIDORES
TRAIDORES
TRAIDORES
TRAIDORES
TRAIDORES

E MIL VEZES TRAIDORES

Vós sois os que danais a imagem de Sargadelos. Que galego vá comprar algo de Sargadelos sabendo à que chusma irá a encher os petos?

mceleiro #3 18/Xaneiro/2008 mceleiro

Por certo, quando se vá divulgar e explicar aos galegos a importância do Sargadelos de Diaz Pardo, explicar porque Luís Seoane é o nosso pintor mais valorado internacionalmente, explicar o que é a arte lavada ao quotidiano face aos fetiches em museus e galerias, explicar que editorial sempre tivo as portas abertas aos que outros não lhes publicavam, ....explicar tantas cousas!

Terá Diaz Pardo que morrer para ser reconhecido. Não foi necessario tal para o seu legado ser usurpado. País de ananos....

ecoe #4 18/Xaneiro/2008 ecoe

Fede a resposta de capitalista esta dos de Sargadelos, a disculpa para entoldar de lixo a institución, que non empresa, nin negocio.
O Capital fóra de Sargadelos!

ecoe #5 18/Xaneiro/2008 ecoe

Quén é Sargadelos sinon Seoane e Don Isaac?!

Albert #6 18/Xaneiro/2008 Albert

Non estou de todo de acordo co terceiro comentario, Díaz pardo ten un amplo apoio poppular, e non necesita finar para que o seu labor lle sea recoñecido.

Os directivos de Sargadelos ademais de noxentos e falsos, constitúen parte do cancro do noso país.

Tarelo #7 20/Xaneiro/2008 Tarelo

Quenes están a perxudicar Sargadelos son eles cos seus plans "modernizadores". Sargadelos sen Díaz Pardo non será nunca sargadelos senón unha marca comercial, unha esencia ou burda imitación. Se Díaz o creo é quen está elxitimado para cerralo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: