Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cimeira Ibérica de Braga

Os galegos que traballan en Portugal non serán multados polas matrículas

O primeiro ministro portugués, José Sócrates, anunciou que o Consello de Ministros aprobará a vindeira semana modificacións na lei, que terá que aprobar o parlamento.

Redacción - 14:35 19/01/2008
José Sócrates, este sábado en Braga1

José Sócrates, este sábado en Braga1

O primeiro ministro portugués, José Sócrates, deulles a razón aos galegos que traballan en Portugal, mais que teñen fixada a súa residencia en Galiza.

Este sábado, ao termo da XXIII Cimeira Ibérica de Braga, anunciou cambios na lei que lles esixe que cambien as matrículas dos seus vehículos a placas portuguesas, co conseguinte gasto.

En conferencia de prensa conxunta co presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, Sócrates considerou que a Lei do Imposto sobre os vehículos "non está á altura" da relación de "colaboración" entre os dous países veciños.

Por iso, dixo que o Consello de Ministros aprobará a vindeira semana modificacións a esta norma para que "todos os cidadáns españois, moitos deles médicos que o país precisa" non teñan que se desprazaren a Portugal "con outro coche que non sexa o seu".

Poderanse acoller aos cambios -que terá que aprobar o parlamento- precisou, aqueles empregados que, a data do 31 de decembro de 2007, teñan residencia no Estado Español con agregado familiar.


5/5 (3 votos)


Comentarios (4)

luiz #1 19/Xaneiro/2008 luiz

Mais info aqui:
http://mdl-galiza.org/content/...

Recompilação de notícias:
http://mdl-galiza.org/content/...

ranciadas #2 19/Xaneiro/2008 ranciadas

E Torito que di? Porque deixarlle nestas cuestións e moitas outras a iniciativa a Zapatitos, manda truco. As relacións Galiza-Portugal terían que ser prioritarias, xa nos gaña até a Estremadura. E CCOO que pinta aquí? E onde está a CIG e o BNG?

OBSERVADOR #3 19/Xaneiro/2008 OBSERVADOR

Sempre a EspaÑa fazendo de mediadora entre Galiza e POrtugal.

sanquera #4 20/Xaneiro/2008 sanquera

se es de donde se pace y no solo de donde se nace y si portugal te da las condiciones laborales que tu país te niega lo razonable es que pagues tus impuestos allí.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: