O presidente da Xunta incidirá na necesidade de dar cumprimento aos compromisos de anteriores cumios, para completar a conexión do TAV Vigo-Porto no horizonte de 2013.
O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, destacará na súa intervención deste sábado en Braga, na XXIII Cimeira Ibérica, os avances rexistrados nas redes de infraestruturas de conexión entre os estados español e portugués, grazas á cooperación entre estes territorios.
Ademais, o xefe do Executivo incidirá na necesidade de dar cumprimento aos compromisos de anteriores cumios para completar as conexións a través de tren de alta velocidade no horizonte de 2013, tanto a liña Vigo-Porto como Lisboa-Madrid e Aveiro-Salamanca.
Cómpre lembrar que Touriño participa en Braga en calidade de representante das comunidades españolas fronteirizas con Portugal.
A cooperación en materia ambiental e a necesidade de estreitar a colaboración para preservar os recursos naturais de ambos os dous estados serán outros dos temas onde o presidente da Xunta fará fincapé.
Tamén apostará por afondar na cooperación transfronteiriza de segunda xeración, para mellorar os servizos públicos; por potenciar as relacións económicas; e por ampliar os intercambios culturais, educativos e tecnolóxicos.
Se Touriño xa debe estar ridículo en calzóns, quen o verá en "braga"?
Sr. TouriÑo, lembre-se de dua cousas:
1.) Para os galegos em geral e os da área metropolitana de Vigo em particular, é importantíssimo construir o caminho-de-ferro entre Vigo e Porto. Queremos ir a Portugal, nom só a Madrid (da que tanto se fala e destino para o que já temos tres aeroportos para ir). Se o Eixo-Atlântico passa-se polos aeroportos muito melhor e se fosse de alta velocidade real (350 km/h), como tenhem em Andalucia, Castilla La Mancha, Valencia, Aragon, Castilla-León e Asturias, seria maravilhoso (e seria justo porque os galegos também pagamos os impostos como os habitantes do resto do Estado). Porque continuam a discriminar-nos ?
2.º) Os galegos levamos anos, aguardando pela sinal das TVs portuguesas. No 2008, depois de tantos anos dentro da U.E. seguimos a aguardar. Até quando?
Mais info aqui:
http://mdl-galiza.org/content/...
Recompilação de notícias:
http://mdl-galiza.org/content/...