Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións en Cuba, este domingo

Os cubanos elixen os seus representantes parlamentarios

Máis de 8,4 millóns de electores designarán os seus representantes na Asemblea Nacional do Poder Popular e os lexisladores provinciais.

Redacción - 13:10 20/01/2008
Os 'pioneros' custodian as urnas

Os 'pioneros' custodian as urnas

Máis de 8,4 millóns de cubanos, case o 70% da poboación, están convocados ás urnas este domingo para elixiren os seus representantes na Asemblea Nacional do Poder Popular e os seus lexisladores provinciais. Este é o paso previo á designación do presidente e demais membros do Consello de Estado. Coas eleccións deste domingo quedará renovado o parlamento cubano.

Nun prazo de 45 días, os novos deputados elixirán os 31 membros do Consello de Estado, composto polo presidente, primeiro vicepresidente, os vicepresidentes restantes, o secretario e demais membros, que serán designados mediante voto secreto logo de obter máis do 50% dos sufraxios emitidos. Unha vez designado este Consello desvelarase a incógnita de se Fidel Castro vai ser reelixido ou substituído.

Poden ampliar a información no especial informativo do diario Granma, na canle de TV Cubainformación, no xornal Trabajadores e na axencia de noticias Prensa Latina.


Ligazóns

4,2/5 (5 votos)


Comentarios (15)

piugo #1 20/Xaneiro/2008 piugo

Eleccións, a unha única lista. Moi relevante, non si?

ecoe #2 20/Xaneiro/2008 ecoe

Relevantísimo: eleccións entre os candidatos que os mesmos electores propuxeron para que se poidan presentar (non os que propoña ningún partido, ningún goberno, como fixo repetidamente A Moncloa desde a "bodeguilla", etc.).

Parécelle relevante?

marseo #3 20/Xaneiro/2008 marseo

Piugo, antes de facer o comentario deberías de haber lido a Lei electoral, esta lista que agora se presenta está feita polo pobo, as eleccións en Cuba fanse dende abaixo, non dende arriba como aquí.

piugo #4 20/Xaneiro/2008 piugo

Oxalá fose así, pero o certo é que non. Poucos rexímenes se recoñecen como ditatoriais, e desta vez non ía ser menos. Insisto, oxalá fose así. Eu tamén o querería crer pero non o é. E con isto dou for zanxado o tema, que dabondo triste é xa. Amais, eu non vos son de discutir nos chats; se cadra, ás veces fago algunha consideración, poucas.

Un cordial saúdo.

ecoe #5 20/Xaneiro/2008 ecoe

Bueno, sin razóns non serve.

E ademáis son revocables os elexidos! Tal como aquí.

fuco-lois #6 20/Xaneiro/2008 fuco-lois

Aquí todo moi chachi!. Xa vemos como se confeccionan as listas, con que grao de democracia e logo todos a servir ao gran capital globalizado. Xa o decía o OUTRO: Vivimos no millor dos mundos posibles!.

lavesedo #7 20/Xaneiro/2008 lavesedo

eu descoñezo o proceso eleitoral cubano. E coas ligazóns a gramma tampouco se pode entender "todo". Poden os opositores dentro da illa presentarse ou postularse como candidatos?? (Ou acontece como en EH, onde o estado elabora leis para manter parte da poboación fóra do proceso) Vota en liberdade a poboación?? Se tantas voces falan, mesmo o Craig en vieiros o outro día, do descontento da poboación, como carallo votan masivamente pola continuidade do sistema???

xacataca #8 21/Xaneiro/2008 xacataca

Entre outras cousas, lavesedo, -respondendo a túa última pregunta- porque o sr. Patterson de Cuba e dos cubanos debeu ver o 0,01%.

A min o que máis me fode é que calquera ghicho -sexa de onde sexa, diga o que diga- se o fai en galego, ten acubillo en Vieiros. Iso non pasa en ningún sitio, e xa está ben.

TODO o mundo ten dereito a se presentar as eleccións cubanas. Outra cousa é que lles voten ou que o goberno lles dea unha subvención.

xacataca #9 21/Xaneiro/2008 xacataca

Por certo, o sr. Patterson de debate de ideas -algo que por moito que lle pese a moitos, si que existe en Cuba- demostrou saber ben pouco.

O tipo non tivo o que hai que ter para abrir o seu artigo a comentarios.

xacataca #10 21/Xaneiro/2008 xacataca

Craig Patterson: "Crónica Cubana (as faragullas da miña mesa)"

http://www.vieiros.com/opinion...

xacataca #11 21/Xaneiro/2008 xacataca

Do máis facha que lin na miña vida. Nin o Gaviotero asinaría algo tan rastreiro.

ecoe #12 21/Xaneiro/2008 ecoe

O sr. Patterson semella que somentes estivo con xentes de certo ambente -a supor, que na Habana centro- pois un bó cacho dos seus parrafeos van de ese tenor. Coido que debe voltar alá para coñecer o resto do 95% que obviou ou non foi quen de percorrer, a xulgar polo impresentable escrito aquí publicado de hai uns días.

De feito tiñalle unhas cantas líneas adicadas, mas coido qyue non paga a pena. Que volva e que o coloque CON COMENTARIOS, que vai ir quente como non abra máis os ollos.

ecoe #13 21/Xaneiro/2008 ecoe

Obviamente na situación de asedio do maior e máis potente imperio da historia da humanidade, ó crocodrilo verde, a tan só 90 millas, apenas 1 hora, os posicionamentos favoraveis a USA non van ser permitidos pola población nin polo goberno.

A dsiscusión sobre o que se pode facer, o que se fai, e cómo se pode arranxar, é de ben antigo, mesmo a nível académico (o libriño da Ami Chomsky, a filla, abonda neso, publicado por iru sediciones)

ecoe #14 21/Xaneiro/2008 ecoe

http://www.rebelion.org/notici...
100 preguntas sobre as eleccións en Cuba (parlamento cubano)

COUTOVEN #15 22/Xaneiro/2008 COUTOVEN

Honestamente. De Cuba pódense dicir moitas cousas boas e tamén moitas non tan boas. Pero iso de eleccións parlamentarias soa a propaganda de automóbiles da época de Henry Ford. “Pode escoller a cor que queira. Iso si, con tal que sexa negro”.

En Cuba non hai eleccións. Porque simplemente non hai nada que elixir. Que alternativas políticas existen? É como pretender dicir. Podes comer pan con chourizo ou chourizo con pan. En Cuba só existe un partido Político legalmente aceptado e é o PARTIDO COMUNISTA DE CUBA e calquera outra formación política distinta a esta é ILEGAL. Que democrático verdade?

Por outra banda, menciónase nalgún dos comentarios a palabra REVOCAR, e expoño que a mesma é un coitelo de dobre fío. Nalgúns países como Venezuela cando se quixo exercer ese dereito contra o presidente. Simplemente os asinantes pasaron a formar parte da LISTA TASCON e ata o sol de hoxe seguen as denuncias de perseguidos e segregados por non estar de acordo co falso goberno socialista de Chávez. De tal xeito que os revogatorios son tan bos como a vontade democrática que teña o funcionario a quen se lle aplica.

Certamente, os sistemas electorais non son nin serán perfectos e a proximidade á perfección establécese en función á posibilidade da alternancia no poder e as ideas. Cando un sistema electoral non produce este efecto non produce dirixentes senón ditadores.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: