Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sen negociación coa Xunta

Ence asegura que permanecerá na ría de Pontevedra deica 2018

Desmenten que negociaran coa Xunta sobre o traslado da fábrica. A APDR alegará a solicitude de Autorización Ambiental Integrada para a empresa.

Redacción - 19:10 20/01/2008

Segundo publica este domingo o Diario de Pontevedra, Ence vai permanecer nas súas instalacións de Lourizán deica 2018. Ademais desmentiu que mantivesen negociacións coa Xunta sobre o inicio do traslado da fábrica, malia o anuncio da Consellaría de Medio Ambiente.

Unha vez coñecida a noticia do departamento que dirixe o socialista Manuel Vázquez, o comité de empresa reuniuse a pasada quinta feira co conselleiro delegado de Ence, Pedro Oyarzábal, para aclarar as intencións dos responsábeis da planta respecto dunha hipotética recolocación.

Ence comunicoulles aos traballadores que a fábrica vai manter a súa localización actual, no municipio pontevedrés de Lourizán, deica o ano 2018, cando vence a concesión dos terreos, segundo confirmou o presidente do comité de empresa e representante sindical de UXT, Nicolás Fernández.

Este manifestou a súa satisfacción pola actitude da empresa, e apuntou que o feito de adiantar o traslado de Ence a 2012 non é viábel. Ademais desbotou a idea -aínda que recoñece que a empresa a valorou- de que a planta sexa recolocada no Concello das Pontes (O Eume).

Alegacións da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra
Por outra banda a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) xa anunciou que presentará alegacións en contra da solicitude de Autorización Ambiental Integrada para Ence, que se vai someter a información pública.

O colectivo ecoloxista considera que a fábrica de celulosa non cumpre coas condicións legais (ambientais e urbanísticas) para continuar en Lourizán, e apela á Lei de Prevención e Control Integrado da Contaminación.


3/5 (6 votos)


Comentarios (4)

trapalleiro #1 20/Xaneiro/2008 trapalleiro

Dez anos máis botando merda..

ecoe #2 20/Xaneiro/2008 ecoe

embolsando cartos despreciando a saúde e o benestar de tódol*s pontevedres*s. E o Pachi traballando para o capital e sen importarlle estes aspectos colaterais ós qasue os do seu partido denominan sempre "flecos".

fatimapeon #3 21/Xaneiro/2008 fatimapeon

Esta xente leva facendo unha política de defenestración e humillación da terra desde que pisaron nela a punta de balloneta e por orden directa de El-Caudillo. 2018 non. Agora!

http://www.fatimapeon.blogspot...

luvas #4 21/Xaneiro/2008 luvas

Cando se acercan as eleccións todos os empresarios son moi valentes pero en canto pasen, se non gaña o PP, xa veremos o que din.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: