O alcalde de Pontevedra advirte que a decisión de ampliar o permiso ambiental de Ence viola gravemente os acordos do bipartito.
O conselleiro de Medio Ambiente xustifica a decisión, asegurando que é o tempo que a empresa deberá empregar en "comezar o desmantelamento e traslado".
Tres milleiros de persoas piden que a Xunta non lle dea autorización ambiental a Ence para que non se consolide na ría.
Colectivos de todo o país reúnense nunha mobilización que busca "impedir a consolidación" do complexo Ence-Elnosa na ría pontevedresa.
A dirección provincial oponse á marcha e o grupo local apoia a mobilización.
O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, promete que en datas "moi próximas" haberá noticias "moi importantes" sobre o complexo Ence-Elnosa, aínda que "non concluíntes".
Olaia Fernández Davila afirma que lle esixirá ao Goberno Central que non renove a concesión.
O presidente da Asociación pola Defensa da Ría volveu a acusar á Xunta de ter unha actitude de “pasividade intencionada”.
A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra reuniu máis de 4.000 alegacións contra a concesión de Autorización Ambiental.
A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra terminará esta semana coa recollida de apoios. Prevén entregalos o vindeiro sábado, xunto cunha alegación técnica e científica.
| A "Asociación Pola Defensa da Ría" de Pontevedra ven de iniciar a recollida pública de alegacións contra a concesión da Autorización Ambiental Integrada á fábrica de ENCE en Lourizán por entender que a presencia do complexo industrial ENCE-ELNOSA na nosa Ría impide o desenvolvemento sustentábel da nosa bisbarra (un desenvolvemento que ten que vir da man da explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, forestais e turísticos) e afecta negativamente ao medio ambiente, aos recursos naturais e á saúde e calidade de vida das persoas. Entende tamén a APDR que a concesión da AAI a ENCE suporía a consolidación do complexo na súa actual ubicación, algo que é rexeitado na actualidade pola inmensa maioría da poboación da bisbarra pontevedresa. |
Os ecoloxistas culpan a empresas como Ence-Elnosa, Sogama ou Repsol-YPF.
A Asociación pola Defensa da Ría denuncia especialmente os vertidos "escasamente depurados" que fai a planta de ENCE, "evidente incumprimento" das normas europeas.
A asociación ecoloxista Verdegaia critica a actitude do conselleiro de Medio Ambiente e do alcalde das Pontes, que deron o visto e prace ao posíbel traslado da papeleira a este concello.
O colectivo ecoloxista Erva considera que a lagoa artificial que ha asolagar a mina das Pontes responde á "vontade do bipartito" de levar a papeleira para este concello.
A inercia da falta de confianza na economía dos grandes motores planetarios, principalmente os EUA, bateu con forza en todo o mundo.
O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, insiste en que permanece aberta a negociación coa empresa para o traslado.
O colectivo en defensa da ría de Pontevedra cre que "non hai vontade política" para acelerar o traslado do complexo industrial.
Desmenten que negociaran coa Xunta sobre o traslado da fábrica. A APDR alegará a solicitude de Autorización Ambiental Integrada para a empresa.