Foi agredida polo seu home, que xa fora denunciado en 2001. Ten o 27% do seu corpo queimado.
A muller, Celia C. F., de 52 anos de idade, veciña de Ourense, foi supostamente queimada polo seu marido na mañá da terza feira.
Presenta queimaduras no 27% do seu corpo e dende o Complexo Hospitalario de Ourense foi trasladada, de mañá, á unidade de queimados de Povisa, en Vigo, para atendela das queimaduras que presenta na face, no pescozo, no tórax, e nas extremidades superiores, provocadas cando tentaba apagar o lume coas súas propias mans.
O seu home, Arturo M.L., de 58 anos de idade, foi detido e permanece na comisaría de Ourense agardando a pasar a disposición xudicial. A policía está a investigar se lle botou por riba á súa dona un líquido inflamábel ou un aerosol, e impútanlle unha tentativa de homicidio. Non pesaba sobre el unha orde de afastamento.
Había aquí un que lle chamaban ranciadas e que falaba non sei que das mulleres que poñían denuncias falsas de maltrato...
E onde estaba a lei que a tiña que protexer? E o xuíz que a tiña que activar?
Obviamente non era a SUA PARELLA, será o seu antigo marido (familia unida, xa se sabe), MAIS DENUNCIADO DESDE 2001!
Disimulen: e o OCULTAMENTO da identidade do AGRESOR?
Se chega a ser político -no sentido en que o poder o utiliza, pois claro que o é- o asunto, os nomes completos e a filiacións estaban na rúa.!
Que dirá Monseñor Rouco e toda a súa familia?
O matrimonio é indisoluble pero non incombustible como quedou demostrado neste caso. Non?
Como se ve Monseñor Rouco que non tes muller á quen maltratar? Ou si?