A Consellaría que dirixe Fernando Blanco considera necesario repensar as reformas desta medida que afecta a uns 160.000 fogares galegos.
A Consellaría de Innovación e Industria solicitou mediante un escrito dirixido ao Ministerio de Industria, que se manteña a tarifa 2.0 con discriminación nocturna, nos termos nos que se aplicou até o momento coas lóxicas actualizacións periódicas no seu importe. Esta medida afectaría a máis de 160.000 fogares galegos, que se verían obrigados a a substituír a súa actual tarifa eléctrica pola de discriminación horaria nos termos fixados polo Real Decreto 871/2007.
O cambio da tarifa nocturna á de discriminación horaria pode ser, segundo indica o conselleiro de Industria, particularmente delicado para moitos consumidores galegos, debido ao patrón de consumo eléctrico que desenvolven na actualidade, inducido en grande medida pola propia Administración Xeral do Estado e das compañías distribuidoras.
A desinformación por parte do Ministerio aos consumidores incrementa aínda máis a dificultade do cambio, xa que non existe ningún mecanismo para asesorar aos usuarios sobre as cuestións particulares que lles poidan xurdir e porque se lles traslada o custe do cambio de forma unilateral e pouco transparente. Blanco asegura que é necesario valorar os efectos reais desta modificación e estudar un reparto das cargas que inclúa as distribuidoras e a administración estatal.
Liña de axudas
Para diminuír os efectos negativos sobre as economías domésticas, a Consellaría solicita tamén que se habilite unha liña de axudas en función das diferentes variábeis que podería concorrer nesta situación, e que o custe do cambio non recaia tan só nos usuarios. A outra medida necesaria pasaría pola elaboración dunha campaña de información por parte do Ministerio, co fin de orientar de xeito eficaz a todos os que teñan que afrontar o cambio.
Está ben claro que os gobernantes representan ós ricos, mais os gobernos son decididamente das empresas de enerxía.
Primeiro nos fan unha oferta de unha tarifa máis cara de día pero barata de noite, cando a electricidade se lles perdía, porque non tiña consumo e na rede non se pode acumular: e velaí, móntanlle o tinglado da tarifa nocturna (para benestar delas) e para acceder a unha calefacción en casas antigas.
Agora, as enerxéticas teñen millóns de usuarios pola europa, xa non se lles perde na rede a enerxía, e poden desfacerse fácilmente da cantidade de enerxía nocturna que non poden paralisar de noite (nas nucleares, centrais de carbón ou fuel, etc.). Pois agora que se amolen quenes accederon a ese tipo de calefacción, pois o capital ten maior rendemento noutra parte e non van quedar ligados por un contrato con tanta letra pequena: vai o SEU GOBERNO, e facilítalles que derruben a TN.
A quén non lle queda claro?
E se facemos moito barullo e lle arrincamos un adiamento, xa vendrán candidatos e partidos dispostos. Tan só hai que esperar. Neso consiste o Réxime político español, ben máis alá do que prantexa o siñor Claude Chabrol na sua Borracheira de Poder!