Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Convoca en febreiro a acusación e defensa

Primeiro chanzo de Garzón para ilegalizar ANV e EHAK

Poucos días despois de que a esquerda abertzale presentase as listas para acudir ás próximas eleccións xerais.

Redacción - 15:00 22/01/2008

De seguir adiante o proceso, as portas á acción política quedarían pechadas para os actuais parlamentarios da esquerda abertzale no Parlamento vasco, elixidos baixo as listas de EHAK, e tamén para as siglas que xa conseguiron representación nalgúns concellos durante as pasadas eleccións municipais, Acción Nacionalista Vasca, ANV.

Baltasar Garzón, xuíz da Audiencia Nacional, levantou este martes o secreto sobre os sumarios de Batasuna, EHAK e ANV como paso previo á suspensión de actividades das dúas formacións que aínda se moven sen cancelas xurídicas, EHAK e ANV. O maxistrado convocou para o próximo 4 de febreiro á acusación e para o día seguinte á defensa. Así, a comezos de febreiro e baixo os resortes do artigo 129 do Código Penal, Garzón podería decidir a suspensión de actividades para estas dúas formacións políticas. O devandito artigo permítelle a un xuíz impoñer, previa audiencia da fiscalía, clausura da entidade correspondente "con carácter temporal ou definitivo".

Para ampliar:


2,6/5 (5 votos)


Comentarios (3)

ecoe #1 22/Xaneiro/2008 ecoe

Que se moven sen cancelas xurídicas? HABERÁ POUCAS, LOGO?

BonKarallan #2 23/Xaneiro/2008 BonKarallan

Podo entender, aínda que me custe, a actuación da xustiza. Pero cos cidadáns non se xoga. Esta clarísmo como o viño tinto a xustiza (do Capitan Garfión) ao servizo dos intereses políticos e electorais do PSOE-ZP.

Xa fai falta ser cabrón. Se aguantachedes ata agora, aguantade ata o 9 de marzo. Espero que vos salga ese tiro pola culata.

Unha cousa é facer xustiza e outra xogar a ser xuíz e tiro porque me toca... os collóns.

zemalves #3 12/Febreiro/2008 zemalves

O cantor português Sergio Godinho,tem uma canção que diz: « O fascismo é uma minhoca que se infiltra na maçã,ou vem com botas cardadas ou com pézinhos de lã » Parece ser essa a politica do senhor Garzon:

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: