Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enésima crise política en Italia

Sesión de insultos e cuspiñazos que remata en caída do goberno Prodi

A axitada sesión parlamentaria fai caer a coalición de goberno liderada polo primeiro ministro Romano Prodi, que presentaba a última hora a súa dimisión.

Redacción - 09:00 25/01/2008
Tags: Italia Prodi

Un total de 161 senadores negáronlle a confianza a Romano Prodi na votación deste xoves no Senado italiano, fronte aos 156 que votaron a favor. A crise iniciouse hai unha semana, coa saída da coalición do ministro de Xustiza e cabeza da formación política Udeur, Clemente Mastella.

Na esperpéntica sesión deste xoves, un dos senadores da Udeur, Nuccio Cusumano, anunciou que votaría en favor de Prodi, o que acendeu un enfrontamento nos escanos. De boca dun dos seus propios compañeiros de partido escoitáronse cualificativos como "vendido" ou "pedazo de merda", ao tempo que lle guindaban un cuspiñazo. Cusumano sufriu entón un desmaio e tivo que ser retirado cara ao hospital.

A última hora, o primeiro ministro, Romano Prodi, trasladábase ao pazo do Quirinal para presentarlle a dimisión ao presidente da República, Giorgio Napolitano.


0/5 (0 votos)


Comentarios (3)

BonKarallan #1 25/Xaneiro/2008 BonKarallan

Non só caeu o Goberno. Tamén se caeu un senador. Iso semellaba a caída do Imperio de Romano...Prodi (II parte)

COUTOVEN #2 26/Xaneiro/2008 COUTOVEN

O parlamento italiano é así de candente. Certamente non é un bo exemplo para ensinar aos nenos, xa que eses señores son o poder lexislativo dunha das nacións máis antigas do mundo.

Pero aínda que vostedes non o crean hai parlamentos peores, por rastreiros e decadentes. Onde a subordinación perruna e a ausencia de autonomía transfórmaos nun circo de focas amaestradas que só saben aplaudir e levantar a aleta, perdón, a man cando a súa domador solicítallos.

Que sorprendente que esta noticia coméntese aquí e non se mencione para nada algúns das pasaxes do recente discurso dirixido ao parlamento venezolano polo comediante en xefe Hugo Rafael Chávez Frías cando en horario infantil recoñeceu que masticaba follas de coca e que o seu compañeiro Evo enviáballe regularmente pasta desta ancestral planta (materia basee para a cocaína). E que grazas á mesma estaba moi ben e ata recomendou o seu consumo. E eu pregúntome, Se os parlamentarios que fervorosamente aplaudírono darian aos seus fillos follas ou pasta de coca?

De tal xeito que os insultos e escupitajos que se reparten no parlamento italiano non son para nada edificantes. Pero polo menos demostran do mesmo xeito que en parlamento Galego e Español que a discrepancia exércese. Cando un xefe de goberno di algo, o que pensa distinto puiden expresar a súa opinión contraria. Esa dificultade que existe nos parlamentos onde se escoita unha soa voz é a que permite que un dirixente poida pasar horas e máis horas falando, difamando, insultando e que ninguén poida disentir. Xa que non existe o dereito a réplica e se alguén discrepa do caudillo. Non falta un xuíz ou un fiscal que monte un expediente ou que algúns grupos espontáneos debidamente pagos e protexidos polo goberno propínenlle unha exemplarizante malleira. Ante a mirada tolerante dos corpos de seguridade publica

pampeiro #3 27/Xaneiro/2008 pampeiro

Os italiáns,sempre tan divertidos !!! Ese senado foi un verdadeiro circo...,non romano,senón que de pallasos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: