Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
INICIATIVA DO CONCELLO E OS HOSTALEIROS CORUÑESES

A lingua galega, produto de calidade

A campaña 'Sabor a Galego' impulsará o uso do idioma, á vez que promociona os produtos e pratos do país.

Redacción / EP - 17:40 28/01/2008

A iniciativa conta en principio co apoio de cen establecementos da cidade, aos que se irán unindo outros de xeito progresivo. Os hostaleiros poderán entregar no concello as súas cartas de menús para que se encarguen de presentalas en castelán, galego e inglés e en diferentes formatos "adaptados á necesidade de cada un deles".

O presidente da asociación de hostaleiros da Coruña, Héctor Cañete, manifestou que a súa idea de Galicia liga con "marca de calidade" e opinou que, nunha sociedade cada vez máis globalizada, "a lingua e a gastronomía son selos de identidade cultural" e "é necesario asocialas". "A ninguén se lle ocorre dicir pan con tomate, se non 'pan amb tomaquet', e o mesmo debe ocorrer co 'polbo á feira' para que ninguén diga polbo á feira", explicou e apuntou que "os produtos galegos son de máxima calidade e hai que vendelos como se merecen".

A concelleira de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, Ermitas Valencia, explicou que se pretende conseguir a idea de que "a mellor das cociñas é a da Coruña, e o mellor dos sabores o galego", ademais de promover o uso da lingua galega nas empresas de hostalería da cidade, para sinalar que "a calidade vai unida aos produtos, a hostalería e o uso do galego".


4,2/5 (10 votos)


Comentarios (6)

OBSERVADOR #1 28/Xaneiro/2008 OBSERVADOR

Impulsará o uso do idioma: venga, coruÑesitos/as, hablar un poquiño en gallego, plis. Fomentemos el uso del idioma, a tomar el pulpo!

luisfilipe #2 28/Xaneiro/2008 luisfilipe

E para quando uma campanha para os portugueses que visitam a Galiza, em galego, de preferência ?

LOIS_DE_SILAN #3 28/Xaneiro/2008 LOIS_DE_SILAN

"... cartas de menús para que se encarguen de presentalas en castelán, galego e inglés e en diferentes formatos."

Por esa orde, castelán, galego e inglés?

piscus #4 28/Xaneiro/2008 piscus

Un dos persoeiros, que loitou con todos os seus esforzos en dignificar a nosa cultura e lingoa foi Frei Martin Sarmiento, os seus orixes son da aldea de Perros, concello de Sarria, donde esta a casa-torre de sua nai,Clara Balboa,unha aldea bordeada polo rio Sarria,con un "souto" a beira dunha capela, a sociacion amigos do souto reinvindicamos un area de ocio e descanso,o mesmo tempo que podria levar unha lapida ou lousa en seu recordo,pois pasou moi esquecido no ano das Letras Galegas,na aldea e no concello.
SERIA MOITO PEDIR UNHA LAPIDA EN RECORDO DE.F.MARTIN SARMIENTO NO SOUTO DE PERROS?

anxellos #5 29/Xaneiro/2008 anxellos

:
O primeiro dicir que son unha alumna de filoloxía que este ano estou estudando a vosa lingua; integrarme nesta páxina é un intento de aproximarme a ela máis aló dos textos académicos. Admitirei encantada calquera corrección que teñades a ben facerme. Adiante co galego e as outras linguas do noso país.

Maeloc-do-Rouco #6 29/Xaneiro/2008 Maeloc-do-Rouco

Observador, ainda vai resultar que voltamos outra vez ao mito dos corunhesses que nom falam galego (imagino que sera umha piadinha agarimossa)...que ja esta mais gastado que o traxe de Comunhom de Amancio...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: