"Adícolle este monumento a Cuba pola súa loita", expuxo o escultor brasileiro Oscar Niemeyer nun escrito lido no acto.
Unha escultura do arquitecto brasileiro Oscar Niemeyer que simboliza a loita dos cubanos contra o imperialismo estadounidense preside dende este martes unha das prazas da Universidade de Ciencias Informáticas de La Habana, onde está previsto se instale un novo teatro.
"Adícolle este monumento a Cuba na súa loita contra o monstro imperialista", expuxo Niemeyer -que non estivo no acto pola súa fobia a volar- nunha mensaxe enviada para a inauguración lida durante o acto da véspera. A escultura representa a un cubano que ondea unha bandeira fronte a un monstro, EUA, coa boca aberta.
"Niemeyer é un home que nunca traizoou as súas conviccións de loitar por un mundo sen opresión", salientou Frei Betto, frade dominico, intelectual brasileiro e un dos invitados especiais á inauguración.
O reitor do centro de estudos, Melchor Gil, precisou que o conxunto escultórico "é símbolo das loitas cubanas contra a hostilidade de Washington cara a La Habana, por manter a súa independencia e soberanía".
Cuba es una dictadura que sólo merece el desprecio de los demócratas, el acoso permanente a sus dirigentes y el apoyo continuo a las víctimas de tan salvaje régimen.
Ós administradores de Vieiros:
Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.
Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...
Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.
Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡
P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡
As verdades á metade son mentiras, e Gaviotero esquece q os EUA é un DEMO con pouca CRACIA. Non apoio nin me gustan os réximes ditatoriais, mais en Cuba pasa o q pasa en grande parte grazas aos EUA: lembremos un pouco de historia. Os cubanos traballando como escravos para os magnates norteamericanos q se estaban facendo co control da illa coma Perico pola sua casa. Os franceses tamén kixeron facer o mesmo en España pero botárnos fóra: por q seria?