Haberá aumento do número de inspectores e da actividade destes, especialmente no sector da construción e do mar.
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, quixo destacar este mércores a diminución no número de accidentes graves e de sinistros mortais no contorno laboral, pero recoñeceu que así e todo, as cifras globais amosan un incremento de accidentes en 2007, polo que definiu de "agridoce" o balance anual.
Por este motivo, e en conferencia de prensa á beira do director xeral de Inspección de Traballo, Raimundo Aragón, avanzou que a Xunta pretende aumentar a actividade dos inspectores até nun 32%, chegando a 42.296 ordes de servizo ao cabo do ano. Nesa liña vai o incremento de efectivos, ao pasar dos 95 inspectores e subinspectores ao inicio da lexislatura aos 108 actuais.
O Goberno recoñece así que é necesario un "esforzo suplementario" no sector da construción e do mar e tamén se referiu á "vixilancia" do "cumprimento efectivo" de igualdade de oferta e condicións de traballo entre homes e mulleres. Ao respecto do sector pesqueiro, a Xunta admite a necesidade dunha "atención especial" no que lle toca á seguridade laboral, e máis despois dos últimos accidentes marítimos rexistrados, exemplo do cal é o naufraxio do "Cordeiro", que está sendo agora investigado.
a ecuación:
a + funcionarios + impostos/tasas/gravámenes/multas contra empresas/cidadáns para pagar a soldada de esta administración golosa. ante eso os empresarios recortarán ( - ) soldos da cidadanía e tamén inversión en seguridade laboral e formación.
a solución:
dado que a administración ( á que tamén pertenece ricardo varela; é imposible topar un político que non sexa funcionario dalgunha ) parece ser o reducto no que menos accidentes laborais acontecen ( a poboación é pouco fera e menos leda e xa non se estila o mamporrazo nos dentes o garda municipal- perdón, policía local - nin a estirada da ventanilla de tráfico )propoño que o peesedegá nos faga a todos funcionarios da xunta para rematar con esta lacra e así non ter que sair o mar nin subir ao andamio.
o concreto:
fai séculos adicábanse á política os nobles. co advenimento das revolucións do século xviii pasou a ser a burguesía industrial a que accedeu as cámaras representativas. ahora son os funcionarios do estado de benestar ( do séu benestar ) os que se acollen á poltrona e pontifican sobre o público mentras se refocilan orxiásticamnte no diñeiro dos contribuíntes. o resto do espectro social non nos queda outra que pagar estes dispendios ou botarnos ó monte, pero si facemos esto último entraremos de inmediato na lista de violentos non demócratas que outro grupo de funcionarios supervisa e mantén durante a súas gloriosas xornadas laborais.
Iso de q van aumentar as inspeccións xa o prometeran no inicio da lexislatura!
E ainda q fagan as inspeccións dame a risa: os inspectores van cando lle parece (pasar frio eu?) e cando non, non van.
Non che kero comentar como se fan as inspeccións do cursos de inserción laboral... Outra risa