Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEREXO, SEIRUGA E CAMELLE

As piscifactorías na Costa da Morte crean discrepancias no bipartito

Aymerich cre que hai que ter en conta a forte contestación veciñal e o voceiro socialista pídelle "responsabilidade".

Redacción - 11:15 03/02/2008

O portavoz do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich,anunciou este sábado en Carballo que falará o luns co seu homólogo socialista Ismael Rego para ver de modificar en parte o Plan Acuícola. O deputado nacionalista afirmou que “é de sentido común parar e repensar un plan que está a ter tanta contestación social na Costa da Morte”. Aymerich referíase ás piscifactorías que se contemplan en Seiruga (Malpica), Camelle (Camariñas) e Merexo (Muxía).

A contestación dende as filas socialistas chegou poucas horas despois. Ismael Rego lembrou de xeito contundente que o Plan Acuícola “conta co aval de todo o Goberno”. O parlamentario socialista vinculou a proposta de Aymerich co “nerviosismo electoral” e recomendoulle “apoiar os grandes proxectos do país”.


5/5 (5 votos)

Comentarios (5)

pitelo #1 3/Febreiro/2008 pitelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

eu penso k o bng ainda esta a tempo de mudar de actitude, ten k loitar con unllas e dentes pola nosa costa, e deixarse de gaitas.

sozinho #2 3/Febreiro/2008 sozinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É unha desfachatez que con mentiras e cunha falta de diálogo impresionante por parte da consellería de pesca, o seu partido inda se permita pedir responsabilidade. O Bloque demostra agora responsabilidade, ademais cunha das súas voces de máis prestixio. Se o soubese, quedábame co plan do PP como mal menor.

ecoe #3 3/Febreiro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai que escoitar o que a xente quere, non se pode andar polo poder de "ilustrados": todo para o pobo pero SIN ou CONTRA o pobo.

signatus #4 3/Febreiro/2008 signatus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parece que ao BNG lhe está a entrar o canguelo pré-eleitoral.
Por que só falam das da Costa da Morte? Polos conflitos que lhes supujo nos últimos dias? Que quer dizer isto? Hai que intervir nos mitins do BNG (e do PSOE, e do PP) em cada umha das comarcas afectadas polo Plano de Aqüicultura e reter aos seus cárregos umhas horinhas aló onde vaiam?

Xabi1 #5 4/Febreiro/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Está ben que mediten ambos, BNG e PSOE, sobre este asunto, mais sería cousa de pedir ao BNG que tamén "meditase" sobre a planta de gas de Reganosa... Ah, como hai mani en febreiro ao mellor o BNG quere sacar tallada...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: