Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En resposta á proposta do PSOE andaluz

O plurilingüismo no programa de Rajoy só ten espazo para castelán e inglés

O presidente do PP di que "é ilóxico" que un andaluz poida aprender galego ou catalán.

Redacción - 15:00 04/02/2008

Segundo o líder do PP, o Estado español é "o único do mundo onde os pais non poden elixir o modelo de educación que queren para os seus fillos". Ese poder de elección ao que aspiraría Mariano Rajoy para os proxenitores incluiría a posibilidade de evitar que estudasen galego, catalán ou éuscaro. "En moitos casos os nenos estudan nun idioma no que ao mellor non queren estudar", afirmou Rajoy este luns durante unha intervención na localidade gaditana de Algeciras.

Rajoy pronunciouse deste xeito despois de comentar a proposta que o PSOE andaluz incluirá no seu programa para as eleccións autonómicas do próximo 9 de marzo, na mesma data que as eleccións xerais, e cualificou de "ilóxico" que nas escolas de idiomas de Andalucía un estudante poida optar por galego, catalán ou éuscaro. En contraposición, avogou por reforzar a presenza do "inglés e as novas tecnoloxías a partir dos tres anos". "O castelán é a segunda lingua do mundo", insistiu o presidente do PP.


1,5/5 (16 votos)


Comentarios (25)

spider #1 4/Febreiro/2008 spider

Como se pode ser tan "gilipollas" Rajoy..., ti non pensas o que dis, iso é evidente. Nada, como pai, non quero que o meu fillo estude matemáticas, quero decidir o "modelo" de educación para os meus fillos. E quero que estuden en finlandés... xa sabes, os que estudan nesa lingua son os mellores estudantes! E por suposto non quero nin que cheiren o castelán. Teño dereito a decidir. Pois non neniño... eu quero que a administración garanta o dereito do meu fillo a aprender matemáticas, a aprender a lingua propia (porque naceu aquí) de Galicia, aprender castelán, aprender inglés (que é a 2º lingua do mundo, a primeira é o chinés mandarín, burro), aprender portugués, porque sabendo ben galego será natural a aprendizaxe, e basicamente que aprenda a pensar así evitaremos que fulanos tan lamentables coma ti podan ter opcións a ser presidente dun goberno.

ranciadas #2 4/Febreiro/2008 ranciadas

"O castelán é a segunda lingua do mundo" MENTIRA, E MENTIRA, xa polo menos inglés e chinés están por diante e ademais é falso o número de falantes porque hai que excluír todas as poboacións indíxenas amrericanas (estes suman as poboacións dos países sen máis) e a xente da Península que tampouco temos o español como referenza. Descontemos pois "hilillos de plastilina".

xurxinho_tolo #3 4/Febreiro/2008 xurxinho_tolo

Cantas tonterías di este home nótase que non ten que facer mais que atacar a galegos cataláns e vascos e agora tamén aos andaluces deixenos en paz señor rajoy se vostedeé un galego renegado a nós tanto nos dá pero por favor non veña con tonterías.....

Agardo con impaciencia que se iplante iso do inglés xq logo ao castelán pasaralle o mesmo c ao galego agora sera unha lingua minorizada e logo eu gritarei a prol do ingles.......

o do inglés seguro que llo dixo bush....

fillotolo #4 4/Febreiro/2008 fillotolo

Contestación dos impresentábeis de Galiza Bilingue a unha crítica miña sobre o que estaban a facer. Que casualidade que quen defende unha postura tan fascistamente española se chame Uxía, en fin que se pensan que somos parvos. Aí vos deixo a contestación privada que me enviaron ao meu correo persoal:
Tranquiliño que nós non imos quitarche o galego se iso é o que queres e
decides libremente. pero ¿por qué tés ti que elixir por nós?
O galego non se defende sen liberdade, sencillamente porque sen liberdade
non se poderá nunca defender nada.
Se queredes impoñer deste xeito o que vais acadar e outra nova xeración de
resentidos que non querán nin oir falar do galego.
Nós non estamos en contra do galego, e non o imos estar por mais que tí
nos malinterpretes e montes unha película de ciencia ficción tí soliño.
Penso que se queres autoproclamarte defensor do galego poderías montarlles
a bronca ós que están a converter a nosa lingua nunha portuguesada
patética.
¿Píllalo? Non sexas petardo e vai incordiar ós que están a machacar a nosa
lingua que é o que deberías estar a facer.
Hai moita xente que pensa que España é un país democrático e que os tempos
da dictadura xa remataron e entre eles estamos as persoas que formamos
GALICIA BILINGÜE.
Unha aperta chea de bós desexos para que teñas un feliz aterrizaxe no
mundo real.

Uxía

galeguzo #5 4/Febreiro/2008 galeguzo

Pois nada, que faça o inglês língua oficial do Reino da Espanha, e depois já debateremos o tema. Entretanto, não passa de mais uma estupidez deste ultraespanholista.

spider #6 4/Febreiro/2008 spider

Home, precisan un cursiño de renovación de vocabulario vexo. Pois nada non me van quitar o galego porque non poden claro, que si puidesen... xa sabemos que o farían e de paso seguro que me daban un paseo... E insisto, o galego non se impón, pois é lingua propia.

Coruxeiro #7 4/Febreiro/2008 Coruxeiro

Dun fascista desertor da sua terra, como é iste perigoso elemento do Rajoy, (cómplice de genocidio,e amigo do imperialista asasino mais grande de todolos tempos)¿que podemos esperar?.O mesmo que con Franco,que nos impoñan o español,e agora o que fala o seu amo Bush.
Que no diccionario da lingua española apareza de novo a palabra "gallega",que queria decir "ramera".¿Cando na nosa terra nos vamos a sentir tod@s orgullosos dun dos tesuoros mais grandes que temos? que e a nosa LINGUA.

harizti #8 4/Febreiro/2008 harizti

Cando menos é de agradecer a súa claridade, pois outros pensan o mesmo pero non son quen de dicilo (por iso do politicamente correcto). Agora os españois bilingües -dubido moito que aínda reste algún monolingüe, fóra da masa castelanfalante- xa saben o que se xogan nas vindeiras eleccións con este curioso exemplar de "gallego".

Gaviotero #9 4/Febreiro/2008 Gaviotero

Pues sí, Mariano Rajoy está en contra del totalitarismo promovido por los nacionalsocialistas. Comprensible que a los liberticidas esto no les guste...

Trovador #10 4/Febreiro/2008 Trovador

Haveria que lembrar-lhes a estes cretinos do PP que "o saber nom ocupa lugar".

Nom dissimulam o ódio que sentem polas outras linguas do estado distintas ao castelhano.

E para rematar lembrar-lhes que o nosso idioma galego-português, a diferença do catalam e êuscaro, serve para comunicar-se com mais de 215 milhóns de falantes nativos, sendo a quinta língua mais falada no mundo e a terceira mais falada no mundo ocidental.

E faço ênfase nesta diferencça porque sempre tendemos a comparar-nos com ou outros países da GALEUSCAT e a realidade da nossa lingua no mundo é bem distinta. E também porque ao melhor os do PP se animam a promover o galego-português junto ao inglês... num arrebate de coerência.

Albert #11 4/Febreiro/2008 Albert

É curioso que entenda mellor o señor Chaves a necesidade do ser humano de controlar cantos máis xeitos de comunicarse mellor ca Marianico el Corto (que é galego, ou unha unha cousa polo estilo).

lenin #12 4/Febreiro/2008 lenin

É incribel. Un candidato fai unha proposta para estudar tres linguas, que non existen na actualidade, nas escolas de idiomas de Andalucía. Se chegan a aser búlgaro, uzbeko e swahili, non ocurriría nada. Tódolos partidos aplaudirían esta proposta. Iso sí, non lles serviría para nada ós habitantes de Andalucía. Pero como esos idiomas son galego, catalán e euskera aparece un partido político, que representa a tódolos seus votantes, que toma esto como un acto de ataque ó seu imperial idioma por unha banda de "rojos separatistas amigos de los terroristas". É mais, esixen que o candidato que propuxo isto como promesa electoral o retire inmediatamente.
Isto é un ataque e unha discriminación cara os tres idiomas arriba citados por parte dunha organización que en teoría debería defendelos. Incribel

fouze #13 4/Febreiro/2008 fouze

Os homems de "Prestige" falam dese jeito. :)

Anti_Lusista #14 4/Febreiro/2008 Anti_Lusista

É lamentable que un galego tire pedras contra o noso tellado, que por fin alguén comece a arranxar algo que dende o ano 77 xa tiña que estar en práctica, é diga que o galego, o catalán, e o vasco son idiomas case que estranxeiros e que non se teñen porque aprender. Por unha banda di iso, e despois teme que haxa zonas que reclamen a autodeterminación.

Arriscome a dicir que incluso se chega a estar Aznar no poder non diría nada disto, pero Rajoy é parte da sociedade burguesa de Pontevedra que é máis antigalega ca coruñesa (estos con verdadeira saña). E verdadeiramente lamentable, o noso maior inimigo é da casa...

petopitopato #15 5/Febreiro/2008 petopitopato

Re-ne-ga-do ¿Cantos votos tería rajoy en madrid si se opuxese a ensinanza do castelán nas escolas de (por exemplo) Cataluña...(cero) ¿Cántos votos terá rajoy+pp na Galiza agora que se OPÓN a que se ensine a lingua galega dentro e fora de Galicia? (moitos demáis)
Temos un pobo que da pena...

luimipi #16 5/Febreiro/2008 luimipi

Isto cada día é máis triste...

E non falo xa de nacionalismos ou non nacionalismos...

É CULTURA!!!!

CÁNDO CERTA XENTE SE DARÁ DE CONTA DE QUE "ESPAÑA" NON TEN UNHA LÍNGUA SENON 4???? (e logo outras moi moi minorizadas -bable...etc-)

En Suiza o levan moi ben...e as ensinan en todo o estado (lóxico!).

Eu considero de aplaudir a promesa de Chaves...pq non é q obligue a ninguén, senon q deixa a porta aberta os que queiran...e como xa dixo alguén x aquí...."a cultura non ocupa lugar"...

E si, se fosen idiomas de fora fixo q ninguén dicia nada, inda q foran pouco máis q dialectos...


E de Rajoy...pouco se pode dicir...un galego q quere matar a nosa cultura...iso si, pra acadar máis votos no resto do estado español...


A xente perdeu o norte, pero tamén unha cousa,...certos tipos de "nacionalismos" fan pouco ben a causa...pois os radicalismos non son bos NUNCA!.

(inda q máis radical q o PP de agora...dificil).

saúdos.

patarruxo #17 5/Febreiro/2008 patarruxo

A diversidade é unha riqueza, un ben en sí. Non entendo porque lles molesta tanto que haxa "outros", que pensen diferente, que falen diferente, ... Queren homoxeneizarnos, que todos falemos igual, pensemos igual, fodamos igual,...De "cidadans do mundo" non falta nada para ser "consumidores do mundo" en todos os sentidos

dumiense #18 5/Febreiro/2008 dumiense

Imaxinades España con catro linguas minorizadas en loita contra o inglés, jajajaja. O castelán precisará que irmandade co galego, o catalán e o euskara! que faríamos, axudaríamolos?

fuco-lois #19 5/Febreiro/2008 fuco-lois

D.Mariano non é galego, é nado en Galiza, cousa moi distinta. Isto pasalle a moita xentiña desta Terra, por desgraza, que non se consideran galegos e a mínima oportunidade agachan a súa orixe.Hainos que dín que non son nacionalistas (galegos) o que son é nacionalistas españois, pero como é o estado "natural" das cousas e sempre foi asi, pois claro, para que liarse. Logo, están outros que non son de eiqui nin de alá, son estados puros , como os anxos,... En fin!. Pena de xente...

Gaviotero #20 5/Febreiro/2008 Gaviotero

Trovador, cretina, tu puñetera madre. Por lo demás, te podías aplicar a ti mismo lo de que el saber no ocupa lugar, que nunca es tarde para aprender a escribir...e incluso a pensar.

Gaviotero #21 5/Febreiro/2008 Gaviotero

Ah, y Mariano Rajoy es bastante más gallego que cualquier totalitario fascistoide de vosotros que andáis repartiendo carnés de gallego sólo a los que piensan como vosotros.

trapalleiro #22 5/Febreiro/2008 trapalleiro

menos mal que xa están administrando a derrota de ese señorito de Pontevedra que agora vai de demócrata..

tamén vai por ti.

chegaliza #23 5/Febreiro/2008 chegaliza

estudando em Madride, tivem que morar umha tempada cum militar profisional do Ejército Español. Por mais que fixem nunca entendeu como um galego pode nom sentirse Patriota Español porque…¡Galicia es España!. E se a GALIZA é españa e nos nom somos espanhois entom –diziame- teriam que vir eles a botarnos fora da nosa terra que, segundo parece, nom é nosa…¡ é deles ! -anque como neste caso somente a conheçam polo mapa-
Así penxan moita xente do Estado Español como os Serbios.

lunet #24 5/Febreiro/2008 lunet

Ós administradores de Vieiros:

Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.

Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...

Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.

Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡

P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡

lunet #25 5/Febreiro/2008 lunet

Ós administradores de Vieiros:

Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.

Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...

Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.

Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡

P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: