As vitorias en estados chave coma Nova York e California colocan provisionalmente a Hillary Clinton e John McCain á fronte das candidaturas dos respectivos partidos.
A vitoria en Nova York, o estado onde Hillary Clinton saltou á area política, e onde conseguiu o 57% dos apoios fronte ao 40% de Barack Obama, amosa a tendencia xeral ao longo da noite do Super Martes nos Estados Unidos. Clinton recibiría a continuación a confirmación das súas vitorias en Niuchese e Massachussets, colleitando así unha maioría de votos na costa leste dos EUA.
duelo de miradas, tensión e bincha na vea carótida, mans aos cintos... e todo cheira a pacto para cando rematen as primarias.
Ese circo electoral non ten a máis mínima importancia, claro, a non ser a que lle dan os medios. Como non se informa do fondo da "cousa", como se chega a ser candidato?. Quen paga ese derroche circense?. Cales son os seus programas?...