Críticas polo adiamento á volta das eleccións xerais da negociación prevista sobre a empresa naval pública.
En breve vai estar sobre a mesa unha proposta consensuada polos de Ferrolterra que pretenden achegarlle a todas as forzas políticas para solicitarlles o "apoio político" ás súas reclamacións de negociación para avanzar sobre un plan industrial que consideran que terá que ser "modificado substancialmente".
Ao respecto, os comités de empresa e os sindicatos de Navantia Fene-Ferrol acusaron á SEPI de atrasar a negociación do plan industrial previsto para a empresa naval pública de forma "intencionada" e con "intereses políticos" até despois dos comicios do 9M. O proxecto fora comprometido despois da última reconversión de 2004, e foille avanzado aos sindicatos en decembro, malia que tras unha reunión do Comité Intercentros a principios de ano, "non se volveu producir ningún contacto coa SEPI".
Os sindicatos rexeitan o plan actual avisando de que as liñas de desenvolvemento de Navantia propostas "apuntalan o centralismo", estabelecen "políticas negativas" sobre áreas de negocio como turbinas en Fene, e porque formula "propostas de segregación e privatización", en especial da antiga Astano, que os sindicatos "rexeitan de plano".
Pero logo, non habia confianza plena do sindicalismo español, e os seu partidos, na aposta exclusiva pola industria militar naval?
Xa veremos como se seguen cargando o sector naval.
A solución é a proposta do BNG de recuperar a construción naval civil nos terreos ociosos.
O sindicalismo español foi cómplice da situación de peche actual. A única posibilidade de que volva abrir é se quen goberne en Madrid precisa os votos do nacionalismo galego.
En Ferrolterra sabemos ben de promesas incumplidas, sexan do goberno español ou do galego, e de ineptitude e pancismo dos aparatos de partidos e sindicatos. Neste caso, como con Reganosa, as fábricas de peixes, as eólicas, etc. só queda teimar, unha vez máis, na revolta popular, na democracia directa.