Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTESTACIÓN

O BNG acusa ao embaixador israelí de empregar o holocausto para xustificar o bloqueo de Gaza

O coordenador nacionalista, Francisco Jorquera, di que as afirmacións do diplomático están baseadas “na mentira e na manipulación”.

Redacción - 15:00 07/02/2008
Tags: BNG Israel

O Bloque sostén que o embaixador de Israel no Estado Español, Raphel Schutz, está a utilizar o holocausto nazi sobre o pobo xudeu como “unha coartada para xustificar evidentes atentados contra os dereitos humanos”, como os que teñen lugar en Gaza. Jorquera sinalou que é evidente que “o BNG está nas antípodas do nazismo e das teses negacionistas” . Por iso, considera que as duras críticas de Schutz están baseadas “na mentira e na manipulación”.

As críticas do embaixador israelí causaron un forte malestar no BNG e coidan que é unha “revancha” polo seu apoio a un Estado palestino. De feito, Jorquera sinalou que “quizais o emabaixador represente a un goberno que está acostumado a impoñer a súa posición a sangue e lume” pero dixo que isto non vai mudar o posicionamento do Bloque.


4,2/5 (10 votos)

Comentarios (5)

Sabrexo #1 7/Febreiro/2008 Sabrexo

Israel está afeito a cometer os seus crimes contra o pobo palestino sen que a comunidade internacional faga nada, e aínda por riba mancha a memoria das vítimas do Holocausto ao intentar usalas para xustificarse.

sanfelipe #2 7/Febreiro/2008 sanfelipe

aburren...

mercedes #3 7/Febreiro/2008 mercedes

O anterior non entro e repito:
O BNG ten toda a razón: no horror nazi perderon a vida millóns de xudeus, mais aínda máis rusos, polacos, checos, húngaros, xitanos, homosexuais, ... e miles de republicanos españois exiliados que combateron na resistencia antinazi.
Por outra banda, unha cousa e o respectabilisimo pobo xudeu e outra o sionismo expansionista, aplicado polo estado de Israel como terrorismo contra o pobo palestino e contra os propios disidentes.
Mais, certamente por circunstancias xeradas polo anterior, Hamas practica o integrismo musulmán.

lunet #4 7/Febreiro/2008 lunet

NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡

A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:

http://brenlla.blogaliza.org/n...

Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.

Tino #5 8/Febreiro/2008 Tino

Estou contigo lunet.
A primeira cousa q chama a atención é a bandeira q usa, as cores resaltan sobre o fondo branco e é cara onde van os ollos, sobre todo dos q están dispostos a levar a cabo a máxima "Nengumha acçom sem resposta,,
Mais tamén, é a marca para non ler ese comentarios incendiarios: eu en canto a vexo paso por riba dela, é moi fácil.
Ademais, gástanse demaiadas enerxias q se podian dirixir cara unha discusión mais pousada e atinada.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: