Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACÚSAO DE NEGAR O HOLOCAUSTO

O embaixador israelí mostra o seu “malestar” co BNG

Raphael Schutz non descarta presentar unha protesta formal diante do goberno español.

Redacción - 18:56 06/02/2008
Tags: BNG Israel

O embaixador de Israel no Estado Español, Raphael Schutz, asegurou este mércores que está valorando facer unha protesta formal diante do goberno español. O motivo é que coida que o goberno estatal tería que posicionarse contra a posición do BNG no Parlamento de Galiza ao respecto dunha declaración sobre o holocausto.

Schutz chegou a comparar a postura do Bloque coa de ultradereitistas como Joerg Haider ou Jean-Marie Le Pen.


5/5 (1 votos)


Comentarios (5)

ranciadas #1 6/Febreiro/2008 ranciadas

Que ben funciona o Mosad (curioso sempre o fan antes dunhas eleccións), se o máis parecido ao sionismo chamase nazismo. Comparar ao BNG con LePen, ademais de mentir e intoxicar, é ser un sinvergonza. Gómez-Valadés, Abel, etc., e agora que diredes? Que boten a toda a esta xente do BNG.
Aí tedes o comunicado da embaixada de Israel que me pasaron:

COMUNICADO DE LA EMBAJADA DE ISRAEL


Sobre la negativa del BNG a condenar el Holocausto


La Embajada de Israel lamenta la actitud del BNG por su rechazo a apoyar en el Parlamento de Galicia la Declaración Institucional en Memoria de las Víctimas del Holocausto. La negativa del Bloque Nacionalista Gallego a condenar el nazismo y honrar la memoria de las víctimas es un hecho insólito en Europa en un partido del arco parlamentario.
En los últimos años, el Gobierno y las más altas instituciones españolas, la sociedad española en general, parlamentos y gobiernos de comunidades autónomas, con independencia de su ideología política, han hecho un enorme esfuerzo para honrar la memoria de las víctimas del Holocausto, reconociendo su singularidad. Esto hace aún más terrible y preocupante que un partido con responsabilidades de gobierno se oponga a recordar a las víctimas de la Shoá.
El Embajador de Israel ha puesto en conocimiento del Gobierno español, a través de su Ministerio de Asuntos Exteriores, su honda preocupación por este tema.
Asimismo, la Embajada de Israel quiere hacer público su reconocimiento a los demás partidos políticos por su apoyo inicial a esta Declaración del Parlamento de Galicia.

Departamento de Prensa
Madrid, 6 de febrero de 2008

xohan #2 7/Febreiro/2008 xohan

Non sei o que diran estos que nomeas, pero o que é certo e que o BNG ten un problema moi serio, que sempre se mete nuns lios que o único que fan é perxudicalo. Eu son votante do BNG dende os 18 anos e teño agora 33, e a verdade é que cada vez estou mais canso desta xente. Son os seus propios inimigos, fanse eles mesmos oposición. No PP están dando brincos de alegria con estas novas, xa non teñen que pensar unha estratexia para atacar ó BNG e presentalo como extremista. E o mesmo para o PSOE. Eu voltarei a votar BNG nas proximas eleccións, pero xa veredes como feitos coma este fan que nas proximas eleccións se perdan votos.
O conflicto Palestino-Israelita e demasiado complicado, non hai bos e malos, por unha banda e condenable o trato que dan os israelitas os palestinos, pero tamen son condenables os atentados suicidas e o lanzamento constante de morteiros kasan sobre as cidades israilitas. O que non pode ser e ter unha "simpatia" sen critica ó pobo palestino. Mais oportunidades que Arafat para lograr a paz e un estado palestino xa non se poden ter e votounas a perder. Se lechedes un pouco sobre o tema saberiades que isto é certo.

arnaldo #3 7/Febreiro/2008 arnaldo

Aquí hai que falar con claridade. O tal Pedro Gómez-Valdés sempre sae con comunicados do seu chiringuito xusto antes dun proceso electoral, porque o seu obxectivo é danar ao BNG. O curioso é que o tío este está apoiado por un membro da Executiva do BNG, un tal Alberte Rodríguez Feixoo, que foi deputado no parlamento a conta do bng uns quince anos, pero como non lle tocou nada do que el quería na Xunta pois xa se sabe, a intoxicar todos os días e a celebrar a morte dos nenos palestinos.

Xistral #4 7/Febreiro/2008 Xistral

Que o embaixador de Israel é un sinvergoña é evidente. Hai que ter cara. E que hai infiltrados do MOSAD no BNG pois desgraciadamente tamén é verdade. Estes tipos traballan a moitos anos de distancia e teñen infiltrados en todos os lados que nos poidamos imaxinar. Todo o aproveitan para os seus intereses e por suposto non teñen escrúpulos. Aínda seguen a ir de vítimas cando agora son uns auténticos verdugos. Un cando ten forza sempre esquece os momentos de cando foi vítima.
Pero con respecto ao BNG, hai que ser burro, eu opino o mesmo que Xohan, son unhas gañas de meterse en problemas que só di o borregos que son os que neste momento están mandando. En política moitas veces hai que facer o contrario do que se pensa (así o fan en moitas cousas moito menos importantes).
E o conflicto con Palestina é moito máis complicado do que parece. No lado palestino tamén hai auténticos asasinos e no lado israelí moita xente boa e que nada ten en contra dos palestinos. No lado palestino hai moitos intereses tamén en contra da paz.

berete #5 7/Febreiro/2008 berete

O Estado de Israel xa está de novo apropiándose da memoria das víctimas. En realidade o que fai é prostituir esa memoria cando practica crimes similares aos dos nazis. Un estado racista, iluminado e de fundamentos pseudodivinos, non está cualificado ética ni políticamente para render homenaxe a memoria de víctimas que non eran na súa maioría sionistas. Víctor Klemperer, supervivinte ao nazismo, asimilaba a este co sionismo, polo seu carácter racista e totalitario. O embaixador de Israel debería ser declarado persoa non grata, pero esto é imposible nunha Unión Europea hipócrita e cínica, que mira para outra parte diante dos crimes do seu aliado sionista. Israel ten legalizada a tortura e os "asasinatos selectivos" de Estado (ademáis dos indiscriminados e non selectivos do seu exército impune). Rouba territorios que se anexiona coa construción de muros infames e ilegais, destrúe sistemáticamente vivendas e infraestructuras e arranca oliveiras dos campos palestinos, impide o suministro de auga potable, o funcionamento de centrais eléctricas, as faenas pesqueiras na costa de Gaza ou o funcionamento de hospitais polo bloqueo da chegada de medicamentos e outros equipos médicos.
É o único país xunto cos USA, que repetidamente vota a favor do criminal bloqueo a Cuba na Asemblea Xeral da ONU.
O sr. Sshutz non está cualificado para facer ningunha protesta, por ser o representante dun estado que era o único aliado recoñecido e confeso da Sudáfrica do Apartheid e que utiliza sitemáticamente armamento de racimo coa intención de mutilar a poboación civil do Líbano (armamento que as forzas internacionais nese país vense obrigadas a buscar e retirar á súa costa e risco, liberando a Israel de responsabilidade)...
A lista de crimes é inacabable e os atentados palestinos (que son unha coartada hipócrita de Occidente para xustificar a Israel) son unha pinga (condenable) no mar de agravios israelís.
O Holocausto está contaminado pola actitude deste estado que favorece posturas antisemitas entre xente ignorante e fascista que non é quen de diferenciar entre sionismo e semitismo, pero que non é o caso do BNG, que fundamenta claramente a súa postura, contextualizando o problema. Outra cousa é que os medios de comunicación non libres nin independentes do capital (e polo tanto aliados do socio israelí), manipulen, intoxiquen e magnifiquen unha cuestión coma esta. Eu tamén sei diferenciar, e mentres o Holocausto sexa prostituído por Israel terei moito coidado ao tratalo, para evitar que o réxime sionista o utilice como coartada e xustificación dos seus crimes.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: