Cualifica de "error material" o acontecido e pide "desculpas", modificando no documento legal a expresión "dialecto galego" por "lingua ou idioma".
Dada "a entidade do erro material sufrido", o xuíz Fernando Grande-Marlaska solicitou desculpas pola providencia emitida o pasado luns 28 de xaneiro onde se utilizaba a expresión "dialecto gallego" ao referírense á petición dun intérprete de galego realizada polos catro mozos acusados de queimar unha imaxe de El-Rei. O maxistrado atribúelle a expresión a un axudante, malia que asume a responsabilidade polo aco0ntecido. De paso, inclúe un pequeno texto onde pide que "non sexa discutido" o seu "alto respecto ao conxunto de idiomas con recoñecemento oficial en España".
Desde NÓS-Unidade Popular, o colectivo que denunciara o caso e ao que pertencen os catro mozos acusado, sinalan a importancia da "perseverancia e a denuncia constantes" fronte a casos que coma este, segundo se laian, exemplifican non só "o lamentábel estado dos dereitos lingüísticos na Galiza" senón tamén "un déficit democrático no actual estado unitario español". Ao respecto, critican que non se pronunciasen sobre o asunto o Goberno e os colectivos sociais requiridos.
Umha vez mais a minha solidariedade com os companheiros encausados.Total e incondicional.
A respeito do outro:
Todo o mundo tem direito a equivocar-se. Mas se lho dizer a um juiz, ele admitira desculpas so logo de pagar a condena. A Audiencia Nacional é (por desgraça conhezo-a de perto) o mais escuro do
Reino de Espanha, mas nom nos enganemos, a maioria dos espanhois pensam asim.
Cona ! Eu também me equivoquei .. !
Onde dissem casa de p.. ... digam Espanha !
aínda menos mal!, rectificaren está ben, poren algo teran no subcosciente estes nazonalistas espanhois...
Menos mal que rectificou, aínda que o erro é maiúsculo.
PD: por certo, ¿a que ven o de El-Rei?
pareceme moi raro :S ou é o rei ou en castelán, pero esa mistura...
E, e do chamarlle español ó castelán será outravolta un "erro material"?
Obviamente, entre a palabra "idioma" ou "lingua" e a palabra "dialecto" non cabe a posibilidade de cometer erro material de ningunha caste: a ninguén que queira escribir "idioma" ou "lingua" lle sae (facede a proba!) "dialecto"!, como a ninguén que queira escribir "castelán" lle sae "español".
Non vos hai erro material por ningures, o erro (?) cometido évos de tipo conceptual! E, o feito de acudir á figura do erro material, constitúevos unha clara fraude de lei.
Como juiz deve aplicar bem as leis, a letra e o "espírito", mas antes de mais a letra: Com efeito, o nome da "lengua espaÑola oficial del estado" não é "espaÑol", mas "castellano".
Contudo, redigir em castelhano não sabe muito bem, como o outro juiz o Garçon. Digam se está bem reidigida a última parte do "auto":
««Asimismo ME gustaría que MI más alto respeto al conjunto de los idiomas con reconocimiento oficial en EspaÑa, no fuera discutido. Buena prueba de lo cual se interesó de oficio, conocedores de la procedencia de los imputados, y sin necesidad de petición a instancia de parte, la designación de un intérprete que asistiera a aquéllos para el supuesto de contestar en gallego. Consideración a todos los idiomas cooficiales en España. Más si cabe al ser conocedor, quién [sic] suscribe, además del espaÑol, de uno de aquéllos [qual?].»
DeusExMachina, El-Rei é unha vella forma galego-portuguesa (segue a ser usada en portugués!) para chamar ao Rei.
AGIL, quero supoñer que o Grande-Marlaska é coñecedor do euskera. E se el o di e se excusa -sexa de quen sexa a culpa do agravio ao noso idioma, con fondas raiceiras ideolóxicas- penso que hai que crelo e aceptar a escusa. Que, por certo, non é habitual entre xuíces.
NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡
A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:
http://brenlla.blogaliza.org/n...
Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.
kkruxom, grazas pola aclaración, non está de mais este tipo de información :D
É unha boa definición do G. lunet, pero fóra da rede, chámaselle canta-mañás, non? Cando unha persoa non sabe do que falan os outros, opina diametralmente o oposto para atrae-la atención sobre si e introducir outro tema. O malo é que neste caso -falo en xeral dos trolls- nin sequera é capaz de introducir outro tema, só dinamita a forza de insistencia.
Por certo que o mesmo comportamento teñen os encausados, pero os seus motivos son ben motivados, pois trátase de esquivar unha condena. Non falo de sacar esa carta á luz, senón de pedir tradutor. É unha estratexia troll do nacionalismo radical ben aprendida. Tamén é unha estratexia troll falar da normativa na que se escribe, sen prestar atención ao fondo. Evitando converterme en troll, volvo ao rego:
Os detidos cometeron un delito, e se non o soubesen non levarían pasamontañas. Só lles queda buscar atenuantes e desvia-la atención.
Un bo desvío sería conseguir condenar a Grande-Marlaska, é posible?
Penso que non vivimos nun país tan simétrico.
E um idioma é uma língua?
A mín o que me parece mais lamentable é que nin La Voz de Galicia, nin o Faro de Vigo, nin El Correo Gallego, se fixeran eco dista vexación. E máis todavía que o presidenten da Xunta, e os tres partidos da cámara galega non dixeran "ni pío". Lamentable.
Sí son os de Nós Unidade Popular, a inmensa maioría da sociedade non estamos dacordo con estes "batasunos", pero unha cousa non quita a outra, e o noso idioma é o noso idioma.
Lamentable, aínda que o xuiz iste rectificara,
Por que somos tam seguidistas cos "cliches" do imperio mediatico?? Chamar-lhe "batasunos" a geralidade de membros e simpatizantes (que case com certeza sumam mais ca votantes)de Nos-UP equivale a seguir o discurso parcial, desasisado, preguiceiro e inzado de preconceitos cos que a opiniom publica espanhola (e apublicada) nos agassalha a diario...E que tudos os membros de Nos-UP som iguais??? Nom e legitimo ser independentista e reintegracionista?? Som "batasunos" os militantes de ERC??? Som os pesoistas GALosos?? ...e os do PP tudos som uns franquistas?? Pois bem, estes dous ultimos estam mais perto desses qualificativos por accom directa do que Nos-UP com Batasuna...o que passa e que o instinto do poder mediatico esmaga a uns e sacraliza aos outros...Nom se trata de estar ou nom dacordo com uns ou cos outros, trata-se de olhar a realidade dum jeito critico e nom de fazer-lhe o coro a uns como "parvos uteis" e afogar sem remissom a os que ja pouco ar foram permitidos
Merda para todos! como nos imos sentir españois por favor. Non temos os investimentos que hai no resto do Estado, non hai respecto pola nosa cultura (tiñades que escoitar aos cagallóns da Cope falar da proposta de Chaves para ensinar galego en Andalucía) e aínda por riba, temos a un grupo maioritario na nosa terra, o PPdeG que traga e mira cara outro lado, como se non fora con eles.
Necesitamos máis forza no parlamento español, queremos una candidatura conxunta de todas as forzas nacionalistas e independentistas sexan de dereitas e de esquerdas. En Madrid van escoitar dunha vez por todas aos galegos berraaaaaaaaaaaaaaaaaar.
Estou contigo lunet.
A primeira cousa q chama a atención é a bandeira q usa, as cores resaltan sobre o fondo branco e é cara onde van os ollos, sobre todo dos q están dispostos a levar a cabo a máxima "Nengumha acçom sem resposta,,
Mais tamén, é a marca para non ler ese comentarios incendiarios: eu en canto a vexo paso por riba dela, é moi fácil.
Ademais, gástanse demaiadas enerxias q se podian dirixir cara unha discusión mais pousada e atinada.
Maleoc, durante 6 anos que estiven na facultade de historia coñecin a xente dese entorno, sobre todo Agir e despois A.M.I., e todos apoian a E.T.A., os de AMI descaradamente e os de AGIR creeno lexítimo pero non apoian a violencia, aínda que últimamente parece que xa lles apoian sen reservas. Coñecín de primeira man ao mítico Alexandre, entre outras cousas porque coñezoo dende a EXB, e despois coincidiu comigo na facultade de Historia de Santiago. A Xiana tamén a coñecín porque andaba con él, e porque estudaba Arte. E unha rapaza coa que m e levaba ben foi abducida por ese mundo, e agora está a mudar de personalidade... unha magoa no que se está a converter.
En canto o de reintegracionistas, pois dentro do bloque hai xente reintegracionista, e incluso coñezo xente que non é nacionalista e é reintegracionista, así que non ten que ver.
#8 e #15. Eu non sei quen está alimentando ao troll, pero se quen está enchendo as páxinas de mensaxes spam, que parecen máis feitos por un programa que por unha persoa.
Non sei que será peor, se contestarlle ás veces a Gaviotero ou encher os artigos de panfletos.
Eu creo que a mellor forma de pedir desculpas e admitir o erro é soltar aos inculpados. O de dialecto aínda se pode perdoar, pero o de enviar á cadea a uns inocentes xamais.
Nom digo que seja exactamente o teu caso, mais e cotiam o facto de elaborar-mos construtos inducidos senlheiramente pola nossa imaginazom, polos mitos que mais que existirem foram creados por nos ou polo que nos pensamos daquilo que nom nos molestamos em chegar realmente a conhezer...Em tudos os fatos ha gente de tudo tipo e motivazons pessoais de diversa origem...O que tenho asensazom e que as "peliculas" producidas ao longo dos telejornais da nossa vida arredor de ETA, HB, bla bla bla rematam por influenciar-nos se quera um chisco a tud@s, tanto no nosso juizo como os nossos preconceitos