Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fora paralizada o 29 de xaneiro

Desestiman as alegacións para frear a poxa pública do Pazo de Baión

O Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo desestimou a petición das fillas de Laureano Oubiña.

Redacción - 18:10 07/02/2008
Pazo de Baión

Pazo de Baión

As fillas do narcotraficante Laureano Oubiña non conseguiron deter o proceso de adxudicación do Pazo de Baión. Tras presentar o 25 de xaneiro un recurso ante o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo no que alegaban que a venda podería lesionar os seus dereitos como posíbeis herdeiras, conseguiron aprazar a mesa de adxudicación do Plan Nacional sobre Drogas que o martes 29 tiña previsto abrir os sobres das catro propostas presentadas para mercar o pazo.

Unha vez detido o proceso, o plan solicitou un informe á Avogacía do Estado, no que indicaban que as fillas de Laureano Oubiña e Esther Lago reclamaban a herdanza que lles correspondía tralo falecemento da súa nai nun accidente de tráfico. A Audiencia Nacional decretou daquela o comiso e quedando extinguida a vía penal, pero non a responsabilidade civil co que a poxa debe por tanto seguir o seu curso.

O Pazo de Baión foi intervido en xaneiro de 1995 polo xuíz Carlos Bueren e mentres que Baltasar Garzón procedeu ao embargo do patrimonio dos Oubiña para responder á multa de 15 millóns de euros imposta na sentencia da operación Nécora.


1/5 (1 votos)

Comentarios (2)

lunet #1 7/Febreiro/2008 lunet

NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡

A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:

http://brenlla.blogaliza.org/n...

Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.

Tino #2 8/Febreiro/2008 Tino

Estou contigo lunet.
A primeira cousa q chama a atención é a bandeira q usa, as cores resaltan sobre o fondo branco e é cara onde van os ollos, sobre todo dos q están dispostos a levar a cabo a máxima "Nengumha acçom sem resposta,,
Mais tamén, é a marca para non ler ese comentarios incendiarios: eu en canto a vexo paso por riba dela, é moi fácil.
Ademais, gástanse demaiadas enerxias q se podian dirixir cara unha discusión mais pousada e atinada.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: