Os médicos arxentinos aseguraron que "chama a atención" o caso dunha adolescente de 16 anos que quedou embarazada de trillizos por segunda vez e en forma consecutiva.
O caso dunha rapaza que con 16 anos parirá trillizos por segunda vez ten sorprendida á opinión pública arxentina. De feito, o director da Maternidade Provincial da provincia de Córdoba, José Oviedo, considerou esta semana que "chama a atención" o caso dunha adolescente de 16 anos que quedou embarazada de trillizos por segunda vez e en forma consecutiva.
O médico sinalou que o novo embarazo foi "espontáneo" e agregou que "chama a atención porque nunca tivemos un caso así, de dous embarazos múltiples consecutivos e sen fertilización asistida".
Sete fillos en tres anos A adolescente, que é nai dun neno e de trillizos, presenta un embarazo triplo que se desenvolve normalmente aínda que preventivamente está internada nesa maternidade. A prolífica rapaza, que o 25 de febreiro cumpre 17 anos, é oriúnda da localidade de Leóns, a 244 quilómetros ao sur da capital provincial, e por segunda vez en menos de dous anos volverá ser nai de trillizos.
O 23 de xullo de 2006, con só 15 anos, deu a luz trillizas setemesinas tamén na Maternidade Provincial e en 2005 cando tiña 14 anos tivo un neno. A adolescente, despois do primeiro parto, tivo asistencia en anticoncepción, por parte da Municipalidade de Leóns, pero aparentemente a moza non prestou atención e repetiu a experiencia, dixo Oviedo.
Non ten traballo Verónica Torres, obstetra do equipo da Maternidade a cargo do control da moza, relatou que segundo a súa nai xunto á adolescente asinou un documento para que lle efectuasen algunha práctica anticonceptiva, pero non foi permitido pola idade da menor.
"Non ten traballo, o pai (das trillizas) abandonouna e eu son o único sostén económico dela e a súa familia", dixo a nai ás autoridades da Maternidade.
no estou moi seguro pero creo que o correcto é "trixémeos" ou quizais "tripletes" pero seguro que non "trillizos" que ven do español tri+ mellizo palabra que non existe na nosa lingua
Que noticia máis interesante e transcendente para a comunidade Galega en Arxentina. Como resulta que non hai problemas que afectan á nosa xente neste país e Iberoamérica en xeral. Hai que pór noticas deste tipo para falar de algo realmente importante.
Non será isto alienación informativa?
Non se, cada vez que leo os titulares de GZ-EXT dedicados a Arxentina e Venezuela. Pregúntome se os que os escriben, leron nalgunha oportunidade o que o medio sinala en “?Que é Vieiros?”. (abaixo e á esquerda)
Para o único que sería útil esta noticia, fóra da súa evidente transcendencia científica máis propia de National Geographic. Sería o xeito de como utilizar as razóns científicas desta secuencia de embarazos múltiples para contrarrestar o despoboamento das Provincias de Lugo e Ourense.
Felicitacións, cada día parécense máis a Granma.