Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


RSS de
Xerais08

A reforma do voto emigrante aparecerá na axenda de temas da sesión de investidura

Será condición do BNG para prestar o seu apoio no Congreso. Mentres, Ana Pastor fai campaña ao outro lado do Atlántico e Emilio Pérez Touriño contrapón as ideas do PP sobre inmigración coa percepción desde Galiza, "terra de emigrantes".

Redacción - 09:00 11/02/2008


0/5 (0 votos)


Comentarios (1)

CGB #1 12/Febreiro/2008 CGB

Por fin alguén intenta poñer freo ás desfeitas do voto emigrante. Ata cando os emigrantes terán que ser considerados como menores de idade ao non proporcionarlles as mesmas garantías para votar que os "maiores". Acabamos de ver en México a un alto cargo político coas mans cheas de merda entregando cartos que non eran del para recoller votos. Os cartos foron "escaquedados" da Deputación Provincial de Pontevedra. Se o tal señor colle do seu peto mil euros eu non digo nada sempre e cando os cartos sexan para a Delegación Mexicana do seu partido. O que é inmoral é mercar votos no Centro Galego da capital azteca. Entón o manifestado polo BNG paréceme dunha gran valentía sendo ademais un xesto que os honra. Hai anos que os grandes partidos españois veñen adiando a reforma da LOREG (lei electoral)porque no fondo está o tema dos votos cautivos. Aqueles votos que sempre recibe o goberno que paga as axudas e pensións. Non caben máis dilacións para VOTAR EN URNA (¿é tan difícil de entender?)e o BNG fala en positivo. Se o necesitan non entregará un cheque en branco e defenderá aos emigrantes para que deixen de seren considerados uns "merendiñas".

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: