O Partido Popular instalará este verán unha carpa itinerante en 21 concellos para achegar a súa formación á rúa.
Será condición do BNG para prestar o seu apoio no Congreso. Mentres, Ana Pastor fai campaña ao outro lado do Atlántico e Emilio Pérez Touriño contrapón as ideas do PP sobre inmigración coa percepción desde Galiza, "terra de emigrantes".
O portavoz nacional do BNG afirmou nunha convención preelectoral en Compostela que a súa formación é a única "menciña" para frear as ideas de Rajoy.
O BNG desenvolve unha convención electoral, o PPdeG un mitin, o PSOE presenta o seu programa en Madrid e o Partido Galeguista organiza o seu IX congreso.
Na súa visita a Bos Aires, o candidato presidencial do PP, Mariano Rajoy, sinalou que en caso de chegar á presidencia o vínculo con Iberoamérica será unha prioridade "central" da súa política exterior. E prometeu máis dereitos para os descendentes de españois.
O presidente do goberno español coida que o permiso de paternidade pode ampliarse a 30 días.
A maquinaria electoral de PPdeG, PSdeG e BNG funciona xa a pleno rendemento. Entre outras anécdotas: a volta de Fraga ao escenario político galego.
Arrepoñerse ás críticas, posibilidade de pacto, defensa de modelos de boas prácticas... Diferentes estratexias en materia urbanística desde PPdeG, PSdeG e BNG.
Durante esta semana Francisco Vázquez foi desvelando con certo suspense as novas caras que formarán parte da lista do PSOE para as eleccións municipais de Xuño. Aparecen representantes veciñais, voces do mundo da comunicación, e tamén xente nova.