Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'GALIZA NON SE VENDE'

Dez mil persoas danlle un toque de atención ao bipartito

Éxito de participación na mobilización deste domingo en Compostela contra a destrución do territorio.

Marcos S. Pérez / Vídeo: Lucía Iglesias - 15:30 17/02/2008

Unhas dez mil persoas ateigaron as rúas de Compostela e a praza da Quintana nun domingo de primavera anticipada. Trátase da manifestación máis numerosa das celebradas en Galiza dende 2004, e é especialmente importante polo que ten de simbólico, de punto de inflexión na lexislatura e de toque de atención para os dous partidos que conforman o goberno. "Galiza non se vende, goberne quen goberne" foi o berro máis repetido polos manifestantes, chegados de todo o país.

De Merexo, da Seiruga, do Suído, do Ribeiro, do Courel, de Ferrol, do Salnés, de Bouzas, de Marín, da Serra da Groba, de Quilmas... Galiza ten ao redor de trinta mil núcleos de poboación e cada un ten os seus problemas, sobre todo relacionados nos últimos anos coa destrución do medio natural. Colectivos veciñais e medioambientais levan meses sendo conscientes das semellanzas existentes entre os males que sofren a nivel local, e da necesidade de actuar conxuntamente para mellor analizalos e, sobre todo, para influír nas administracións e nos medios de comunicación. Así naceu a rede, que foi quen de axuntar a máis de sesenta colectivos, unidos pola desfensa do medio natural.



Música, performances e disfraces
A manifestación foi orixinal e festiva (unha mani-festa-acción, como se prometera), chea de música, de percusións e gaitas, e de performances, como a que protagonizaron uns Touriño, Quintana e Feijoo de carauta, que arrastraban uns carriños de supermercado cheos de cartos. Ou o cambio de nome dalgunhas rúas de Santiago, levado a cabo por outro grupo que rebautizou o Hórreo por "Rúa da Corruptela" ou a Senra por "Avenida das Piscifactorías". Houbo tamén críticas para os medios de comunicación, que foron acusados de ignorar e ocultar a mobilización e os principais problemas de Galiza.

Xa na Quintana, os representantes dos colectivos congregados denunciaron á soidade que senten "estamos sós, somos a cidadanía", acusando a PSOE, BNG e PP de telos abandonado. Mais tamén advertiron, na voz de Mabel Rivera: "temos intacta a dignidade como pobo e non queremos perdela". Foi unha manifestación da xente, dos veciños, de persoas anónimas. Pero na Quintana destacaba tamén a presenza de Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira ou Lidia Senra. Nos discursos lidos na Quintana houbo tamén unha lembranza moi especial para Carmelo Teixeiro, coordinador do Comité Cidadán da Ría de Ferrol e falecido hai uns días. A praza permaneceu en silencio para escoitar a canción coa que o homenaxeou un gaiteiro. A gaita regresou para pechar a manifestación co habitual canto do himno galego.


4,51/5 (68 votos)

Comentarios (39)

ecoe #1 17/Febreiro/2008 ecoe

Sería unha magoa que ninguén estivera representando a oposición contra o AVE do mal agoiro (tav)

luisfoz #2 17/Febreiro/2008 luisfoz

Tranquilo ecoe que si se falou do AVE, e nom para bem; opondo a política de AVE ao abandono da Galiza polo trem.

ecoe #3 17/Febreiro/2008 ecoe

xa mo imaxinaba, polo menos de algunha organización convocante. Magoa non poder ter asistido

Gaviotero #4 17/Febreiro/2008 Gaviotero

Curiosas las 10.000 personas dadas por Vieiros cuando los propios organizadores han dado 7.000 y la Policía Local ha dado menos de 5.000 Y luego dicen de las manifestaciones del PP.

En todo caso, la crónica de La Voz es reveladora sobre el motivo de la "manifestación":

Las más de siete mil personas, según fuentes de la organización, -y algo menos de cinco mil, según la Policía local- recorrieron las calles de la capital gallega cada una con una reivindicación, desde la oposición al plan acuícola de la Xunta, entre los más numerosos, junto con los que reclaman la salida de la planta de gas de la ría de Ferrol, hasta los que critican la caza del zorro y afectados por diversos proyectos del Ejecutivo gallego.

En fin, ni puñetero caso a una manifestación sin mayor trascendencia fuera de Santiago...que al fin y al cabo no deja de ser un pueblo.

marcial #5 17/Febreiro/2008 marcial

Sorprendente a participación, a sociedade civil galega volveu a manifestarse, pero esta vez sen o BNG, e contra o PSDdeG-BNG. Un das consignas mais recurrentes foi:" Onde están os políticos de nunca mais!". Mostrouse ánimo e combatividade. A critica ao bipartito, especilmente ao BNG foi constante. Ao final un rapaz descolgou a bandeira española da casa da Parra entre aplausos. Algo novo está a nacer, e a esquerda do BNG.

ecoe #6 17/Febreiro/2008 ecoe

A representación foi ben digna e a escala ñproporcional representan moitas xentes. Ollo bng e pesoes!

remexendo #7 17/Febreiro/2008 remexendo

Poidemos ver ó Beiras e a Camilo Nogueira. Que non sería o BNG se os dirixentes do mesmo non fosen Paco Rodriguez e o dos bailongos e paparotas con vellas ( Quintanilla)

zutabe #8 17/Febreiro/2008 zutabe

#4 Para que te aclares, e tal como indicaba o compañeiro Anxo en chuza:
Só por ser obxectivos...
- Considerando unha ocupación media de 4 persoas por metro.
- Tendo en conta unha superficie da praza de 3200m² (medición no SIGPAC sen ter en conta ningunha das rúas que dan á praza)

3200m²x4pers./m²= 12800 persoas.

(se multiplicásemos por 5 persoas/m²: 3200x5= 16000)
(multiplicando por 3 persoas/m²: 3200x3=9600)

Agora cada un que saque as súas conclusións.
Amáis diso... 7000 segundo a organización? Ti miraches ben? Le aquí: http://galizanonsevende.org/

Erasmo #9 17/Febreiro/2008 Erasmo

Máis alá dos números... eramos os que cremos nesta Terra !!!
Mentres outros andaban de 'paparotas' vendendo fume coma sempre !!!

Goberne quen goberne: GALIZA NON SE VENDE !!!

Se queren seguir xordos... alá eles.

Seguiremos adiante denunciando os seus apaños, mostrándonos a peito descuberto sen medos nin complexos, porque somos un pobo que vimos dende a noite da historia e temos UN FUTURO POR DIANTE !!!

Goberne quen goberne: GALIZA NON SE VENDE !

http://video.google.es/videopl...

zutabe #10 18/Febreiro/2008 zutabe

Claro que si! Era por tranquilizar a Gaviotero que non é capaz de asumir tanto número...

Xabi1 #11 18/Febreiro/2008 Xabi1

Se comparamos a galería de fotos de Vieiros e da web de Galiza non se vende, teño que decir que a de Vieiros é bastante pobre. Non sei a razón. Incluso é mellor a que aparece no blog do xornalista Perfecto Conde. En fin, informar, porén non gostemos da información, é o voso deber. Vou mirar El Correo Gallego para comparar e durante a semana tamén mirarei A Nosa Terra.

Tino #12 18/Febreiro/2008 Tino

Marcial: a tua falta de capacidade de análise (por non dicir outra cousa) faiche dicir parvadas coma esas.
-Lei acuícola: do PSOE.
-Lei de recuperación de minas e do seu entorno: do PSOE
e así con moitas outras, q o bloque apoia por ser socio do governo.
Os q ali estabamos tamén somos do bloque, o q non nos impede ser críticos co q se fai no governo.
Ti es critico con quen votaches?

moucho #13 18/Febreiro/2008 moucho

O meu apoio dende a lonxanía ós manifestantes.
basta xa de que nos chuchen a nosa terra!!

charino #14 18/Febreiro/2008 charino

A modo Tino:
A cidade da Cultura é do BNG. Reganosa é do BNG. Os parques eólicos, non son do PSOE. A Nosa Terra está en mans dun constructor coa cal veranea Quin. O BNG mudou de posición en Cangas. O PXOU de Vigo, totalmente especulativo, foi aprobado cos vosos votos. Onte o BNG deu orde de non acudir. Algúns que estábades alí poderíades ser do BNG, pero outros moitos eramos antigos votantes do BNG, ou soio xente afectada pola vosa política. Marx dicía que a historia se repetía como farsa, pero no voso caso comeza a ser un completo ridículo.

Polo demais, Xabi1, que che vou dicir que ti non saibas. Isto é o que temos.

Carballo #15 18/Febreiro/2008 Carballo

Onte estuven orfo, politicamente falando, en santiago de Compostela xa que non ví a ningún político, excepto os Sres. Beiras, Nogueira e algún de EU-EU. É a terceira vez que vou a esa querida cidade para manifestar a miña protesta polo desprezo e a irresponsabilidade de quen nos gobernan. Os compoñentes de Adega, Greenpeace e outros colectivos similares eran máis ben poucos, pero polo menos estaban. Con todo, non vin aos de NUNCA MAIS.

O Sr. Gavioteiro non debe ler La Voz de Galicia xa que non é un xornal libre pois manipula e minte.

O sr gaviotero ne debe ler La Voz de Galicia pois non é un xornal libre. Se quere comprobalo que chame ao xornal e que lles diga que quere pór unha carta sobre a Planta de Gas de Ferrol. A Ver que lle contestan.

Para Xabi 1: unha páxina boa con galería de fotos é http://picasaweb.google.com/xa...

Nas próximas eleccións e por primeira vez votarei en BRANCO.

¡Planta de gas fora dá ría!. ¡XA!

Grazas cidadáns. ¡VOLVEREMOS A SANTIAGO!

marcial #16 18/Febreiro/2008 marcial

Parece que o mellor vai ser VOTAR EN BRANCO para manifestar o malestar e a critica aos gobernantes actuais. Non nos tragamos eso de: votadenos por malos que sexamos, que se non ven a dereita. Un mundo demasiado perfecto para os políticos onde a cidadanía non pinta nada.

Jatopardo #17 18/Febreiro/2008 Jatopardo

Parabéns aos organizadores a asistentes á manifestación. Todo un éxito. Certo é que agora falta o máis difícil, que os políticos tomen nota e non fagan mutis polo foro.

charino #18 18/Febreiro/2008 charino

Segun informacións de El País, os alcaldes do PSOE de algunhas localidades afectadas polas plantas de acuicultura, romperon a disciplina de partido e agora opoñense. Algo xa se conseguíu.

xoselado #19 18/Febreiro/2008 xoselado

Parabéns a todos os manifestantes e o que queira entender que entenda...!

Xistral #20 18/Febreiro/2008 Xistral

Creo que antes de falar hai que documentarse un pouco charino:
A cidade da cultura pode ser do BNG pero eso é un marrón que nos tivemos que comer todos os galegos sexan do PSOE ou do BNG por gracia de Don Manuel. Que a xestión pode ser mellor é discutible, pero ter que tragarse ese mamotreto é complicado.
REGANOSA non é do BNG nin foi. O BNG é o único partido que non ten absolutamente nada que ver con REGANOSA. É outra "xoia" que nos temos que comer gracias a Don Manuel (a propiedade dos terreos tamén ten algo que ver, investigade un pouco e saberedes). O BNG foi o único partido que fixo alegacións por escrito en contra da ubicación no momento en que podían facerse. As licencias non teñen nada que ver co BNG, son todo licencias supraautonómicas (Ministerio de Industria e Portos do Estado); que se saiba nunca gobernou tales institucións o BNG. A Consellería de Industria non podería prohibir aínda que quixera a súa construcción. Que o lugar máis lóxico era o porto exterior tamén é evidente, pero por primeira vez estou de acordo coa precipitación de Manuel Fraga: se a regasificadora non estivera construída, aquí quedaríamos sen ela pois iría a Xixón. Ao igual que se quere levar a autopista do mar por encima de Vigo, e ao igual que non se poden facer barcos en Fene etc, etc. Algo ten que ver a xestión de certos partidos e sindicatos españolistas. Todo o que non queren aquí reivindícano para Asturias e Andalucía. O gran problema de moitos galegos e que seguen a velas vir.
Con respecto ás plantas acuículas o pouco que se mellorou foi gracias ao BNG, ou pensa alguén que se non fora así non se ía construir a de Pescanova en Touriñán??? O plan acuícula é do PSOE.
Nos eólicos todo o que se construiu e se está a construir de momento son licitacións do goberno da anterior Xunta do PP.
Polo menos un pouco de vergoña e sobre todo enterarse un pouquiño, por favor.

Jatopardo #21 18/Febreiro/2008 Jatopardo

É dicir, Xistral, polo que contas, entendo que os que onte foron á manifestación non tiñan razón ningunha, xa que ninguén dos actuais gobernantes teñen culpa do aumento de potencia eólica que se pediu non hai moito a Madrid e que vai encher aínda de máis muiños o medio natural galego, tampouco teñen culpa do Plan acuícola con varios millóns de metros cadrados de litoralr esnaquizado a maior gloria de Stolt Sea Farm (xa, xa sabemos que aos de D. Manuel o rei dos eucaliptos lle molaban máis os de Pescanova, pero unha cousa non quita a outra), incluso teremos que darlles as grazas por escarallar a costa con finanzamento público, e non escarallaron o Castro de Baroña porque os veciños ergerónse, porque a piscifactoría de 300.000 metros ía vento en popa. Vamos, estou a pensar que tampouco teñen culpa das mortes de raposos, debe ser que morren de gripe e os cazadores o único que fan e certificar a defunción.

Pero que boiños son os políticos galegos!!!, non sei que fan en San Caetano, deberían estar en Greenpeace como mínimo.

Xabi1 #22 18/Febreiro/2008 Xabi1

Caro Xistral:
Tranquilidade. Bota-lle un ollo ao filme "O salario do silencio" e presta atención, se queres, ao que dito o grande Paco Rodríguez.
E obrigado por saber que o BNG estando onde está non ten ren que ver cos desfeita, nen sequer co mamoterto da Cidade da Cultura nen nons 1.200 millóns de pesetas que se adican ao Museo do neno, ou da Nenez, decisión tomada pola nosa Bugallo.
Concordo en que a veces somos o auto-odio personificado. Tamén que algúns tendes a manía de colgar-lle as nosas desgrazas a "certos partidos e sindicatos españolistas"... Cómo si Tojeiro fora de Móstoles!!. Cómo se a caixas galegas foran de Zaragoza, maño!!!. Cómo se alcalde de Poio, do BNG, non fora do BNG e non praticara un urbanismo realmente catastrófico!!!.
É normal que un nacionata non goste de que o seu pobo a liberar se lle rebele un pouco e lle diga que está ao servizo das multinacionais (tampouco é así) e que o partido nacional teña que escoitar o que escoitou onte na Quintana. Normal. Pero isto é o que hai se sodes goberno: crítica. Normal.

UnDeTantos #24 18/Febreiro/2008 UnDeTantos

Carai,parecedes altos cargos da xunta:
Conhecedes todolos chanchulhos i botádesvos a culpa uns os outros.

O que me indigna é que realmente fostedes protestar en contra dun partido,doutro ou dos dous,e non pola destrucción da nosa terra.
Penoso

Xabi1 #25 18/Febreiro/2008 Xabi1

Ai, UnDeTantos. Está moi vista a xogada. Penoso é o que acontece. Penoso é que teñamos que lle pedir responsabilidades aos partidos progresistas. Penoso é ver cómo se destrue a Terra.
E penoso é non saber se ti estabas connosco ou seguiches a consigna de non ir á mani. Ao mellor, erro e estabas alí. Ti non protestabas contra as decisións dos gobernantes nosos?. Serías o único, colega. Sempre é máis cómodo botarlle a culpa aos "estranxeiros" que veñen veranear aquí, cómo se a constructora e o banca que financia o edificio foran de Valladolid e viñeran en AVE.
E, mira, se se poideran contar os chanchullos todos que cada quen sabe, este medio non daba abasto...

charino #26 18/Febreiro/2008 charino

A mani deu de pleno. As declaracións de Touriño de que non entendemos a súa política medioambiental son claras, e o cabreo que fixo gala Patxi na TVG tamén ("Os féridos e duros, non nos entenden").
Xistral, a posición do BNG respecto a Reganosa é de clara oposición ¿non si? Na Cidade da Cultura o BNG tampouco tivo nada que ver. Non foi a Conselleira que hoxe está na Habana rañando a pavana quen decidiu continuar, licitar e rematar toda a desfeita (e me calo para non falar do Presidente do Consello da Cultura). Menos mal que estou ben informado sobre o de Cangas, o PXOM de Vigo, o de Quin Africa... Hoxe estades adoecidos porque desde onte quedou claro que os defensores de Galiza xa non son os do BNG. Se coincides con Fraga no de Reganosa e en outras moitas cousas que lle vou facer: cada un ten os vicios que quere.

lavesedo #27 18/Febreiro/2008 lavesedo

xa o di todo o charino. O do bng en cangas, escandaloso!!, en vigo, outro tanto!!, reganosa, psicifactorías... Pero, é a culpa do bng realmente?? Quero dicir, pode un partido de esquerdas, de verdadeira esquerda, gobernar con política de esquerdas Galiza??
Eu creo que non. Nin Galiza nin ningures en Europa. O sistema está feito para que quen chegue ao poder estea collido polos bancos, os grandes grupos de opinión e empresariais que son quen ditan a política realmente. O que acontece é que os do bng afartaron de estar fóra dese pastel e hai uns anos, -co propio Beiras de líder, o que agora vai a estas manifas- entraron polo aro da democracia capitalista. E agora láianse!!!!

mceleiro #28 18/Febreiro/2008 mceleiro

Xistral, informar-se deverias de informar-te tu.

Quanto aos parques eólicos, sabemos bem qual era a política da Xunta nos tempos de Fraga, mas infinitamente menos agresiva que as barbaridades que está a fazer o actual Conselheiro de Indústria. No DOGA estão bem clarinhas as datas e a sinatura do senhor que as autoriza.

Muitos militantes "a cegas" do BNG estais a cair no "Galiza vá bem, as cagadas todas são culpa do desgoverno anterior ou do sócio socialista".

No tema dos eólicos autorizados por Fernado Blanco Álvarez ele é o único responsável.

Este senhor por exemplo, autorizou um parque eólico na serra o Iribio (Samos, Triacastela, Pedrafita) situado na Rede Natura 2000, no LIC Ancares-Courel, numas montanhas de especial beleza, a 1500 m de altitude, na beira do Caminho de Santiago e num hábitat único dentro do próprio LIC.

Este caso "particular e local" tem além do rendimento económico, a vontade PREMEDITADA de sentar precedente legal para mais de 60 projectos em DIFÍCEIS LOCALIZAÇÕES desde um ponto de vista legislativo.

Foi autorizado, isso sim, com medidas correctoras tais como "pintar os aerogeneradores com motivos do caminho de Santiago", "fazer os trabalhos de roza em épocas em que não se moleste a cria de aves",etc, etc.

POR RIBA DE MEJAR POR NOS AINDA DIZER QUE CHOVE!

fandinho #29 19/Febreiro/2008 fandinho

Estes son uns cabezas cuadradas que non tiñan nada planificado hasta que chegaron ao goberno e agora improvisan como se fora un corrido mejicano.
Botalas mans á cabeza por que temola malaria pero pode chegala PPeste. Non sei que será mellor se morrer aforcado ou afogado. El Señor nos ajadouche. Requiest cat in pace ( ou algo parecido )

Fonterosa #30 19/Febreiro/2008 Fonterosa

Este comentario vai dedicado a Xistral:Penso que algo do que dis debe ser verdade, e que terás razón na tua opinión tamén en algo, pero no caso de Reganosa penso que o teu respeto e o dos teus compañeiros Rodriguez e Quintana po la vida das xentes que vivimos na Ria de Ferrol risca coa delincuencia.Certo que Rodriguez foi o que fixo as alegacións en contra da Planta de Gas no sitio donde está feita, po-la sua perigrosidade supoño, pero agora ¿Xa non e perigosa? Ou, como xa está feita e costa moitos cartos, non se pode tirar. E logo para Rodriguez e Quintana ¿Canto vale a vida de un home-muller-neno-nena de Mugardos ou canto catro de Mugardos tres de Fene e nove de Ferrol?.Contestame ti tamén a esta pregunta.
O que xa me deixa tolo e o que dis sobre a precipitación de Fraga(que te dará las gracias por el capote) sinon estaría en Xixón.Claro está o valor das persoas sería mais baixo xa que non habería que tirar nada.Aquí vou opinar algo da miña colleita, mellor en Xixón que non poñendo en perigo a xente de Ferrolterra.
Sobor de que non se pode remediar nada desde a Xunta, e curioso que Quintana ande pedindo maís competencias, pero despois resulta que as que ten non lle valen.Por exemplo a de Xustiza. O Tribunal Superior de Xusticia de Galiza fallou en contra da tramitacion de impacto ambiental de Reganosa, por certo feita po-la Xunta(enteremonos un pouco), e esta recurriu a Madrid. Por que non se retira ese recurso por parte da Xunta, dado que o TSXG e o máximo organo Xurídico da nosa Terra, po-lo menos da miña.Pois que siga pedindo mais competencias, que todos sabemos con que interes.
Ademais olvidas que en todalas declaracións apoiaban todos a planta donde está de maneira incondicional, e ti mátaste a decir que eles non podian facer nada.Desde logo non sei o interes personal que poidas ter no asunto, pero, si non e así, andas co-a pera.
Por suposto esto vai para todos, menos Esquerda Unida, pero os demais doenme menos porque son sucursais de Madrid, pero que me apuñalen os de aquí doe moito.
Por certo ¿porque a meirande parte dos criticos do BNG son de Ferrolterra(excluindo As Pontes e a Rodriguez).
Por si o andas pensando firmo co meu nome e son, cando menos, tan nacionalista coma tí. Un saudo cordial para todos.
PLANTA DE GAS FORA DA RIA

remexendo #31 19/Febreiro/2008 remexendo

Xistral : Quen recalificou os terreos en Mugardos pasando de ser rusticos a industriais? Quen continuamente demandaba no Parlamento Español que se axilizase o " proxecto Reganosa" . Que recurriu a sentenza do TSXG que declaraba ilegal Reganosa? Quen expulsa militantes por opoñerse á Planta de Gas?. Por que dimitiron María Luísa Sabio e Xosé Lastra Muruais do Concello de Ferrol? Pois foi o BN Gas

Carballo #32 19/Febreiro/2008 Carballo

Xistral:
Cando dis "Polo menos un pouco de vergoña e sobre todo enterarse un pouquiño, por favor".
Entón, ¿Poderías informarme por que Xaime Bello traizoou ao pobo de Ferrol cambiando a súa postura sobre a planta?
¿Poderías dicirme por que o BNG apoiou a proposta do Partido Popular (PP) para que o Concello de Ferrol abandonará as accións xudiciais en contra de Reganosa?
En compensación infórmoche que un militante do BNG cando viu no pleno municipal que o BNG apoiaba ao PP tivo un vaido e eu mesmo leveino a tomar unha tila ao bar máis próximo.

Xistral #33 20/Febreiro/2008 Xistral

Caramba non pensei que a miña opinión tivera tanta repercusión, evidentemente será porque digo algo importante.
Sabedes que é o realismo político??? Pois aí o tedes; cando tes o poder é o que pasa, que non podes gobernar a gusto de todos, nin siquera dos teus militantes e/ou votantes. As cuestión persoais que me preguntades tedes que preguntarllas aos suxeitos que lles corresponden e non a min.
Eu sempre mantiven que non era boa idea pactar co PSOE porque sabía que ía ocurrir isto. Pero moitos dos que protestan querían poder e postos e protestan máis por resentimento que por outra cousa, o cal é triste....
Todo se pode facer mellor, pero agora polo menos están facendo algo polo medio ambiente (e estou de acordo con todos vós de que é pouco e que se podería facer mellor, pero o poder ao que te enfrontas non é baladí; fixádevos como se puxeron as feras cando simplemente se trata de que revirta en Galiza algo dos beneficios das explotación eólicas. Son feras e non se frean facilmente.
Estou de acordo con todos vós en casi todo:
-Odio as plantas de acuicultura: non dan casi postos de traballo. Destruen unha superficie inmensa para nada. Para producir un kilo de rodaballo fan falta moitos máis kilos de outros peixes de menor valor comercial pero non ecolóxico; é insostible desde o punto de vista biolóxico; polo menos até que coman fariña de millo ou soxa...
-Os eólicos destruen visualmente o entorno e tamén as pistas destruen chan. Pero fai anos moitos dos que agora protestan estaban pedindo eólicos. Eu xa lles dicía: non invoquedes ao demo, que cando chegue ímolo ver por todas partes. É verdade ou non. Respondédeme co corazón... Pero polo menos a Consellería de Industria non está disposta a dar máis concesión en Rede Natura, cando antes iso nin se miraba...
Reganosa: estou de acordo en que non debería estar aí, pero asegúrobos que ninguén de vós está protestando por cousas peores que tedes ao lado: sabedes as consecuencias dos sistemas electrónicos que se instalan nas fragatas e demais barcos. E outras cousas que falarei máis tarde porque agora non teño tempo.

charino #34 20/Febreiro/2008 charino

O mellor, os que nos manifestamos o domingo estábamos contra o que ti chamas realismo político. Esa cousa que nada mais poden entender aqueles que están no poder e non os cidadáns de a pé. En canto o do resentimento, sóame un pouco a aquelo de que "ladran su resentimiento por las esquinas"

lura #35 20/Febreiro/2008 lura

Xistral, non tes nin puta idea do que falas. O ritmo de destrucion actual en Galicia e o mais alto da historia, Rede Natura e un conto para inocentes coma ti, os PXOMs estan a rifarse Galicia, a sua paisaxe a a sua natureza, decenas de miles de hectareas estan a perder calquer tipo de proteccion coa entrada da Rede Galega de Espazos Protexidos, e os impresentables que estan agora no goberno, despois de o tremendo traballo colectivo que representou botar a Fraga, son uns botarates que so miran polos seus petos e por agradar as grandes empresas e financieiras. E ademais quedamos sen oposicion politica. Ti, os bandullos agradecidos coma ti e os que estan a saquear o patrimonio comun sodes culpables e o ides pagar.

mceleiro #36 20/Febreiro/2008 mceleiro

Xistral,

Olha, meu, claro que não se governa a gusto de todos, pode-se governar para OS MENOS (Os empresários com as contas bancárias a rebentar) ou para OS MAIS (O povo "llano"). Repito o de antes. Olha o DOGA. Olha quem asina, e as datas, e não venhas com andróneas, que é bem facil responsabilizar ao fragismo de tudo.

As ganhanças dos eólicos não são para Galiza, são para alguns galegos, mira tu, amiguinhos do Fernando Blanco e camarilha do PSOE, e claro, os de Madri também querem, e aí está a rifa que têm.

Falando de pistas, para o parque eólico do Iribio, que comentava antes, há que subir da cota 600 à 1500 os aerogeneradores, com partes indivisíveis de até 10 toneladas. Como comprenderás não se vá destruir só a parcela do eólico, senão que se farão pistas para que cheguem ao cume os camiões esses que atopas pola autovia. 900 metros de desnivel, pendentes máximas de 10%, bota contas das "pistinhas" que são necessárias, a destruição que é necessária.

Por certo, o na serra do Xistral (espaço protegido na Rede Natura 2000)há maravilhoso parque eólico ILEGAL. O teu alcume vá com segudas?

Os eólicos e as piscifactorias, não são simplesmente "cousas feas", são actuações que produzem graves perdas económicas para os "nativos" daquelas zonas, que afectão aos ecosistemas marinhos e a os montes, no caso dos eólico ademais estão a "roubar" montes vizinhais. São actividades desnecessárias para Galiza (conta com pesca tradicional, e sobra-lhe electricidade), mas grandes oportunidades para os "listinhos" que ademais toparam com os "tolinhos", porque aos vizinhos que lhes cedem os seus terrenos ademais estão a enganá-los, não vêm uma merda dos ganhos. E evitão qualquer possivilidade de actividade económica ligada ao turismo, em âmbitos verdadeiramente privilegiados.

Não fales da Rede Natura, porque as tuas palavras deixam ver que NÃO TENS NEM PUTA IDEIA DE COMO A xUNTA A ESTÁ A LEVAR.

Outro comentário, REGANOSA. Deixando de lado o "pelotazo", o grave perigo para os vizinhos, possivelmente não sabes quais são os dous principais perigos:

1.- O gas chega em estado liquido, muito comprimido, para que colha o máximo nos barcos gaseiros. Para isto refriguera-se.Para o seu trasfegado aos depósitos, é necessário cambiar a temperatura, para o que se usa a água do mar, chegando a criar variações bruscas de temperatura na água do interior da ria, e MATANDO placton e até moluscos, polo que a actividade marisqueira corre grave perigo.

2.- A situação de Reganosa, faz que a profundidade no mar não seja suficiente para os gaseiros com maré baixa, polo que se um gaseiro se avaria, ou por cualquer motivo não consegue sair da ria com maré alta, toca fundo, e os barcos quando tocão fundo, as vezes partem, outras incendiam-se, outras vezes vertem o combustível...Lembras aos Urkiola, Mar Egeo, Prestige,....?

mercedes #37 20/Febreiro/2008 mercedes

Aplausos para FONTEROSA, comentario 30. As baixas/expulsións no BNG de Ferrolterra son moitas, pola súa incoherencia cara a REGANOSA.
Quen apañou éxito electoral foi IU en Ferrol, que non en Mugardos, onde o prestixio de Barcia e o bo facer de catro anos deulle outra vez a alcaldía nas municipais.

Xistral #38 21/Febreiro/2008 Xistral

O de NON TES NIN PUTA IDEA creo que é un criterio de verdade dos chamados de autoridade (hai uns cantos máis: evidencia, coerencia lóxica, tradición...) Pero ese que escolledes algúns é o mellor de todos.
En primeiro lugar volvo a repetir que estou de acordo co decides.
O alcume Xistral pois é xustamente pola Serra do Xistral, da cal teño moitas fotos antes de ser destruida. Meu pai levoume moitas veces ver esa marabilla cando era pequeno (co cal como podedes supoñer dóeme algo máis que moitos dos que aquí participades e que nunca alí os pés puxestes.
E de bandullo agradecido nada de nada: teño un moi bo traballo e a miña muller tamén conseguidos á forza de estudar na época de Fraga e con todo en contra.
Agora ben, IU son uns aproveitados que coa axuda de CCOO e UXT-PSOE desmantelaron a industria en Ferrol; se esa é a solución Deus nos asista...
Bo soldo se puxo a Iolanda en Ferrol, menos mal que non teñen poder no resto de Galiza..., seguro que gañaba o mesmo de avogada...je,je.

lura #39 21/Febreiro/2008 lura

das e dades noxo

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: