Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente, cualifica de "inxusta e electoralmente oportunista" a mobilización.
Unhas horas despois da manifestación, o Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño apresurouse a afirmar que as "voces que agora se levantan" e "provocan mobilizacións" parece que "non están sendo capaces de entender" que este novo Goberno está "cambiando e protexendo o territorio e medioambiente como nunca se fixo neste país". Esta mañá foi o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, quen redundou no mesmo argumento, cualificando a mobilización de "inxusta e electoralmente optimista".
Vázquez acusou aos grupos que participaron na manifestación de defender cada un "o seu interese local e particular", mentres que a Xunta "practica unha defensa global do territorio". Ademais, o conselleiro preguntouse "onde estaban antes estes grupos", pois -dixo- "para unha vez que alguén está poñendo dereito o barco da política medioambiental neste país", uns colectivos "teoricamente progresistas", en palabras de Vázquez, van contra un goberno que defende o medio ambiente.
"Rotundo éxito da manifestación"
Pola contra, nos oitenta colectivos que o domingo encheron a praza da Quintana hoxe é un día de satisfacción e euforia. Adega fala na súa páxina web de "éxito da manifestación nacional en Compostela", a Plataforma Ártabra21 fala mesmo de "rotundo éxito" e o Comité Cidadán da Ría de Ferrol considera que foi "Un día de esperanza". Tamén hai reaccións nas páxinas e blogs de Verdegaia, Arredemo, Seiruga Limpa e o Foro do Ribeiro. Finalmente, na propia páxina de Galiza non se vende fálase de "Masiva asistencia á manifestación contra a destrución do territorio" e saliéntase que "dende hai moitos anos non se lembraba en Compostela unha marcha tan multitudinaria como a de hoxe".
O que há que ouvir. Agora será que estes "grupos electoralistas" é a primeira vez que se estão a manifestar....
Sobre interesses particulares vas falar tu, meu? Evidentemente os manifestantes têm tudos acções em Reganosa.
O mais acertado das declarações deste senhor é o de referir-se à política medioambiental com a palavra "barco". Prestige, talvez? Ou gaseiro entrando em Ferrol?
Se ser PROGRESSISTA é isso, melhor ser CONSERVADOR(do nosso territorio).
¿Onde estaban/estabamos antes quen nos manifestamos o día 17? Pois, Señor Conselleiro, saiba que estamos onde estabamos -e mesmo coido estivo vostede- canda Nunca Máis, estamos onde hai que estar, defendendo o país, o cachiño a cachiño que conforma o conxunto "global" do territorio, precisamente, defendendo o medio ambente, Lea,Don Pachi. que ler ilustra moito, e non faga demagoxia, que non lle sae.
E ao fío: ¿onde están artistiñas e intelectuais tan bulideiros/as canda o Prestige? ¿A mantido.
O conselleiro leva razón que a manifestación foi oportunista, pois se convocou cunhas eleccións á vista. E que senón nin caso farían. Pero o que non dí o Conselleiro é que unha das súas primeiras decisións foi a de declarar legal unha canteira de pizarra que levaba vinte anos en funcionamento ilegal, con sentencia firme do propio Superior de Xustiza de Galiza. E tamén que agora imos ter que pagar todos a súa recuperación. Eu sei onde estaba cando Fraga estaba na Xunta, no mesmo sitio onde estou agora ¿E ti Pachi?
Os "artistiñas" deben andar de presebre seguido e xa deben gostar do millo fermentado: acabarán comendo a penso!
Oportunista? Não vaia ser que os molestemos. Sejamos bons manifestante s e manifestemo-nos QUANDO e ONDE ninguêm nos esteja a ver. Assim conseguiremos limpar as nossas consciências, sentir-nos "guais" e que a eles não lhes tenha nenhuma conseqüência política.
Também pode ser que em compostela os manifestantes eramos "partidistas". Do PP ou de Nós-UP? Talvez do FPG? Eu diria que de Falange Espanhola....
Olha Charinho, em compostela estava a SOCIEDADE CIVIL, a qual não deve de submeter-se aos calendários electorais e ao politicamente correcto, e eles são os que dizem que "a calar, que nos opinamos nas eleições". Bem pois também nas vésperas das eleições, que É QUANDO O DESEJO DO VOTINHO MOVE AS VONTADES DOS POLITIQUINHOS.
Algunhas desfeitas arrenglanse cumplindo a lei, por exemplo: o arboricidio de castaños centenarios e peche en parte dun souto que sempre estibo aberto e foi de disfrute colectivo,pois nel atopase unha capela, en pleno Camiño de Santiago, na aldea de Perros,concello de Sarria,xa o temos denunciado no concello e Xunta de Galicia. A asociacion amigos do souto,reinvindicamos unha area de descanso,que ben poidera levar unha lapida en rocordo de F.Martin Sarmiento,por ser os seur orixes familiares desta aldea,e ser un loitador pola dignificacion da lingua e cultura galega, e pasar moi esquecido no ano das Letras Galegas,na aldea e no concello.
SOLIDARIDADE NA REINVINDICACION DUNHA LAPIDA NA HONRA DE F.MARTIN SARMIENTO NO SOUTO DE PERROS EN PLENO CAMIÑO DE SANTIAGO
Tivem o desprazer de ouvir as declaraçons deste Vázques. Lamentáveis, por umha vez considero que "Vieiros" deveu reproduzi-las literalmente e sem traduzir. Quando dixo que os grupos estavam a dizer "que es de lo mío" e outros insultos polo estilo. Polo menos o BNG, que foi amplamente criticado, nom fijo declaraçons assi. O próprio chefe de Vázquez soubo estar mais discreto.
Decir que o máis intelixente é non respostar as provocacións de Touriño e Vázquez. Non teñen base algunha e son a resposta de alguén que vende fume e está finxindo ou amagando, que está a facer o que debe facer, cando non o fai. Como exemplo das falacias de Vázquez, eu fun testemuño de que tres persoas da Plataforma pola Defensa da Enseada de San Simón de Redondela, compartiron toda a manifestación cos/as manifestantes do Comité Cidadá de Emerxencia da Ría de Ferrol, existindo na mani outros colectivos de Redondela cos que houberan podido compartir a megafonía, coma a Plataforma Cidadá de Redondela contra a Autovía.
É falso que cada un defendese o seu interese local, tamén cando partiparon asociacións coma Adega, Verdegaia, Greenpeace.
Ni siquiera llenaron la Plaza de la Quintana como se observa perfectamente en las fotos a toda página del gratuito "De Lunes a Viernes". Unas 2.000 ó 3.000 personas como mucho...Menudo éxito.
As reivindicacións son locais porque a desfeita é xeral. Non temos que xustificar nada. Son eles os que deben estar preocupados. Unha vez máis Galicia demostrou que está por diante duns políticos que van o seu.
Cala, Gaviotero, que ninguêm te faz caso !
Na próxima (que ou a isto cámbia ou haverá muitas mais) vem, homem, estás convidado, e assím podes contar à vontade, que vas ficar cego de contar nas fotos dos jornais!
Participou Adega?. Se lle chamamos participar a ir media ducia de persoas cunha pancartiña
Eu non sei xa que crer a que foi a xente nin a quen representaban. Eu sei que uns que estaban por alí, os do Comité, non representan a maioria da poboación da zona de Ferrolterra; senón ai vai a pregunta ¿cantos concelleiros sacaron os que os apoian?volo digo eu 1 en Mugardos (de 13 posibeis)e 7 en Ferrol de 25 posibeis (eso si xuntandose na defensa antireganosa cunha persoaxe chamado Juan Fernández, ¿vos acordades?si, o ex-conselleiro con Fraga). Pois nada por unha vez que na Galiza temos un goberno forte e progresista...que pena!
O Gaviotero convertido no defensor do bipartito... A verdade é a pior demostracion do que esta a facer a Xunta bipartita, cando encontra un defensor na dereita e o PP
Para Gaviotero a Bipartita non merece a critica dos afectados polos seus plans. Porque será?
Ai, Espartano, ai. Con argumentos así Fraga representábanos a todos porque sacaba máis votos ca ninguén. Non, ese non é tema, ou sí, se queres. O domingo había moita xente emancipada ou liberta das tutelas políticas e sindicais por razóns tan simples como non comprender porqué un espazo, un río, un monte, etc pasan a ser propiedade en uso duns poucos capitalistas que, hai que decilo, son de aquí, son "nosos", como Tojeiro e Caixa Galicia.
Hai remedio?. Pois non digo que non porque a sociedade civil tende a amañarse e a organizarse, sobre todo cando bate contra alcaldes como Luciano Sobral, de Poio de do BNG, quen, con tres sentencias de demolición dun edificio en Combarro, pasa de executalas. Tres sentencias. E ademáis de non cumprir o edificio de marras a normativa urbanística, tampouco cumpre a normativa de Patrimonio Histórico. E a Consellería de Cultura, qué fai?. Pois pasa de todo.
Os políticos, de server para algo, serven para amañar este tipo de situacións e non deberían obrigar á cidadanía a perder tempo e cartos en avogados e en pleitos.
Isto é o que hai. Seguro, pero seguro que o goberno Bi fixo e fai cousas interesantes, que resolveu problemas. Seguro. Pero eu non che son axente eleitoral de ninguén.
Espartano: se por progresista entendes a legalización das canteiras, o aceptar a Cidade da Cultura, os acordos segredos sobre Reganosa, a instalación de parques eólicos masivos, a reconversión calada dos mariscadores en Galicia por consentir un crecemento das urbanizacións sen nengún tipo de depuración e sen ningún tipo de sancións, iso nin é progresista nen sequera é progreso, esa palabra que vos enche a boca. É unha política moi vella e xa caduca. Hoxe vemos na Voz de Galicia a Touriño co grupo de Iñás: esa é a foto de para quen goberna o bipartito en Galicia. Parece que Touriño e Quintana non entenderon aínda que as eleccións as gañaron porque Galicia quería un cambio. De momento este aínda non se producíu.
A súa política é a mesma que a do PP. ¿Falamos tamén dos problemas de Salvamento Mariño, ocultados entre outros pola conselleira de Pesca? ¿Falamos da casa ilegal que ten esta conselleira, pendente de derrubo en Vilaboa? ¿Falamos da especulación levada a cabo polas propias institucións oficiais, caso das Autoridades Portuarias?
¿Qué progresismo? ¿O do PS de G (Poceiros Somos de Galicia)? Os políticos teñen que pensar que poden perder o sofá para comezar a facer algo, caso dos alcaldes da Costa da Morte. A democracia consiste nesto: se non fas a política que me gusta elixo a outro ou non voto.
O que é unha barbaridade descomunal é que o conselleiro diga que unhan manifestación é "inxusta", coma se lle acabasen de quitar unha bolsa de larpeiradas e tivera unha berradela. O que hai que ouvir, meu.
http://fatimapeon.blogspot.com
Por se a cousa estaba así, lede hoxe en El País as declaracións de Pachi acusando aos colectivos e manifestantes/manifestantas de server aos intereses do PP. A ver qué di agora o noso Gaviotero!!
Resposta a "espartano":
Estimado "espartano"! Dise que "cada quen fala da feira como lle foi nela" e ti botas as contas que te coven. Eu discrepo moito das túas contas, e facendo a lectura que máis me interesa (como fas ti), os meus datos non coinciden cos teus. Primeiro, os votos que obtiveran os partidos políticos nas correspondentes municipais de Mugardos ou Ferrol, non é un baremo válido e fiabel do apoio popular que puidera ter unha planta ilegal, perigosa e mal hubicada, pois unha cousa non ten que ver ca outra. En principio nunhas eleccións municipais, non votan todos os cidadáns, habitantes dun determinado concello, algúns non teñen dereito a voto, outros tendo ese dereito non o exercen, e outros (ós que ti te refires) si o exercen, pero eso non quere decir nin que ese apoio sexa a morte (como é o caso da planta de gas) nin para calquera cuestión, e moitas veces os/as cidadáns non somos conscientes do que votamos pòis nos deixamos influir pola publicidade ou uns presuntos ideais do partido político en cuestión. Nas municipais tamén hai quen vota á persoa.
Botando as túas contas, ¿que porcentaxe de poboación, suma, tanto en Ferrol, Mugardos, Fene, Narón, etc. aqueles que non teñen dereito a voto, aqueles que tendoo non o exercitan (abstención), aqueles que votan nulo, ou os que votan en branco, aqueles que votaron opcións políticas contrarias a instalación de Reganosa en Mugardos, frente ós que votaron, BNG, PP, e PSOE? ¿podese considerar que a suma deste total é o número de apoios contrarios á Reganosa?.
Gaviotero recomendábanos unhas fotos do "De luns a venres"
http://www.l-v.es/descarga.asp...
A Quintana petada, pese as mentiras doutro pepeiro máis
Vouche resportar Tarelo:
Pregúntome si eres da bisbarra e si como tantos outros deixaste levar polo que di certo grupo vinculado ó empresariado catalán, máis empeñado en face-la planta de gas en Asturias que na Galiza.As licencias para o funcionamiento de Reganosa en Punta Promontoiro deronllas todolos partidos políticos con presenza parlamentaria, ¿todos eses votantes están errados?
Vouche preguntar os que non teñen dereito a voto, os votos en branco o voto nulo ¿votarían en contra da ubicación de Reganosa?
¿Ten Reganosa a culpa de que partidos como IU ou IF sexan minoritarios na bisbarra?
Grazas pola túa atención
Espartano, millóns de moscas comen merda ¿están equivocadas? ¿Os que votaron maioritariamente os nazis en Alemaña tiñan razón? A lei do número fai que as sociedades non avancen. As vangardas existen por algo. Agora os partidos van a rastras. Ti o que estás a custionar non é se Reganosa si ou non, senón se o movemento cidadan e quén de mudar as decisións políticas. A vontade dos cidadáns non se manifesta exclusivamente nas furnas. E ti estás moi preocupado por un movemento cidadán xeralizado, cun certo éxito inicial, que non acepta a arbitariedade con que se comportan os políticos, e que ademáis poden quitarlle unha presa de votos e algún diputado, ademáis de despretixialos. O feito de que antes os do PP (Nunca Mais) e agora os do PSOE e BNG (véxanse as declaracións de Paco Rodriguez en Ourense) estean cabreados, e mostra de que o movemento está na boa dirección.