Socialistas e populares ven na decisión un primeiro paso para a “apertura democrática” e o Bloque pide respecto para a soberanía do pobo cubano.
Os tres partidos políticos que están representados no Parlamento valoraron ao longo da xornada as noticias que chegaban dende Cuba. Tanto populares como socialistas amosaron o seu desexo de que a decisión de Fidel de renunciar á presidencia desemboque “nunha apertura democrática”. Pola súa banda, o Bloque rexeitou “inxerencias externas” e sinalou que os cubanos teñen que ser soberanos para decidiren o seu destino político.
Segundo recolle Europa Press, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, subliñou que Cuba precisa un “réxime democrático, con liberdade e pluralismo político, e sen presos político”. O socialista Ricardo Varela afirmou que a noticia trae “optimismo” xa que “pode ir acompañada dunha apertura democrática”.
A secretaria de Relacións Exteriores do BNG, Rosana Pérez, pediulle á comunidade internacional que sexa “respectuosa cos procesos internos” de Cuba. Os nacionalistas subscriben a afirmación de Fidel cando di que “o camiño que queda non vai ser fácil”.
cando eu era máis novo e non dispuña de todas estas maravillosas ferramentas burladoras de autores, editores e distribuídores para facerme cás músicas, cós libros ou cás películas que a publicidade e o bis a bis me recomendaban posuir, a miña egoteca culturaleira era penosamente exigua.
a pesar de eso eu non me arredaba e aqueles poucos volumens que posuía eran escoitados, leídos ou visionados unha e outra vez até convertirse, no meu pequeno mundo coñecido, en obras senlleiras das artes mundiais, en pezas cimeiras da cultura e do pensamento intemporal.
venme este recordo á cabeza ahora que leo, na retórica habitual da nosa triste clase política, as impresións acerca da situación cubana logo das declaracións de fidel castro referentes a súa renuncia como presidente do consello de estado da illa e dos desexos de estes nosos próceres para con o futuro da antiga colonia.
sempre éstes se apresuran a dar por sentado que a famosa democracia representativa instauranda nos paises capitalistas é unha forma política perfecta, o culmen da evolución social e cultural do mundo. un fin en si mesmo, máis que un medio para acadar un estatus de igualdade e liberdade. e quizás eso sexa por que é posible que vivan demasiado encerrados na súa propia e escasa biblioteca occidental de despachos asépticos e sillóns mullidos.
... a liberdade e o pluralismo político, o acceso a unha prensa libre, o dereito a libre circulación de ideas e persoas, de capitais, de mercadurías... todos eses lugares comúns dos que falan aqueles que gozan de tanta liberdade como poden pagar non son máis que conceptos ocos, na maioría dos casos, que políticos e medios repiten até a saciedade pero que non significan nada.
por eso recomendo a todos estes señores, tan preocupados polo devir dunha das sociedades máis ilustradas do planeta, que non fagan coma mín de mozalbete e se esforcen un pouco máis en leer, en escoitar e en ver máis alá do que lles da a súa cabeciña e a súa finca patria. por que como queiran exportar as nosas grandezas e posibilidades de novo a exposesión ultramarina ( quén falaba hoxe na radio galega do exemplo de españa como nación moderna??? ), sí podemos afirmar ( e esta vez sen a menor dúbida ) que o pobo cubano e o seu futuro está realmente aviado.