Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aínda sen xuízo

Egunkaria: cinco anos pechado malia non haber acusacións contra o xornal

Un presunto vínculo coa ETA foi o argumento para arramplar co diario. A Fiscalía recoñece que non había motivo para tal proceder.

Redacción - 13:40 20/02/2008

Non só se criminalizou un diario senón "o conxunto da actividade relacionada co éuscaro". Así o denuncian representantes de formacións políticas (PNV, EA, EB-Berdeak ou Aralar), sindicatos (ELA, LAB ou CCOO) e persoeiros diversos da sociedade vasca, desde académicos da Euskaltzaindia até futbolistas, pasando por escritores, músicos ou bertsolaris. Todos eles apoiaron hai poucos días unha concentración en apoio dos imputados no peche do que no seu momento era o único diario en éuscaro, Euskaldunon Egunkaria. No acto, apelaron á "conciencia crítica" da sociedade vasca, subliñando a importancia de non esquecer o ataque á liberdade de expresión que supuxo o peche do diario.

Os mesmos colectivos e persoeiros apoian un novo acto de protesta este mércores, salientando a necesidade de que "non se esqueza este caso". E fano cando se cumpren exactamente cinco anos desde o 20 de febreiro en que ducias de axentes da Garda Civil entraron na redacción do Euskaldunon Egunkaria e, baixo a orde do xuíz Juan Del Olmo, cerraron indefinidamente o xornal.

Unha reprochábel "cadea de excesos"
"O propio fiscal do caso solicita o sobresemento do mesmo, e para que? Se á fin o xuízo oral resulta xa inevitábel", recolle o manifesto redactado polo grupo de apoio ao Egunkaria e os seus ex traballadores. "Todo parece indicar que as forzas que se ocultan por tras da acusación contan cun empuxe superior ao conxunto das institucións antes mencionadas", sinalan, "É necesario parar esta cadea de excesos, non pode ser que tamén no caso Egunkaria se dea unha sentenza condenatoria: debémosllo ao futuro".

Ao respecto da presunta vinculación do diario coa ETA o fiscal da Audiencia Nacional xa admitiu que non hai proba ningunha. Xa que logo, a Fiscalía recoñeceu que non vai presentar acusación e retirou a petición de que o tema se arquive indefinidamente. De feito, en todo o sumario a partir do cal o xuíz decidiu o peche, só se cita en concreta o xornal nunha soa ocasión. Malia iso, de momento segue na mesa a solicitude de 200 anos de prisión e máis de 235 millóns de euros para a ducia de acusados.

Hai un ano, e por estas mesmas datas, coincidindo cos catro anos do peche, o goberno vasco realizara unha declaración institucional condenando a teima no caso e recordando as palabras do ex presidente José María Aznar, quen comentara ao respecto do feito de que os xuíces pechasen diarios: "crían que non nos iamos atrever?"


5/5 (8 votos)

Comentarios (12)

Tonecha #1 20/Febreiro/2008 Tonecha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Egunkaria aurrera!

aovellaquemira #2 20/Febreiro/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Adiante Vieiros. Adiante com a busca da verdade.

xoselado #3 20/Febreiro/2008 xoselado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A indemnización, se se confirma a absolución, debería de ser de deixar temblando ao estado español pero non será o caso.Aínda me lembro da tremenda pitada que os "progres españois" lle fixeran a Fermín Muguruza-que gran músico!- cando pedira solidaridade para Egunkaria nuns Premios da Música duns anos atrás.

Galegazo #4 20/Febreiro/2008 Galegazo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Claro,fálase de Cuba ou Venezuela cando España é o paradignma da democracia e a liberdade de espanhol.
O estado espanhol ten lama ata os xeonlhos

Galegazo #5 20/Febreiro/2008 Galegazo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

uf,quixen dicir a liberdade de expresión

mceleiro #6 20/Febreiro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nosotros los demócratas, ya se sabe....

Garrano #7 20/Febreiro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ia dicir o mesmo que Xoselado. A esquerda española, practicamente xacobina, é responsabel en boa medida da involución democratica que sofrimos. Prefiren unha España facha antes que rota.

baltar69 #8 20/Febreiro/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ahá, garrano. esa é a volta e esa a explicación do mr hyde que apareceu detrás de zapatero non dous últimos anos.

Roquinho #9 20/Febreiro/2008 Roquinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esta é a famosa liberdade e igualdade que pronostica o PP, todos iguais e cos mesmos ideais, coma na dictadura, e ó que pense diferente prohibirlle os dereitos de asociación para que non poida expoñe-las súas ideas. O triste é que o PSOE seguelle o xogo.
Ata no caso da independenza de Cosova coinciden ambos, non vaia se-lo caso que os nacionalismos españois fagan o mesmo.

pampeiro #10 21/Febreiro/2008 pampeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se houbese una ¨ETA galega¨,que felizmente nona hai,a xustiza española houbese pechado,por exemplo,a este xornal(Vieiros)por utilizala mesma lingua que esa suposta ¨ETA galega¨.Egunkaria aurrera !!!Gora Egunkaria !!!

COUTOVEN #11 21/Febreiro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É importante que Vieiros e calquera outro medio sexan críticos contra os vicios procesuais que mantén a Egunkaria fóra de circulación.
Pero fóra das obrigacións legais que todos os medios teñen que respectar. Existen principios fundamentais que hai que asumir. O primeiro é manter unha obxectividade. Con todas as consideracións que se poidan facer desta palabra. O segundo é. Todo aquel medio que sexa consecuente cunha liña editorial ou un principio fundacional. Pode ser criticado polo que di, pero non por defender as súas ideas.
Considero que o máis grave para un medio. É ter un principio fundacional e darlle as costas ao mesmo. En función a isto, rogo aos lectores que lean detidamente “Que é Vieiros?” (abaixo e á esquerda da páxina web). Despois que o lean e de forma moi especial as últimas liñas onde di: “Unha Galiza moderna, aberta a Portugal, FEITA DENDE OU EXILIO E A EMIGRACIÓN PARA UNHA COMUNIDADE ÚNICA DE GALEGOS NON MUNDO”. Posteriormente, pasen a analizar os últimos 20 titulares de GZ-EXT dedicada a Venezuela e pregúntense. Fálase da comunidade galega que vive en Venezuela? Deféndense os intereses da comunidade galega en Venezuela?. Lamentablemente, este apartado que tería que estar dedicado a difundir a realidade da segunda comunidade galega en Hispanoamérica está envorcada exclusivamente a difundir e promover a liña editorial da Axencia Bolivariana de Noticias.

De tal xeito, que é tan perversa a conduta da xustiza con respecto Egunkaria, como a conduta de Vieiros fronte á comunidade galega en Venezuela.

Gaviotero #12 21/Febreiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bien cerrado está...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: