Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Após case medio século a carón de Fidel

Raúl Castro podería ser nomeado presidente de Cuba

Sería o sucesor, como xefe do Estado, de Fidel Castro, tras 49 anos de mandato revolucionario do seu irmán.

Redacción - 10:45 24/02/2008
Raúl Castro

Raúl Castro

Raúl Castro xa leva 19 meses dirixindo o país, dende que o seu irmán caeu enfermo e foi operado en xullo de 2006 (dende entón non apareceu en público).

A primeira hora da mañá a Asemblea Nacional de Cuba, composta por 614 membros, vaise xuntar, e á volta do mediodía han anunciar a nova composición do Consello de Estado, o principal corpo executivo de Cuba, cuxo líder podería ser Raúl, mais hai outros candidatos, como Carlos Lage, Ricardo Alarcón, Felipe Pérez Roque, Ramiro Valdes ou Esteban Lazo, que tamén podrían suceder ao aínda Comandante en Xefe.

Porén, Fidel vai manter unha influencia significativa no goberno que o suceda, como primeiro secretario do Partido Comunista.

O anuncio da retirada de Fidel Castro produciuse a pasada terza feira, case medio século despois de ter botado ao ditador Batista (colocado e apoiado polos EUA), nunha revolución que se ten convertido na icona da súa actuación política. A pesares de estar doente e xa non poder continuar gobernando, Fidel Castro aínda pode continuar coa "guerra das ideas", escribindo artigos que se publican na prensa cubana.

Arelas de cambios pola banda dos EUA

Os exiliados anticastristas e o presidente dos EUA, George W. Bush xa pediron, dende que se anunciou a retirada de Fidel Castro, a reforma democrática da illa. Mais nas rúas da Habana predomina a indiferenza e a xente aínda agarda o que poida vir.

Porén, Raúl Castro é considerado pola comunidade internacional como un home máis preocupado por levar comida ás mesas dos cubanos que por encabezar unha guerra ideolóxica contra os EUA. Durante o tempo que leva Fidel doente, Raúl fomentou o debate sobre a economía da illa, o que aumentou entre certos sectores as expectativas de reforma.

O ano pasado Raúl Castro mesmo lles tendeu a man aos EUA asegurando que estaba aberto a manter conversas co novo mandatario, sempre despois de que Bush abandone o seu cargo. Aínda que, naquela altura, a oferta non ía dirixida a eles, os representantes da administración Bush rexeitárona, asegurando que o que acontece en Cuba é unha transferencia de poder dun ditador a outro.

Para saber máis:
Pódese consultar o xornal cubano Granma, para coñecer a última hora e ler os últimos artigos de Fidel Castro.

Para saber das reaccións en norteamérica (os EUA teñen a ollada posta en Cuba), velaí o New York Times.


3/5 (4 votos)


Comentarios (4)

Gaviotero #1 24/Febreiro/2008 Gaviotero

¿PRESIDENTE DE CUBA? ¿POR QUÉ LLAMARLO PRESIDENTE CUANDO QUIEREN DECIR "DICTADOR"? ¿O ACASO A PINOCHET Y FRANCO TAMBIÉN LOS LLAMAN "GENERALES" EN VEZ DE LLAMARLOS DICTADORES?

Hay que ser algo más objetivo cuando se está en un medio de comunicación...

Carlinhos #2 24/Febreiro/2008 Carlinhos

Como é que temos que chamar ao "Jefe de Estado Español"; e "Comandante en Jefe" do exército espanhol (cargos hereditários), que, como Fidel Castro nom foi elegido directamente polo povo, senom por umha assembleia (despois de ser nomeado por Franco e sem pôr em risco o seu posto no referéndum constitucional ao jurar os princípios do "Movimiento")? A diferença entre o Estado espanhol e a República Socialista Cubana canto a nível "democrático" segundo os teus parámetros nom é tanta como os teus preconceitos che fam ver; aquém do Atlántico hai que acatar umha Constituiçom para nom seres "democraticamente" marginado ou ilegalizado; além, outra (Em GZ temos que aturar desde os oitenta o "Partido Único Constitucional" lê o seu artigo oitavo.)
No Estado espanhol ilegalizam-se organizaçons políticas e, porém nom temos direito á saúde, ao trabalho, ao ensino e a vivenda despois de quinhentos anos de espólio dos recursos das Colónias da América Latina (sem falarmos hoje de REPSOL, TELEFÓNICA... e sem citarmos encerramentos de médios de comunicacçom, nem de censura, nem de casos de tortura denunciados por Amnistia Internacional).
Até sempre, Comandante Fidel. Viva Galiza Ceive e Socialista!

turreiro #3 24/Febreiro/2008 turreiro

Cunha diferencia Carlinhos, no estado español non meten na cadea a alguén que discrepe da política do goberno ou sexa homosexual, a non ser que se adique a poñer bombas, queimar autobuses ou asasinar ou violar, é dicer, o mesmiño que pasa no resto dos estados do noso entorno, e en Cuba, sí van presos; e outra diferencia que nos afasta do asasino Castro é que no estado español non hai pena de morte, en Cuba sí ¿Quén falou de repeito aos dereitos humanos? ¿Ou é que aquí aplicas o embudo pola parte ancha para o noxento de Castro e a estreita para o estado español?

En calquera caso, no estado español hai eleccións periódicas e non se sabe que houbera triunfado algunha vez un partido que pretenda implantar a república a curto prazo.

COUTOVEN #4 24/Febreiro/2008 COUTOVEN

Bo. Sen entrar en definicións sobre que nomee porlle ao sucesor no poder de Fidel Castro (presidente, primeiro ministro, caudillo, ditador, etc.). O que soa máis lóxico é que Raúl asuma as rendas do poder en Cuba. Ao fin e ao cavo ninguén mellor que el pode interpretar os lineamientos do seu irmán.

Agora, é moi difícil que Raúl non se expoña a necesidade de reformas con respecto ao sistema político e económico Cubano. Xa que en pleno século XXI e coa globalización existente. É moi difícil explicar os desacertos da política económica Cubana e as precarias condicións de vida deste nobre pobo apelando ao xa demasiado trillado expediente do bloqueo, o imperialismo, etc. etc.

Afortunadamente o sistema político implementado por Fidel permitiu que o nivel educativo media na illa sexa superior ao resto de Iberoamérica. O cal permitiría dentro dun ambiente máis liberal mellorar as condicións de vida, xa que a illa podería explotar racionalmente as súas fortalezas en materia turística e de oferta de servizos e investimento.

Na miña modesta opinión Raúl garantiría unha transición menos traumática. O importante é que este se dea conta. Xa que posiblemente o pobo Cubano non teña o afecto por Raúl que tubo por Fidel e é posible que lle tolere menos cousas. Por outra banda. Fidel supostamente está vivo e mentalmente competente, Esta pode ser a oportunidade de seguir demostrando os seus innegables dotes de estratega político por medio do seu irmán e facer boa a súa frase “a historia absolverame”.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: