Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito palestino-israelí

Cadea humana contra o embargo israelí a Gaza

Entre 40.000 e 50.000 persoas protestan este luns contra o bloqueo. Israel reforzou as medidas de seguridade na zona e ameaza con usar a forza.

Redacción - 13:52 25/02/2008
Cadea humana en Gaza, este luns

Cadea humana en Gaza, este luns

Entre 40.000 e 50.000 palestinos, segundo distintos medios locais, protestan este luns en Gaza para trataren de espertar a conciencia da comunidade internacional fronte ao sufrimento da poboación.

Convocados por Hamas polo Comité contra o embargo israelí a Gaza, o seu obxectivo é crear unha cadea humana dende a localidade de Rafah, no sur da franxa, até o poboado de Bet Hanún, no norte.

O vice-responsábel de Defensa israelí afirmou que o Exército empregará a forza no caso de que se produza unha avalancha de civís sobre o territorio de Israel, informa o diario Haaretz.

Gaza permanece completamente asediada dende xuño de 2007, cando os islamitas de Hamas se alzaron contra a autoridade do presidente da Autoridade Nacional Palestina, Abu Mazen.

Israel só permite esporadicamente a saída de enfermos, e o abastecemento de produtos básicos para o 1,5 millóns de habitantes é deficitario. O goberno argumenta que o embargo é produto dos ataques con foguetes contra localidades ao sur da franxa palestina.

Catro activistas palestinos mortos

Por outra banda, catro activistas palestinos -tres membros de Hamas e un outro dos Comités da Resistencia Popular- morreron en varias operacións do Exército israelí durante a noite do domingo ao luns na franxa de Gaza, segundo informaron fontes médicas ás axencias.


4,14/5 (7 votos)


Comentarios (2)

Gaviotero #1 26/Febreiro/2008 Gaviotero

¿Y la cadena humana contra el nazismo que se niega a condenar el BNG para cuando?

luimipi #2 26/Febreiro/2008 luimipi

non é así, e deberías sabe-lo (xa q presumes de tanto "coñecemento").

O BNG di que condea totalmente o nazismo, pero q a declaración ten que ir = para todas as exterminacións q se fan, e no nazismo foi contra os xudeos, e agora é DOS XUDEOS contra os palestinos!!!.

Pero claro,...iso non se acepta...pq?, está acaso mal matar xudeos e ben matar palestinos?. Que doble moral tedes amiguiño.


Que doble moral....


O que fai hoxe Israel é pra dar noxo!.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: