A Unión Démocratique Bretonne pensa que é a chave para loitar contra a extinción de linguas como as súas: o bretón e o galó.
As dúas linguas da Bretaña, galó e bretón
A Union Démocratique Bretonne (UDB) chama á mobilización para conseguir as competencias sobre a ensinanza bilingüe francés-bretón e francés-galó nos colexios de Bretaña, ante os novos programas escolares que quere lanzar o goberno francés.
Contra o novo proxecto educativo francés
Cos novos proxectos educativos, o goberno francés acordou situar as materias de lingua francesa e matemáticas como prioritarias nos colexios, e, paralelamente, está a desenvolver un programa de ensino das linguas estranxeiras, que será xeneralizada dende o primeiro ano de primaria. Para a Union Démocratique Bretonne, "estes dous anuncios que poden parecer paradoxais, quedan totalmente mudos no que se refire ao ensino nas linguas rexionais" e segundo eles, "o silencio é unha confesión das intencións do goberno francés" con estas linguas.
A xestión do ensino bilingüe é a chave para que non desaparezan as linguas rexionais
En setembro de 2007 apareceron os primeiros programas de ensino bilingüe do goberno francés. Naquela altura a UGB (Unión de Profesores en Bretón) cualificounos de "máis do que perigosos pola súa imprecisión e o seu descoñecemento das realidades desta ensinanza en Primaria".
Por todo isto, a Union Démocratique Bretonne chama á mobilización para reclamar a transferencia da competencia no ensino das súas linguas, ademais da ensinanza bilingüe, dun xeito parecido ao que acontece no "País de Gales ou en Galiza, como en moitas rexións de Europa, e que foi a chave para que as linguas específicas destes territorios puidesen ser salvadas da extinción".
Ben se ve que estes bretóns non chegarán a nada. Se miran para o modelo galego o brezhoneg vaise extinguir en dous telediarios.
"Tan bretones como el bretón", "Bretaña Bilingüe"... claro, que para isso haveria que chegar ao ponto de tentar imponher o bretóm e, de momento, eles só reclamam certas competências...
É ben certo, o modelo galego non che é bo nin en Galiza, pq de biliingüe non ten nada (polo menos temos os da GaliciaBilingüe q pula por ese dereito inalienable dun ensino...só en castelán).
Por certo, as semellanzas son moitas: as loiras de bote con chapapote na cara non keren falar o bretón ,,pojque es un idiomá muy féó" (claro, ao non poder xogar co kit dela srta Pepis e tinxirlle o pelo e pórlle cotra na cara, no le gusta a las señoritingas/os).
estánche tolos estes bretóns!
Arredemo! O modelo lingüistico galego pra salva-la súa lingua!!!
Non hai dúbida, os de galicia bilingüe teñen coñecidos por alí.
Três séculos de jacobinismo, passa-vos factura...
Ben pola retranca dalgúns...
A verdade é que o modelo da Galiza é unha merda, pero se pedisen un modelo coma o catalán, non ían acadar nada.
Hai que ter en conta a realidade de cada país, e a deles está talmente que é polo que reclaman -sin ter estudado ben o asunto, incluso suporíase que fano un pouco de rutina- que se ensine o bretón, polo que a fórmula qsue lles parez máis aceptable para o €$tado Francés é a de ensinar nas dúas (un pouco como aquí nos anos 60/70). Mais a realidade lingüística de hoxe destapa o proceso de SUSTITUCIÓN da lingua B pola potente A, e ó millor este asunto non está claro ou non é maioritario no seu país.
Aupa Breitz
Nun semanario chamado "Bretagne Hebdo" publicaron hai un par de anos unha entrevista con rapaz galego chamado Bernardo non sei que, que se licenciara na universidade de Brest con traballo comparando a situación do galego coa do bretón, Para deixar de esbardallar ¿Non sería mellor localizalo?
Sería ben que deixaran de chamarlles ás linguas propias de determinados territorios "linguas rexionais".
Sería ben que alí e mais aquí empezaramos a pensar no bilingüismo necesario: a lingua propia como principal e unha lingua común ou universal como interlingua entre as distintas propias.
Isto éche o de sempre: Para os bretóns un modelo como o galego sería un avanze, para os galegos sería un paso adiante un modelo tipo catalán, para os cataláns a situación dos cantóns suizos...
En fin, supoño que os de galicia-bilingüe deixarán de protestar xa que internacionalmente é recoñecido que temos un modelo bilingüe a imitar :-)
Para mín o único modelo linguístico a seguir,tanto para o galego como para o bretón,é o do francés no Quebec.Sempre que se queira seguir formando parte dun estado de máis dunha lingua.