A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra reuniu máis de 4.000 alegacións contra a concesión de Autorización Ambiental.
O temor e a "sospeita" de que a Consellaría de Medio Ambiente puidese concederlle a ENCE a Autorización Ambiental Integrada para o complexo industrial de Lourizán, está na orixe da máis recente das campañas promovidas pola Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, APDR.
O colectivo insiste en que existen "razóns abondo" para que a Xunta sexa firme na negativa á empresa e advirte que de ir adiante o permiso trataríase dunha "ilegalidade" contraria ademais ao acordo programático asinado por socialistas e nacionalistas.
Para recordarlle ao Goberno o amplo consenso social respecto ao rexeitamento á consolidación do complexo Ence-Elnosa na súa actual localización, a APDR iniciou recentemente unha recollida de alegacións. A campaña remate este sábado 1 de marzo, coa instalación dunha mesa pública ante a delegación da Consellaría de Medio Ambiente, de 11h30 a 12h30 horas, onde se recollerán as últimas sinaturas de cidadáns. A asociación confía en que este novo exemplo de presións social acelere a promesa do executivo de iniciar o traslado do complexo. Segundo a APDR, a Xunta mantén na actualidade unha actitude "timorata" ou mesmo "de sometemento aos intereses empresariais".
Contra ENCE/ELNOSA lévanse recollido nestes 20 anos, polo menos igual número ou superior ó de habitantes da vila.
As asinaturas non sirven para nada, salvo no que se presiona ás institucións, éstas incapaces, na sociedade do capitalismo, de salvagardar os dereitos básicos da población nin a sua saúde!
Estou de acordo con Ecoe.
Aquí en Ferrol levamos 8 anos esperando que a xustiza dite sentenza (véxase o Tribunal Supremo) sobre a planta de gas licuado de Reganosa, e as institucións nin se lles oe. Soamente din que a planta ten "todos os permisos". Nos mitins das eleccións non se falan da xustiza. ¿Pode un estado de dereito permitir que un pobo que se lle pisaron os seus dereitos constitucionais teñan que esperar ata 10 anos para que se lles atenda? ¿Que clase de xustiza é esta?
Eu e moitos da ría de Ferrol pensamos votar en branco. Non queremos políticos de "todo a cen". ¡XA ABONDA!
ë que sinxelamente o sistema, a sociedade capitalista disfrazada de democracia occidental, é INCAPAZ de atinxir, atender e cumplir, cos dereitos básicsos da población. (Só o consigue na propaganda, mais a realidade...)
O voto en branco, sin meterme para nada en opcións políticas, favorece bloque maioritario, pois CONTA, engordando (os emitidos)o número polo que dividir os votos acadados.