Adega cre que os populares pretenden retomar o texto aprobado in extremis polo anterior Goberno, "que agredía a Rede Natura de forma total e absoluta".
Cabo Corrubedo, unha das zonas afectadas polo Plan Acuícola / Google Maps
O voceiro de Pesca do PPdeG, Xosé Manuel Balseiro, ofreceulle este mércores ao BNG que deixe a "política barata" e se una aos populares no Parlamento para botar abaixo o Plan Acuícola da Xunta e consensuar un novo. O coordinador de organización de Adega, Martiño Fiz, criticou o ofrecemento: "Non vai no fondo da cuestión que plantexamos nós: a redefinición do Plan Acuícola". Segundo Fiz, o PP o que defende é a volta ao plan do anterior Goberno, que ameazaba aínda máis a Rede Natura. "A postura do PP non coincide cos ecoloxistas", engadiu.
No referente á intención de levar o Plan perante a Xustiza se se chega a aprobar, Martiño Fiz explicou que é unha máis das medidas que teñen pensado poñer en práctica. Volveu criticar o "anuncio electoralista" feito esta semana pola Consellaría de Pesca de reducir o proxecto inicial e dixo que "non vai rematar coas protestas", que asegurou que seguirán despois das eleccións do domingo. Fiz cualificouno de "caramelo que non vai ao fondo do problema": apartar as piscifactorías da costa, que instalen depuradoras e que non afecten aos espazos protexidos.
Sobre as afirmacións do voceiro da plataforma medioambiental de Corrubedo, Manoel Santos, que criticou por "feble" a postura do BNG fronte ao PSdeG arredor do Plan Acuícola, Fiz dixo que "son declaracións dun compañeiro que está na nosa loita connosco e non temos nada que engadir".
O PP ecolixista e facendo pactos con BNG?
O q fai a desesperación política de saberse perdedores!
Pois agora mais ca nunca hai q darlle a estocada final.
OLLO Tino!
Que aquí en Ferrol o BNGas e o PP pactaron o voto nun pleno municipal para non recorrer un contencioso sobre a planta de gas.
Logo de seis anos de oposición á planta o BNG traizoou aos seus electores pactando co PP. Hai que ver!
Ollo co dato.
PLANTA DE GAS FORA DÁ RIA
As democracias obrigan a apandar co feito polos anteriores governos:
-O BNG fixo o q tiña q facer no seu dia, oporse á implantación desa rregasificadora na ria propoñendo outros lugares. O resto dos ppartidos creárona e apoiárona.
-Q facemos agora co morto? Pagarlle indemnizacións multimillonarias para q se translade? Q Consellerias kedarian valeiras de contido e orzamento?
O q hai é o q hai e devese xestionar da mellor maneira.