Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PREDICIÓNS

Un astrólogo ruso prevé unha grave crise nos EUA

Segundo Pável Globa, Hillary Clinton será a presidenta 44, número fatídico. O seu lugar como potencia ocuparao Brasil.

Redacción - 19:20 05/03/2008
Pável Globa, na súa web

Pável Globa, na súa web

O astrólogo ruso Pável Globa, ao parecer moi recoñecido no seu país, fixo varias predicións moi transcendentais para o futuro inmediato da política mundial. Así, prognosticou que Hillary Clinton será a vindeira presidenta dos EUA, pero co seu mandato comezará a decadencia do país norteamericano como potencia mundial.

Un sinal importante pode ser o feito de que Clinton é do signo zodiacal do Escorpión, que terán un ano de victorias no 2008. "Ademais, para o Partido Demócrata os anos da rata, como o presente, sempre foron moi favorábeis", asegurou o astrólogo. Porén, o comezo do mandato da primeira presidenta dos EUA coincidirá cunha forte crise.

"Para sempre, os EUA deixarán de ser potencia e no continente americano ese lugar ocuparao Brasil", asegura Globa, que lles recomenda aos rusos mercar inmóbeis no país lusófono. O astrólogo afirma que o número 44 é unha cifra fatídica para os Estados Unidos e que, en canto comece o goberno do 44º presidente o dólar caerá "e deixará o país ao bordo da miseria". O adiviño xa prognosticara o ao pasado que o vicepresidente ruso, Dmitri Medvedev, sería o candidato oficialista á presidencia do país.


0/5 (0 votos)


Comentarios (4)

Afonso_ch #1 5/Marzo/2008 Afonso_ch

Vaia oh, agora Vieiros vem-nos informar do que pensa un astrólogo ruso.


E a Aramis Fuster e companhia que opinam disso?

Vou ir consultar o oráculo.....

Afonso_ch #2 5/Marzo/2008 Afonso_ch

E digo-vos mais uma coisa:
-como o petróleo continue a subir vai haver problemas.

E olhinho comigo que já o ano passado pronostiquei que se deixas o leite fervendo reberte.
Para que logo não se diga que não avisei!

BonKarallan #3 5/Marzo/2008 BonKarallan

Eu tamén quero prognosticar:

- Se Hillary Clinton gaña, será unha muller pública. De feito xa o é.

- O próximo día 9 de marzo vai ser domingo e o día seguinte luns.

- E a derradeira: A ese astrólogo ruso Globo, moi coñecido na súa casa ás horas para comer, prognostícolle que o van a "Putinear", de feito eu xa o estou facendo.

lostrego #4 7/Marzo/2008 lostrego

Foi falar de viño o mais borracho... poden ter unha crise os EEUU, mais este home esta a vivir nun pais que leva moitos anos de crise
cales son os seus augurios con respecto a Rusia?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: