Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A RESACA ELECTORAL

Mariano Rajoy pelexará por seguir na presidencia do PP español

O líder da dereita estatal anunciou este martes a súa intención de dar batalla non congreso que a formación celebrará o vindeiro mes de xuño.

Redacción - 18:30 11/03/2008

O actual presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, quere seguir na primeira liña política. O máximo dirixente conservador anunciou este martes no Comité Executivo do seu partido que vai optar á reelección no vindeiro congreso.

A vitoria do PSOE nas eleccións xerais do pasado domingo abriu fendas no centro-dereita español. Algúns medios de comunicación próximos á formación conservadora puxeron enriba da mesa o debate sobre se o pontevedrés era a persoa idónea para encabezar o proxecto logo de perder por segunda vez os comcios.

(19.35)
Mariano Rajoy compareceu pasadas as 19 horas diante dos xornalistas, pouco despois de que se filtrase que ía seguir plexando por liderar o PP español. Rajoy xustificou a súa permanencia en base "aos bos resultados e porque creo que é o mellor para o PP e para España". O líder conservador non deixou marxe de dúbidas, non só se presenta á reelección como presidente do PP, tamén quere pelexar en 2012 pola presidencia española: "Teño un proxecto político que é un bo proxecto".

Rajoy deixo claro que a oposición da dereita estatal vai ser similar á da pasada lexislatura. O pontevedrés mostrouse convencido de que recolleu "o voto de centro, da dereita e de moitos votantes do PSOE".


5/5 (2 votos)


Comentarios (5)

moradoiro #1 11/Marzo/2008 moradoiro

¡Non hai duas sen tres! Non che queda nada amigo Mariano, tes máis inimigos dentro do partido que fora.

prometeo #2 11/Marzo/2008 prometeo

Se a oposición vai a ser a mesma ca pasada lexislatura, xa pode ir preparando a do 2016.

BonKarallan #3 11/Marzo/2008 BonKarallan

Con quén?
con Rouco ou con Ana Botella?

É o derradeiro suspiro do moribundo.

Galegazo #4 11/Marzo/2008 Galegazo

Pobre,a min ata me está empezando a dar pena o rapaz...

Picheleiro #5 11/Marzo/2008 Picheleiro

Teño que recoñecelo. Estou contento por que tomara esta decisión. Se non fora así, ao mellor pasaba como co vello e viña xubilarse a Galiza. Que o aturen os madrileños.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: