Diante de dous mil militantes e simpatizantes, o presidente dos populares galegos celebrou que se presente á reelección.
O líder da dereita estatal anunciou este martes a súa intención de dar batalla non congreso que a formación celebrará o vindeiro mes de xuño.
O presidente do Partido Popular asegurou nun acto preelectoral en Santiago que o seu é "o partido de Galiza".
O bilingüismo "en liberdade" do presidente do PPdeG admitiría a metade de materias en galego, malia que pediu esperar.
Dos resultados de marzo dependerá que se afiance ou embarre o Estado en construción. O PP promete parar a vía federalizante pola que o PSOE xa non tira. Os nacionalismos sufrirán a ameaza dun novo bipartidismo. Como interpretalo dende e para Galicia? Facemos catro preguntas abertas a Beatriz Sestayo, José Antonio Portero Molina, Alba Nogueira, Pablo González Mariñas, Pedro Puy e Marta Álvarez.
Na súa visita a Bos Aires, o candidato presidencial do PP, Mariano Rajoy, sinalou que en caso de chegar á presidencia o vínculo con Iberoamérica será unha prioridade "central" da súa política exterior. E prometeu máis dereitos para os descendentes de españois.
O presidente do goberno español, Rodríguez Zapatero, ironizou co feito de que "un de León" apoie máis o galego que un de Pontevedra.
Que o goberno español rexeite unha iniciativa autonómica que, como a de Ibarretxe, cae fóra do ordenamento legal, non debería estimular mecanicamente, segundo Damián Villalaín, acusacións de "nacionalismo español".
"Todo iso non lle importa a ninguén", comentou o presidente do PP, citando ademais do himno a proposta para a galeguización de lápidas ou o posíbel axuste da hora galega ao fuso horario correcto.
Unha vez que Rajoy saturou o seu discurso de obscenidades políticas, que se substanciaron en regalarlle a ETA o protagonismo no último debate sobre o estado da nación, Zapatero aproveitou para abastecerse de osíxeno. Entrara no hemiciclo á baixa, e saíu del vitaminado. Adiantamos os editoriais do número de xullo da revista TEMPOS Novos.
Mariano Rajoy cualificou de "caduca" a lexislación electoral actual e Alberte Núñez Feijoo laiouse do que definiu como "sometemento a forzas minoritarias".
O conxunto dos grupos parlamentarios no Congreso, alén do PP, aparcaron a lea antiterrorista nos discursos. Non haberá apoio para a petición dos populares de que se fagan públicas as actas das xuntanzas do executivo coa ETA.
Cos socialistas insinuando que promoverán unha resolución sobre o asunto do terrorismo baseada no "consenso" e os populares usando a ETA como principal clave do debate, comeza este martes no Congreso o "Debate sobre o Estado da Nación".
O presidente do PP quitoulle este luns o protagonismo aos candidatos do seu partido en Galiza, cun discurso onde tiveron espazo as referencias a Euskadi, Marbella ou Canarias.
Zapatero e Rajoy coinciden no acto de inauguración do monumento ás vítimas logo da convocatoria popular en contra da política antiterrorista do executivo.
A Galería Sargadelos de Ferrol acolle a presentación do último libro de Gloria Sánchez e Xan López Domínguez. O libro infantil presentase o sábado 6 de marzo ás doce e media da mañán.
O Conselleiro de Xustiza, Xesús Palmou estivo o xoves 25 de febreiro en Ferrol para presidir o acto de colocación da primeira pedra das obras de ampliación dos xulgados de Ferrol. O Conselleiro estivo acompañado polo alcalde de Ferrol e polo Presidente do Tribunal Superior de Xustiza.