Eliot Spitzer, que antes de ocupar o cargo desmantelara varias redes ilegais, foi gravado o mes pasado cando concertaba unha cita cunha meretriz.
O gobernador de Nova York, o demócrata Eliot Spitzer, presentou esta cuarta feira a súa renuncia ao cargo, que será efectiva a partir do luns, tras se facer público que contratou os servizos de prostitutas de luxo durante o seu mandato.
"Dimito do cargo de gobernador de Nova York", declarou Spitzer nunha breve comparecencia ante a prensa en Albany, capital do estado, precisando que, para facilitar a transferencia do poder, a renuncia "será efectiva o luns 17 de marzo".
Spitzer expresou o seu "agradecemento" á súa familia pola súa "comprensión" tras coñecer os feitos, e os seus "remorsos" polo ocorrido. Así mesmo, defendeu a importancia de "asumir a responsabilidade" dos actos de cada un, e pediulles "desculpas" aos seus electores "por non cumprir coas súas expectativas".
'Ir mallar e vir mallado'
O gobernador de Nova York foi gravado o mes pasado mentres acordaba unha cita cunha prostituta pertencente a unha rede chamada Emperors Club VIP nun hotel de Washington, segundo publicou o diario The New York Times, que citou a unha fonte relacionada coa investigación federal.
Cando dirixía a unidade contra o crime organizado do estado, antes de ser elixido gobernador en novembro de 2006, Spitzer actuou contra polo menos dúas redes de prostitución.
Fixádevos como a muller coa mirada estao executando. Coa máquina esa que le o que o cerebro ve, vese que lle está dicindo:
¡¡Fódeche cabrón!!
hostia, logo tampouco podo postularme eu para eses cargos anque carezo do número do emperors club...
decía ben aquel persoaxe, lepinski, de rubem fonseca: a concupiscencia acabou cos sodoma, con gomorra, co brasil e cos estados unidos. e con ourense, apuntaría ahora.
Oín onte na tele que pagara 4.000 dólares por deitarse cunha prostituta.
Xa só, por malversación de fondos debería de estar detido. E a pro$tituta con eses soldos seguro que vai para $enadora.
Cando hai moito diñ€iro por medio, ata a familia $-compréndeche-$.
Queimar diñeiro está prohibido e este fundiuno.
Se era seu, seguro que o gañou de xeito fácil e posiblemente de forma corrupta, pois se non non llo gastaba tan alegremente.
vaia ho, xa non funciona a web de esta interesante e lúdica proposta estadounidense, pero leo por ahí tarifas de até 31.000 dólares ( seven diamonds ) por unha faena diaria; cecais para os bolsillos pobres coma o meu e da maioría dos vieroadictos é unha minuta un tanto exacerbada, pero vendo o que teñen para ofrecer ó hipotético cliente ( http://www.huffingtonpost.com/... ), entendo que é unha proposta moi glamurosa e de fondo contido en lubricidade para cidadáns ben acomodados, como o ahora difunto victoriano reinoso que, según comentario popular, non soportou os embites e embates de ivonne reyes na virxinal cama do maría pita con vistas ó mar de riazor.
un día de estos cumpría abrir aquí nos vieros un debate acerca de como os nosos políticos gañan e gastan os cartos da comunidade. seguro que nos topábamos con máis eliot spitzer pátrios do que a algún ( e algunha, que hai moita esposa abnegada que cree que o seu paco esta a levantalo país ) lle gustaría. hasta me debe quedar no pen drive ou na xd que levo no bolso algunha foto de correrías en compaña de persoaxes públicos dende o magnífico osiris de valdeorras até o ateigado peinador vigo pasando polo outrora popularísimo huracán de benavente ou polo exquisito pigmalión da capital do reino.
pero non son os cartos investidos ou queimados na chingueta o que me preocupa nin o que debería despistar ós electores e contribuíntes. máis vergoñentos son os gastos, a todas luces inxustificabeis, cós que se premia a membros dos partidos o nomealos como cargos de " libre designación ", tales como asesores de presidentes de trasnoitadas deputacións ou de alcaldes de infumable traballo en ínfimos vilorrios. eso, acompañado do escándalo xa ben público e constatado, do famoso plus dos altos cargos, danos unha imaxe ben inmoral da actvidade política e da actuación mafiosa dos partidos que dicen representarnos e ser os alicerces de esta santa democracia.
son pois, éstas actitudes, a auténtica pornografía, a auténtica luxuria, a auténtica violación de homes, mulleres e nenos. e non hai grupo ou entidade que se salve. o entarimado da sociedade básase na corrupción, no roubo e no escalo. de ahí que me sinta sombrío pola inxente marea de férreos hooligans que acudiron a depositalo voto por toda esta manga de ladróns e aproveitados o pasado día nove.
prostitución? os nosos políticos sí que son putas. e carísimas, por certo, cun retorno de placeres e feitos nulos en absoluto para o cidadán.
e ana botella sen denunciar estes excesos, concentrada en salvar corpos e almas das moradoras da rúa montera !!!
fixo ben, por dar traballo a quen o merece. uns viven da cara e criticamolos, outros viven de un traballo bon e non os deixamos traballar.
ser unha puta de luxo non é facil, é mais facil ser puta de club, onde che fan algo, as de luxo teñan que aceptar o que queira o dono dela. eu seino ben, teño moita esperiencia nisto.
forza gobernador, animo, os cartos son o primeiro
A min non me preocupa se se dedicaba "as titis que venden o seu corpo", o que me preocupa e o seu fariseismo e a súa hipocresía, xa que este predicador aplicaba a consigna de "fai o que eu predico e non fagas o que eu fago!.
Vaia farsante!!!
De farsantes como este está lleno San Caetano...
Algunos, al tiempo que decían estar defendiendo a la mujer, la explotaban miserablemente como empleada de hogar...¿verdad, Antoñito?
Da-me a mim o corpo que Feijooy,
vai ser tão presidente como Rajooy...
CuÑÑÑaoo!!!! Que parelha :-)
De farsantes como este o de ex-concelleiro do PP de Baleares.
http://www.lavozdegalicia.es/e....