Advirten de que, se non hai presión internacional, a China pode causar un masacre no país tibetano.
A represión do exército chinés sobre a poboación tibetana saldouse con, entre dez mortos, que confesa o goberno da China, e máis dun cento, das que fala o goberno do Tíbet no exilio. O exército chinés controla Lhasa, a capital do Tíbet, e advertiulles aos manifestantes que se non abandonan as protestas antes do martes serán castigados.
O goberno chinés tenta bloquear a información sobre os feitos que están a acontecer no Tíbet prohibindo a entrada dos xornalistas, cancelando os voos e interrompendo parcialmente os servizos de telecomunicacións. Porén, algúns estranxeiros puideron contactar con habitantes tibetanos para saber o que está a pasar. Segundo informa Vilaweb, unha desas persoas é o director do Observatori del Tibet i Àsia Central, Josep Lluís Alay, quen afirmou que "se non hai presión internacional, hoxe pode haber unha matanza en Lhasa".
Alay asegura que Beixín sopesa facer unha intervención militar no Tíbet, e que o único que o poderá impedir e a presión política e mediática internacional: "Para o goberno chinés, os Xogos Olímpicos son sagrados, é o seu proxecto máis importante nos últimos dez anos, e non se pode permitir que queden afectados". Noutro caso, o exército podería intervir se se produce o apagamento informativo.
TIBET CEIBE!
Independencia e socialismo.
Tibet ceibe, claro, pero en calquera caso que non volva a teocracia escravista do Dalai Lama.
Iso, a gobernar o Dalai Lama, que para iso o escolleu o creador do universo. E os tibetanos, que volvan ser servos seus, que vai ser isto.
...será o que os tibetanos queiran ¿non? que por iso están loitando...
E presión ten que comezar por boicotear os Xogos Olímpicos. Se se fixo con Hitler pola invasión de Polonia por que non cos ditadura chinesa?
http://casdeiro.info/boycotts/...