Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ducias de mortos no Tíbet

O COI cala sobre o xenocidio e fala de "tensións" na "rexión tibetana da China"

O Dalai Lama denuncia "o xenocidio cultural" pero propón que non haxa boicot olímpico. Mentres, seguen as agresións dos militares chineses sobre os manifestantes tibetanos.

Redacción - 09:00 17/03/2008

A poboación do Tíbet non sufría unha vaga de violencia similar desde finais dos anos 80, e vive agora o que segundo o Dalai Lama forma parte dun "xenocidio cultural". O líder espiritual afirmou esta fin de semana que "a nación tibetana enfróntase a un serio perigo, e aínda que China o admita ou non, temos un problema".

Un voceiro oficial do goberno tibetano no exilio aseguraba este domingo que cando menos se atoparan os corpos de oitenta tibetanos asasinados polas forzas da ocupación chinesa, ademais de haber ducias de feridos. O colectivo Amnistía Internacional solicitou que as autoridades da China permitan unha investigación independente coordinada polas Nacións Unidas, pediu a actuación do Consello de Dereitos Humanos da ONU e denunciou as restriccións impostas aos observadores internacionais.

Por outro lado, o Dalai Lama volveu facer un chamamento á comunidade internacional contra o boicot dos Xogos Olímpicos de 2008, que se celebrarán na capital chinesa. Segundo o líder tibetano, os países asistentes "teñen a obriga moral de lembrarlle a China que como anfitrión dos Xogos debera cumprir cunha serie de obrigas". Con todo, subliñou que China gañou o dereito a organizar o evento olímpico e pediu que non haxa boicot. Por parte do Comité Olímpico Internacional só se emitiu unha breve valoración na que simplemente di compartir "o deseño mundial dunha resolución pacífica das tensións dos últimos dúas na rexión tibetana da China".



2/5 (4 votos)


Comentarios (7)

BonKarallan #1 17/Marzo/2008 BonKarallan

E que vai dicir, se a caza e matanza do tibetano non é un deporte olímpico.

Seica non houbo xogos olímpicos na Alemaña nazi con Hitler?

O diñeiro é o deporte rei e con iso non se xoga. Así que cala olímpicamente.

Lead_bocas #2 17/Marzo/2008 Lead_bocas

As axencias (CIA, Mossad, CNI...) sempre mudan a súa linguaxe dependendo do país e do grupo que exerce a violencia da que falen: así o mansiño "manifestante tibetano" convertirase en "grupo ultranacionalista serbio" no Kosovo. O caso é alimentar "con todos os medios" a bicha da violencia cando e onde interesa.

Liberdade para o Tibet !!!
O Dalai Lama tamén debe pagar polos seus crimes !!!

mceleiro #3 17/Marzo/2008 mceleiro

Que o capitalismo chinês quite as suas sujas maõs do Tibet!
Que o Tibet seja independente e socialista (de verdade)!
Que o Dalai Lama e demais nazis tibetanos se reencarnem em boas pessoas!

xaviersouto #4 17/Marzo/2008 xaviersouto

¡FREE MESOIRO! ¡FREE MONTEPORREIRO! ¡INDEPENDENCE FROM DRUG TSARS RULE!JOIN OUR SRTEET FIGHT (KALE BORROKA)

Sabrexo #5 17/Marzo/2008 Sabrexo

Interesante versión sobre a historia do Tíbet, afástase bastante do que din os medios de comunicación comerciais:

http://www.rebelion.org/intern...

pampeiro #6 18/Marzo/2008 pampeiro

Maila que non comparta a súa idea dun estado teocrático o Dalai Lama ten razón cando fala dun ¨xenocidio cultural¨ no Tíbet.Mceleiro,non sei que ten que ver o Dalai Lama cos nazis.Para min é como o rei da España ou como o Papa Ratzinger.Alguén que non ten que contar conmigo se quere reverencias estúpidas dalguén.

xaviersouto #7 18/Marzo/2008 xaviersouto

Pois tem a ver que, por exemplo, os nacionalistas lituanos, letões, fineses, húngaros, eslovacos, croatas, cosovares, bósnios, chechenos, bretões, etc., todos eles foram aliados dos nazis, e ainda hoje têm simpatia por e vindicam a estes políticos do passado como heróis, por isso não é nada raro dizer que têm tendências a glorificarem esses ideais nacional-socialistas. Por outro lado, é manifesto que estes movimentos secesionistas são homologáveis internacionalmente só porque suas credenciais “democráticas” e seu direito de “ser” estão garantidas pelas potências ocidentais e pela Otan, quando estes não reconhecem esse mesmo direito de portas adentro, muito menos no caso de que um pais queira deixar a chamada “economia de mercado”, o qual converte toda a situação num cenário de guerra fria no qual as batalhas se livram por atores interpostos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: