"Hai que poñer caras novas", explica o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, ao respecto dos cambios pendentes a nivel local.
Serán "axustes" en todas as provincias, segundo recoñeceu o presidente do PP en Galiza, Alberto Núñez Feijoo, en entrevista nos micrófonos da RNE. Núñez Feijoo destacou que diante do proceso que vén na formación, o presidente do PP ourensán, Xosé Luís Baltar, puxo o seu cargo "a disposición" do partido, logo de ser Ourense a provincia onde maior descenso experimentou o PP nos comicios do 9 de marzo. Do mesmo xeito, salientou tamén a outra promesa de dimisión, a de Xoán Juncal, presidente do PP coruñés, aínda que neste caso a proposta de renuncia non a realizou Juncal por vía interna, senón "a nivel mediático" e condicionando o seu propio relevo ao nomeamento de Carlos Negreira, líder do PP na cidade herculina.
En todo caso, no que lle toca a Ourense, Alberto Núñez Feijoo dixo que Xosé Luís Baltar "segue sendo un activo e contando" no PPdeG. Así, indicou Feijoo que "a renovación non vai pasar por quitar a un membro, pois hai moitos presidentes locais que teñen o seu proxecto esgotado e hai que poñer caras novas". O líder do PP galego avanza así un proceso de cambios que comezará por abaixo e irá cara a arriba, sendo o propio Baltar o último chanzo a modificar, nun proceso onde a dirección actual do PPdeG aspiraría a tomar á fin o control do sector do partido que máis por libre se moveu até o de agora.
O que estan e preparando o terreo para un futuro desembarco do fracasado Rajoy en Galiza, como moi tarde nuns dous anos.
E para isto teñen que rematar con todo o que cheire a "galeguismo", boina, baltarismo,etc.
Coma todos sabemos o PPdeG se convertiu no partido donde se envia para reciclar todo o que sobra en Madrid. Eso e o que teñen en cota a Galiza nese partido, somos un feudo, un lugar donde colocar os seus.
A autonomia do PPdeG de Madrid quedounos clara cando Feijoo tivo que cumplir ordes e vetar o estatuto galego de primeira (a altura do catalan e andaluz).
Por desgraza ainda moitos galegos seguen tirando pedras contra o seu propio tellado. E xa o colmo seria que tiveramos que ser gobernados polo "señor dos hilillos" que deu mostras do seu desprezo pola nosa lingua.