Algúns acusan o ex gobernador da Reserva Federal de provocar a burbulla inmobiliaria no seu país pola política monetaria que aplicou entre 2001 e 2004.
Greenspan presidiu a Fed dende 1987 deica 2006
A crise financeira actual podería ser considerada como a máis grave desde a Segunda Guerra Mundial. Isto é o que pensa o ex gobernador do banco central estadounidense -a Reserva Federal (Fed)-, Alan Greenspan, segundo expón nun artigo publicado este luns no diario económico Financial Times.
"Esta chegará á súa fin cando o prezo dos bens inmobiliarios se estabilice e, consecuentemente, tamén o fagan os prezos dos produtos financeiros ligados aos préstamos hipotecarios", estima o que foi presidente da Fed dende 1987 deica 2006.
No artigo, titulado We will never have a perfect model of risk (Nunca contaremos cun modelo de xestión de riscos perfecto), afirma que esta crise vai provocar "numerosas vítimas", entre as que salienta "o sistema de avaliación de riscos".
Greenspan, o que algúns acusan de estar na orixe da burbulla inmobiliaria en Estados Unidos debido a política de taxas de interese moi baixas seguida pola Fed entre 2001 e 2004, di que "chegará sempre un momento onde a análise de riscos fracasará e provocará unha resposta inesperada e brutal".
Hacia dentro do colapso bursátil mundial, do colapso ecolóxico capitalista global (habemos ver ós negociantes do "desenrrolo sostible" e mira para outro lado) -é a lóxica capitalista da destrucción-.
O conto da globalización era privatizar ata o máximo, reducir ainda máis mundialmente os ingresos dos grupos de menor capacidade económica ó tempo que se multiplica o seu número (incremento proletarización e empobrecimento maioritario), a mentira do libre mercado como "socialismo para ricos" (a alegría para a Banca e os Grandes Propietarios de fortunas)(ZP!!)??
Qué hai de fondo que non estivera xa descrito polos clásicos sociais?
Un chanzo máis: a riqueza creia pobreza. Non será posible facer sobrevivir o capitalismo, mais o capital finaliza o seu ciclo especulativo.
Así me gusta, transmitindo tranquilidade á xente agora que xa non estás ao mando da FED.
Mentres Bush gástese todo o diñeiro en bombardear Iraq e uns cantos gobernadores volo gastedes en putas, estavos ben merecida a crise.