En 2007 xa o fixeron un total de 115. En 2003 tan só o facían 15 das 440 adscritas ás cinco denominacións de orixe do país.
O Parlamento manifestou este martes o seu apoio á campaña Deixa que o viño fale de etiquetaxe de viños en galego. A presidenta da Cámara, Dolores Villarino, lembrou que 115 adegas xa etiquetan actualmente na lingua do país e outras 24 comezarano a facer na colleita de 2008.
No acto, que se desenvolveu no Salón dos Reis do Parlamento, tamén estiveron presentes deputados dos tres grupos, numerosos adegueiros, e representantes dos entes impulsores da campaña: o presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Xoaquín Monteagudo, a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, e o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal.
Na súa intervención, Dolores Villarino sinalou que en 2003 só eran 15 marcas dun total de 440 adegas adscritas ás cinco denominacións de orixe de Galiza as que o facían. O obxectivo é que "mañá sexan aínda máis as que se comprometen a levar a lingua galega con elas", expresou.
A presidenta do Parlamento salientou que o galego representa "un factor positivo de mercado". "É rendíbel, tamén no mundo empresarial", apuntou. Neste senso, animou aos sectores produtivos a que se unan a este tipo de iniciativas, e expresou a máxima vinculación da Cámara.
Villarino resaltou, ademais, a boa acollida da campaña e a implicación dos adegueiros, que considerou de "especial relevancia" para a defensa e normalización do uso do galego. "Este acto consolida a alianza estratéxica entre as adegas e a nosa lingua, grazas á cal o galego é presentado en todo o mundo", afirmou.
Identificación coa terra
Pola súa banda, o vicepresidente de Adegas Martín Códax, Ramón Barral, destacou en nome dos adegueiros que o viño é "un dos produtos máis identificados coa terra", tras o cal sentenciou que "ninguén dubida de que o viño galego debe falar galego".
Barral subliñou que "o viño e a lingua levan moitos anos camiñando xuntos" e advertiu de que a utilización da lingua "é máis que unha opción, é unha esixencia". Finalmente, explicou que o uso do galego na etiquetaxe "demostrou ser un exercicio de coherencia e unha estratexia comercial axeitada".
Nooooo por diooooos. Puede traumatizar a los miembros de Galicia Bilingue, o peor, que dejen de beber vino!
Porque eu acho que pelo menos a sua vozeira bebe bastante....
........ummmmmmmm, se non fora polas subencións tamén o farían......
Deixa que o viño fale...polos cóbados. Que fale dobre.
Xa estou vendo os titulares de La Razón, ABC, Faro De Vigo e Libertad Digital.
"El Bloque coacciona la alibertad lingüistica de los bodegueros" "Primero las misas, ahora el vino y si pudiesen, también galleguizaban las sagradas formas"
Seguro que sae Aznar comentando o asunto, como cando o mesturou co da velocidade na estrada e a "libertad"...
http://www.juicioaaznar.net
A Aznar haveria que dizer-lhes: "Y quién te ha dicho a tí que quiero que opines por mí? Es más: para qué cojones opinas?"
Borrachos de razón?
De 440 (100%) adegas SÓ "perto" de 140 (32%) van etiquetar este ano os seus viños na lingua propia do territorio: o viño galego fala maioritariamente, máis do 68%, en lingua allea! Coma para emborracharse!
"O obxectivo é que "mañá sexan aínda máis as que se comprometan a levar a lingua galega con elas"".
A presidenta do Parlamento tamén fala, e como fala sen estar borracha! Amosa con clareza que para ela o do uso do galego na Galiza tamén vos é algo voluntario ("que se comprometan"), ignorando o réxime de obrigas e dereitos lingüísticos vixente: na Galiza na súa lingua territorial propia coma en Castela na súa, sen prexuízo de usarmos excepcionalmente linguas alleas, coma en Castela!
Non só lle vos hai que deixar falar ó viño, senón que é necesario que o viño fale con clareza: máis do 68% dos adegueiros galegos seguen a violar o ordenamento xurídico vixente e aplicábel en materia de dereitos e obrigas lingüísticas na Galiza ... cos parabéns de institucións coma o Parlamento da Galiza!
Con todo, que esa violación de dereitos sexa de máis do 68% suponvos un avance respecto do ano 2003 con máis do 96% de violación; mais, séguenos pondo de releve o secuestro do estado de dereito en materia de dereitos e obrigas lingüísticas. Secuestro que realizan, entre outros, institucións coma o Parlamento da Galiza.
Neste contexto de violación sistemática do estado de dereito por parte dos seus órganos máis senlleiros évos moi de agradecer a iniciativa da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística animando a deixar falar o viño.
"Barral ... advertiu de que a utilización da lingua "é máis que unha opción, é unha esixencia"."... comercial ou XURÍDICA? Non vos vai desencamiñado Ramón Barral, mágoa que os do politicamete correcto non se decaten!
E xa vai sendo hora de que a cervexa se etiquete tamén en galego: "ESTRELA DE GALIZA" igualiño que en Portugal.
Ademais vendería máis.
Por favor Vieiros trasladade a miña petición aos fillos de Rivera e enviádeslle o meu artigo sobre a súa cervexa de open Vieiros.
http://www.vieiros.com/open/am...
Lamento que esto non sexa comentado polo gaivoto, mais seguro que o verá. Non te preocupes polo etiquetado, xa sabes que pasado un rato non te enteras e non sabes se está en galego ou en calabrés, jejeje
http://www.blogoteca.com/en_ga...
pouquiño a pouco vaise normalizando o galego no viño.como sigamos así até o ano 3000 o galego non estará normalizado.
O que vexo con claridade é a Bieto Lobeira e ó ínclito Suárez Canal (na foto) darlle con gusto ó albariño (ou será ribeiro)...
Mentras sacan un anteproxecto de Lei Integral en materia de drogodependencias e outros trastornos aditivos que nos vai poñer a todos ó borde do delirium tremens cando a leven adiante!
http://www.sergas.es/MostrarCo...
Cada día que pasa entendo menos porque lles pagamos os salarios a esta peña de falabaratos!
Xa sabedes que o Banco de Terras S.A. ten que mudar de nome e reformar os seus estatutos pasando a chamarse BANTEGAL S.A.?
Deberon decidir o nome despois de rematar coa botella...!!!
O que vexo con claridade é a Bieto Lobeira e ó ínclito Suárez Canal (na foto) darlle con gusto ó albariño (ou será ribeiro)...
Mentras sacan un anteproxecto de Lei Integral en materia de drogodependencias e outros trastornos aditivos que nos vai poñer a todos ó borde do delirium tremens cando a leven adiante!
http://www.sergas.es/MostrarCo...
Cada día que pasa entendo menos porque lles pagamos os salarios a esta peña de falabaratos!
Xa sabedes que o Banco de Terras S.A. ten que mudar de nome e reformar os seus estatutos pasando a chamarse BANTEGAL S.A.?
Deberon decidir o nome despois de rematar coa botella...!!!
O que vexo con claridade é a Bieto Lobeira e ó ínclito Suárez Canal (na foto) darlle con gusto ó albariño (ou será ribeiro)...
Mentras sacan un anteproxecto de Lei Integral en materia de drogodependencias e outros trastornos aditivos que nos vai poñer a todos ó borde do delirium tremens cando a leven adiante!
http://www.sergas.es/MostrarCo...
Cada día que pasa entendo menos porque lles pagamos os salarios a esta peña de falabaratos!
Xa sabedes que o Banco de Terras S.A. ten que mudar de nome e reformar os seus estatutos pasando a chamarse BANTEGAL S.A.?
Deberon decidir o nome despois de rematar coa botella...!!!
Desculpas polo tembleque... sería o viño !!!
Así como a foto de arriba pode ser un botellón de xente fina con Albariño, Ribeiro ou Godello, a copa de abaixo parece de auga.
Eu á foto de abaixo poríalle:
"Deixa que a auga se converta en viño"
Interessante a ligação que deixou Erasmo.
Assim que agora os universitários não vão poder tomar uma cervejinha na cafetaria da faculdade. Depois la cruzada antitabaco agora a lei seca. Dentro de pouco não se vá poder dar um beijinho, que pode conduzir à violência de género.
Proibir e proibir, e pouco educar aos consumidores e controlar aos produtores. Que pode atrair mais que o proibido!
Com a lei esta que nos deixou Erasmo os da foto estariam fazendo algo ilegal, bebendo alcool num espaço público.
Yo no pienso comprar vino etiquetado en gallego.
Pois seguro que vão notar o teu boicote.
Cado vez síntome máis perdido neste país. Resulta que é obrigatorio etiquetar en castelán por lei, todo un exercicio de libertade, pero hai unhas semanas vin nun supermercado un bote de mel só en galego, despois comprei no mesmo supermercado un iogurt coa embalalaxe con texto só francés (menos mal que iogurt é parecido en francés)...e agora estas etiquetas de viño irán en dúas linguas? eu xa vexo etiquetas de viño en galego, e realmente desde sempre, en galego de Portugal, non sei cal é a novidade..estou perdido