Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Négaselles aos pais o dereito a participar"

O PPdeG volve denunciar o "afán ideoloxizador" das galescolas

Os 'populares' aseguran que estes centros non contan con consello escolar, ignorando un dos "principios fundamentais" da LOE.

E.P. - 14:48 22/03/2008
"A participación dos pais podería reducir a súa carga ideolóxica"

"A participación dos pais podería reducir a súa carga ideolóxica"

O PPdeG, por medio da súa voceira de Educación, Manuela López Besteiro, denunciou que os centros da Rede de Escolas Infantís, as galescolas, non contan con consello escolar, "malia que a Lei Orgánica de Educación (LOE) obriga a iso". Ao seu xuízo, este feito débese ao "afán ideoloxizador" da Vicepresidencia do Goberno.

López Besteiro insistiu en que a Xunta "ignora" un dos "principios fundamentais" da LOE ao lles "negar" aos pais o seu dereito a tomar parte en decisións como "a aprobación do proxecto pedagóxico", "a admisión de alumnos" e "a selección do director".

Neste senso, a popular sinalou que a participación dos pais nas resolucións dos centros "podería reducir a carga ideolóxica" e "contribuír a neutralizar os obxectivos políticos para os que foron deseñados".


2,4/5 (10 votos)

Comentarios (24)

Sabrexo #1 22/Marzo/2008 Sabrexo

Tiñan consello escolar as (poucas) escolas infantís da Xunta da época de López Besteiro? E agora resulta que tentar que os nenos non perdan o galego é "ideoloxizalos", manda carallo como perverten estes os termos...

Garrano #2 22/Marzo/2008 Garrano

Isto xa é intolerábel, as Galescolas están a ser satanizadas por esta banda de irresposabeis. Eu non gosto da educación que se poida dar nos centros do OPUS e moitos relixiosos e coma min moita outra xente e isto non implica que teñamos que estigmatizar aos que optan por esa educación, nin aos pais nin aos nenos. Non se pode tolerar o linchamento mediatico e estes ataques políticos, pola dignidade dos pais e polos nenos.

rockandroll #3 22/Marzo/2008 rockandroll

há um claro problema de filhodeputitis no PP que se curará dando-lhes nabo trás nabo nas eleiçons e também respondendo-lhes na rua..a ver, a ver...esses de GB que saiam do furado se se atrevem.

Gaviotero #4 23/Marzo/2008 Gaviotero

Las galescolas son granjas nazis. Con Z de Zapatero. Los que se niegan a condenar el nazismo tienen ahí su caldo de cultivo propicio.

Los demás llevaremos a nuestros hijos a escuelas donde los eduquen, no donde los ideologicen.

Majorinus #5 23/Marzo/2008 Majorinus

Granjas de que? Patos, coelhos...?

spider #6 23/Marzo/2008 spider

Nazi es ti... pallaso!

spider #7 23/Marzo/2008 spider

Fuches visitar moitas, non si gaviotero.. pois non fales do que non sabes. Xa sabemos o idiotizado digo ideolixados que sairá a túa prole.

Garrano #8 23/Marzo/2008 Garrano

O que di Gaviotero sería unha anecdota se non fora porque desde a COPE, Popular TV, Radio Intereconomía e outros medios estiveran a dicir o mesmo. Paremos a cedea do odio!

Sabrexo #9 23/Marzo/2008 Sabrexo

Ese discurso valeralles para conseguir votos en Murcia, mais en Galiza téñeno claro.

Garrano #10 23/Marzo/2008 Garrano

Paremos as cadeas do odio! Non máis dereitos de emisión para os media anti-galegos e xenófobos coa nosa cultura.

Albert #11 23/Marzo/2008 Albert

Agora que falan dos media... en que quedou as concesións de canles TDT na Galiza? Recordo que Fraga, xa perdidas as eleccións e estando en funcións concedeu a licenza á COPE para a súa canle, aínda que Filmax ofrecía máis contidos propios, máis empregados e máis uso do galego. Aínda lembro que o bipartito ó chegar dixo que revisaría esas concesións, pero nunca máis se soubo. Se alguén sabe algo gustaríame sabelo.

xel #12 23/Marzo/2008 xel

Non tén que sentar mal a crítica constructiva á organización das galescolas, mais o PPdeG está desenvolvendo unha hostilidade á educación na nosa lingua sómentes comprensible se a sua labor é a de seren os cipaios ao servicio do nacionalismo espanhol, tanto lle tén revisar o regulamento con lente de aumento, que apoiar organizacións cavernarias. Hai que tér cachaza para chamarse galego e saber que as túas expectativas de medrar electoralmente pasan por dár pulo ás aspiracións dos que queren asasinar a lingua galega, darlle pasto a economias que adoctrinan en que somos merda e por eso temos que ser sumisos a ver se nos dán esmola... Hai que tér cachaza para ganharse a vida asasinando a cultura galega.

BonKarallan #13 23/Marzo/2008 BonKarallan

Home, nos sabía eu que Gaviotero tivese fillos.

BonKarallan #14 23/Marzo/2008 BonKarallan

Ah claro. A nena de Rajoy.

Gaviotero #15 23/Marzo/2008 Gaviotero

Lo que podéis tener por seguro es que no se encontraran con vuestros hijos en esas bazofias ideologizadoras que pretenden ser las "galeskolas"

BonKarallan #16 23/Marzo/2008 BonKarallan

Por certo, en que colexio chos educan? Como non os eduques ti en casa vas de cu.

Dar as clases en galego non creo que sexa inculcar ningunha ideoloxía.

Sabrexo #17 23/Marzo/2008 Sabrexo

Nalgunha desas do Opus, esas que lle gustan ao PP, privadas financiadas con cartos públicos, sen ideoloxía ningunha, claro.

sozinho #18 24/Marzo/2008 sozinho

Benvida sexa toda crítica construtiva da oposición. Que se avance no cumprimento da LOE e da participación da sociedade nas Galescolas!

fouze #19 24/Marzo/2008 fouze

Jai-viotero, Se os parvos voaran tu serias ministro do aire.

rockandroll #20 24/Marzo/2008 rockandroll

Gaviotero...quê teima com os nazis...se o teu querido Caudillo era mui amiguete de Hitler...e o teu querido Ratzinger, foi oficial das SS...

ciberjudas #21 24/Marzo/2008 ciberjudas

Hai que sacarlles os nenos aos seus pais, non sexa que lles inculquen unha ideoloxía.

ecoe #22 25/Marzo/2008 ecoe

Agora resulta que a educación é unha cousa totalmente distinta de calquera ideoloxía. Seguramente emporiso os Estados déixana nas mans de calquera.!!

Como si o currículo oculto nin existira.

Roquinho #23 25/Marzo/2008 Roquinho

É moi bo que comecen a falar de nos nos medios nacionais, con noticias que parecen dar entender que na Galiza o nacionalismo galego, o interese polo noso avanza. Que falen de nos ainda que sexa "ben", é bo que se escoiten chorradas de sectores da nosa sociedade intolerantes ata o ridiculo, é bo que o PPgaita vaia perdendo apoios a medida que a cidadania se vai decatando de que existen outras formas de gobernar, mellorables pero que necesitan tempo para demostar-la súa eficacia. Tras anos de sombra e dificil facer que chegue a luz, pero a medida que se corten os toxos e silvas irase vendo millor. Que critiquen pero que traguen, facendo pobo e asumindo o noso dereito a sernos nos, a sentirnos libremente galegos, a respecta-los nosos costumes, a nosa cultura, a nosa lingua e obrigando a tódolos habitantes deste PAÍS a coñecer dita lingua e cultura, con normalidade como sucede coa cultura propia de calquer país, e tendo en conta que non é ningún deber vivir onde non se quere, só un dereito, pero lembrando que si debe ser un deber respecta-la cultura propia, a galega, incluso por enriba da allea, a castelán, a inglesa, etc.

sozinho #24 25/Marzo/2008 sozinho

Claro, a crítica da oposición só pode servir de dúas maneiras: Gañando as eleccións e forzando ao goberno a que atenda as súas propostas. En plena crispación tendemos a esquece-lo segundo mecanismo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: