Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois das últimas visitas de líderes mundiais

Israel non ten presa por volver ás negociacións para a paz

O vicepresidente estadounidense, Dick Cheney, reúnese co presidente palestino, Mahmoud Abbas, despois de garantirlle "apoio pleno" ao executivo israelí.

Redacción - 09:00 24/03/2008
Ehud Olmert, primeiro ministro israelí

Ehud Olmert, primeiro ministro israelí

Pouco despois de reunirse co ministro ruso de Exteriores e malia a vontade expresa da diplomacia rusa de promover unha conferencia de paz sobre Oriente Medio, o primeiro ministro israelí, Ehud Olmert, expresou a súa convicción de que no momento actual "non hai razón" para outra conferencia de paz.

Mentres, esta fin de semana producíase o encontro do vicepresidente dos Estados Unidos, Dick Cheney, co presidente palestino, Mahmoud Abbas, e co primeiro ministro, Salam Faiad. Logo da xuntanza, Cheney dixo agardar "o día en que un estado palestino independente, viábel, democrátivo e pacífico sexa realidade". Ao respecto, o segundo da Casa Branca agoirou "tremendos esforzos na mesa de negociacións e dolorosas concesións das dúas partes".


0/5 (0 votos)

Comentarios (3)

xacataca #1 24/Marzo/2008 xacataca

Os que non teñen presa ningunha por que haxa paz son os lobbies armamentísticos dos U$A. E a U€ a velas vir, coma sempre, sen criterio proprio (ou con el, mais sen valor para aplicalo).

ecoe #2 24/Marzo/2008 ecoe

Mais ben o criterio U€ é o que se ben mirando por anos: o DEIXAR FACER Ó IMPERIALISMO. Non é?

Tino #3 25/Marzo/2008 Tino

E cando kixo Israel a paz? Co ben q lle vai recibindo miles de millóns para crear muros e armar a poboación até as tapas?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: