Oxfam advirte de que case a metade dos cartos volven aos países supostamente doadores en concepto de "asesorías".
"Occidente está fracasando na entrega de doazóns", sinalan desde o colectivo británico Oxfam. A asociación calcula que arredor de 6.500 millóns de euros das axudas prometidas para o desenvolvemento de Afganistán non chegaron aínda ao seu destino.
De xeito específico, Oxfam reprocha que se encontrase que arredor do 40% dos fondos presuntamente fixados para Afganistán rematan volvendo aos países doadores en concepto de pago por supostas asesorías. Sería un dos exemplos de como o "uso efectivo" dos cartos doados está sendo baixo.
Do estudo do traballo de até case un cento de axencias de axuda que traballan en Afganistán, o colectivo humanitario Oxfam avalía que grandes cantidades de cartos se están perdendo tamén na burocracia da administración afgá. Ao mesmo tempo, denuncian tamén que moitos países están enviando cantidades moi inferiores ás inicialmente prometidas.
que fermoso eufemismo este das asesorías supostadas. como vamos tildar de ladróns a tanto esforzado traballador a prol do desenrolo do terceiro mundo, a tanta becaria contabilizadora de saquetas de arroz partido e medicamentos do punto sigre?
e que non se lle dé por pensar os administrados no destiño dos impostos que manexan os nosos políticos e funcionarios...
o diñeiro, o igual que a enerxía, non se destrúe: transfórmase. e este vil metal parece que ten unhas innatas capacidades para pasar de un bolsillo a outro mentras se pontifica ante as cámaras do humano e do divino.
ah, el dinero...
Xa se encarga a BRILAT de lla mandar con recado, e xa lles farán un traxe de pana.
Para min hai demasiadas ONGs que van terminar converténdose en empresas de lucro.
Estas funcións deben de ser canalizadas por Organismos Públicos Internacionais (UNESCO...) e polos gobernos dos distintos países.
Como vas facer chegar alimentos a través de organismos privados a un país que están bombardeando continuamente?